25 de Xulio Día de Galicia – Alberto Núñez Feijoó

Non seriamos fieis ao espírito que inspira esta conmemoración, se hoxe fixeramos abstracción dos problemas que afronta o noso país. Galicia non é unha terra illada.

Como sempre sucedeu ao longo da súa historia, ten vocación de participar en grandes empresas colectivas, como son a España democrática e a Europa da unidade.

Podemos afirmar con lexítimo orgullo que, tanto nunha como na outra, a presenza galega se sinte e actúa. Porque así o quixemos democraticamente, os galegos formamos parte de conxuntos amplos nos que se desenvolve a nosa vitalidade social, a nosa vitalidade cultural e a nosa vitalidade económica.

Os grandes logros acadados polo pobo galego nas últimas décadas non se explican sen esa íntima correlación entre a capacidade para cultivar o noso e a facultade para tender vencellos co noso entorno. Somos o que somos grazas a que participamos en proxectos comúns nos que se fai máis forte a nosa personalidade. Galicia ofrece ao mundo o gran exemplo dunha comunidade que sae do seu letargo sen conflitos tráxicos, sen dolorosas rupturas internas e sen caer na tentación dun ensimesmamento empobrecedor.

Percorremos, polo tanto, un camiño conxunto, e sufrimos tamén os atrancos que nesa ruta se presentan. Non somos inmunes ás incertezas da idea de Europa, nin á crise que azouta á  realidade española. Non somos inmunes, pero tampouco temos un papel pasivo.

A historia xa non pasa por diante de nós; agora somos quen de adiantarnos á historia coa axuda das nosas ferramentas autonómicas e desa enerxía humana que atesoura a sociedade galega e que se pon de manifesto neste acto, nesta tarde, aquí en Compostela.

Esas ferramentas son un compendio de dereitos e deberes. O autogoberno fainos libres e ao mesmo tempo responsables porque a liberdade conxúgase sempre coa responsabilidade. Unha sociedade que esquece os seus compromisos, un pobo que non é quen de afrontar sacrificios, un Goberno que abdica das súas obrigas, difícilmente poderán formar un país viable.

O autogoberno significa capacidade para tomar decisións, tanto en momentos de bonanza, como en situacións difíciles. Non seríamos merecentes do legado de todos aqueles que soñaron cada 25 de Xullo cunha Galicia dona de si mesma, se hoxe adoptásemos unha actitude resignada.

A autonomía nace para poñer un punto final á resignación. Para substituíla pola acción, pola decisión, pola resolución. Non hai resignación na maneira en que o noso país está dando resposta aos problemas que o atenazan.

Podemos afirmar con orgullo que a liberdade recobrada co noso Estatuto, está servindo para que Galicia marque o seu propio camiño con decisións que, en moitas ocasións, se adiantan ás que se toman despois con maior sacrificio noutras comunidades, e que agora nos permiten, a nós, a Galicia, aplicar terapias máis suaves. Non é mérito dun Goberno concreto, senón a consecuencia dunha actitude social que involucra aos galegos no seu conxunto.

Son os galegos os que están vendo Galicia como unha casa común, na que cómpre actuar  cunha lóxica semellante á de calquera casa particular. Son os galegos os que están demostrándolle aos que senten receo cara ao sistema autonómico, que o autogoberno é unha enerxía positiva que une aos pobos para combater a adversidade, e buscar a cooperación e o entendemento coas demais comunidades. En Galicia, en suma, estase afirmando con feitos que a autonomía forma parte da solución.

Señoras e señores. Non é este o momento nin o lugar de pormenorizar as causas da situación que padecemos. Quero determe, porén, nunha eiva, nunha eiva que posiblemente estea nas orixes destas turbulencias. Refírome ao déficit do espírito colectivo, e ao exceso de individualismo nos comportamentos sociais, nos comportamentos políticos e nos comportamentos institucionais. 

Refírome á perd a da idea de ben común, e ao esquecemento da cooperación como piar imprescindible das sociedades democráticas. Porque unha comunidade non é unha mera agregación de persoas que coinciden nun tempo en un lugar. Non se convive para estar xuntos, senón para facer cousas xuntos, para ter soños compartidos, para loitar de xeito mancomunado contra o infortunio, para compartir ideais e valores. Se faltan eses puntos de encontro, a comunidade esvaece.

¿Temos os galegos esas esperanzas, anhelos e compromisos colectivos? Témolos. Demostrámolo arreo noutras circunstancias difíciles e seguímolo demostrando hoxe.

¿Posuímos ese espírito de colectividade que distingue aos pobos que escriben o seu destino? A resposta vén da man dos galegos que galardoamos neste 25 de Xullo. Non son unha excepción, senón unha  representación. Non estamos diante de casos anómalos en medio dunha sociedade pasiva, senón de mostras que dan fe dun país vivo.

Milladoiro: Milladoiro tráenos o traballo de músicos coñecidos e anónimos que recolleron a tradición para incorporala ás correntes da modernidade. Como a Galicia actual, o grupo fusiona elementos diversos, incorpora achegas que enriqueceron e seguen enriquecendo o seu repertorio. Grazas a elo, Milladoiro é a banda sonora da nosa recente historia.

Máis de cento oitenta anos: Máis de cento oitenta anos de historia resúmense na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Case dous séculos, dos séculos nos que o  xuramento hipocrático se une intimamente cun compromiso co noso país. A medalla premia a investigación e a medicina galega nos cumios máis recoñecidos, e tamén a aqueles outros que desenvolven un labor humanista en contacto estreito coa xente. Non facemos máis que expresar con solemnidade un agradecemento que sentimos todos os galegos.

Con Javier López López, Rodrigo Maseda Lozano e José Antonio Villamor Vázquez, Galicia non precisa heroes mitolóxicos porque tenos na realidade. Os galegos de xeracións futuras sempre terán neles un espello no que mirarse, un exemplo que lles serve e lles permitirá sentirse un pouco máis orgullosos de pertencer ao seu país de aqueles que levaron o cumprimento do deber a extremos sobrehumanos. No Orzán coruñés produciuse unha traxedia, pero tamén naceu unha lenda real, unha lenda real que non morrerá nunca.

Velaí tres réplicas a ese individualismo que posiblemente estea no cerne dos males que hoxe padecemos. Nelas hai traballo colectivo, entrega ao ben común, altruísmo, cooperación, valores que non poden ser substituídos por ningunha receita económica.

Non existe ningunha fórmula para superar automáticamente os problemas que nos desacougan. Vivimos nun tempo no que fallan moitas das certezas anteriores, pero segue vixente aquela que fía o rexurdimento ao factor humano. Galicia ten ese factor do seu lado.

Aquel gran amigo da ruta xacobea que foi Goethe pedía que “non preguntásemos se estamos plenamente de acordo, senón se marchamos polo mesmo camiño”.

A entrega dos que forman parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado, a dedicación dos profesionais da medicina, o esmero das mulleres e dos homes do mundo da cultura, van polo mesmo camiño. Nun camiño no que podemos atoparnos todos os galegos. No camiño no que podemos atoparnos todas as galegas. Máis nada.

Moitas grazas.

Alberto Núñez Feijoó

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

La reforma electoral gallega, austeridad o trampa – Isidoro Gracia Plaza

Isidoro Gracia Plaza

El actual presidente autonómico, el Sr Feijóo anuncia como objetivo importante, para afrontar la crisis, la reducción desde los 75 escaños del Parlamento Galego a 61. La crisis que es, sobre todo, económica pero también política podría necesitar mover el panorama, incluso a nivel de agitación para oxigenar los modos y maneras de actuar, así pues una modificación de una ley que ha sido razonablemente útil y de relativamente amplia aceptación desde agosto de 1985, podría ser una medida en la buena dirección.

El primer problema surge al mirar las fechas y los sondeos conocidos, en principio no parece muy democrático cambiar las reglas de juego al final del partido, cuando los datos de las encuestas anuncian cambios desfavorables para el proponente. La segunda duda, también sobre lo democrático de la propuesta, surge al ver la justificación: es una medida de signo austero; ahorrar recortando medios al legislativo que controla el ejercicio del poder por el proponente puede interpretarse poco positivamente, sobre todo teniendo en cuenta lo escaso del ahorro, tanto cuantitativamente, como en términos relativos.

Sin embargo la Ley es muy mejorable en términos de dotar de más democracia a la Autonomía, dos ejemplos claros pueden servir para medir, con pocas dudas, las intenciones del presidente y del partido político que lo sustenta. Primero: actualmente más de la mitad de los 75 escaños (40 de ellos) se reparten sin ningún tipo de referencia a los electores, por lo que el voto de un elector orensano o lucense pesa hasta el triple que uno de la Coruña, lo que muy democrático no parece. Si la reforma reduce sustancialmente el desequilibrio, por ejemplo dejando los escaños adjudicados al terreno en menos de 20, la calidad democrática de la nueva Ley subiría muchos enteros. Segundo: el listón para los partidos minoritarios está situado en el 5% de los votos válidos emitidos, lo que, con los datos hoy conocidos, puede dejar hasta el 15% de los electores ejercientes sin representación, lo que tampoco resulta muy democrático, en especial si se suma al casi endémico 40 % de abstención de las elecciones autonómicas, dejando fuera del Parlamento Galego a la representación de más de la mitad del censo (lo que resulta muy poco deseable para la salud del sistema). Una reforma que redujera de forma sustancial la altura del listón, por ejemplo hasta un prudente 3%, mejoraría la representatividad del nuevo Parlamento.

En caso de que las propuestas no vayan en la dirección de lo antes comentado, estaría justificado calificar a las reformas, y sus proponentes, de tramposos, con una calidad democrática muy similar a la de algunos dirigentes que ellos suelen calificar de antidemocrátas, y otras cosas peores.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario

Esta Europa, non. – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Europa, berce de dereitos e liberdades, de solidariedade e de conquistas  sociais cada día que pasa mostra un presente máis túzaro e anuncia ás  xeracións que haberán de seguirnos un escenario de inxustiza e penuria que criamos xa resolto tras centenarias e cruentas vicisitudes. Tanto coma a suicida irracionalidade cíclica dunha Alemania que produce desconcerto e desacougo.

Un escenario empedrado polos efectos perversos da burbulla inmobiliaria, os danos ao ecosistema para beneficio privado, o empobrecemento crecente, a fractúra no acceso ao saber e o coñecemento, a insolidariedade norte sur que descontáramos superada,  o esquecemento do compromiso social dunha economía sumisa ao ditado de cacareados  indicadores económicos e gurús de poderosos lobbys de investimento…Tras a venda dunha tremoia de credibilidade, tecnocracia e profesionalidade atrincheiranse estafadores, caloteiros e farsantes que amparados nunha economía globalizada de xeito temerario son quen de someter ao continente nunha operación concordada sen precedentes.

A Europa que forxou soños e esperanzas, segue desnortada nun interminable proceso de construción que cada vez mostrase mais espurio e carente de coherencia coas expectativas espertadas. As perdas de soberanía dos estados membros non foron para amalgamar socialmente o proxecto senón para abrirlle as portas aos manexos das grandes corporacións globalizadoras da man dos seus lacaios locais. O poder real aglutinase en círculos escuros alleos ao control cidadán convertido en mera caricatura do estado de dereito. Lonxe quedan verbas coma as do presidente Franklin D. Roosevelt “debemos escoller o camiño da xustiza, o único que pode conducirnos cara a unha mellora permanente da nosa civilización, a senda que habemos de mostrar aos nosos fillos”. E desde logo as súas reflexións ante “A Gran Depresión”: “A magnitude da recuperación depende da medida en que apliquemos valores sociais máis nobres que o mero beneficio económico”.  Pola contra, cando na Europa merkeliana e o seu portavoz particular, o Sr. Rajoy, alporizanse clamando contra o déficit como cancro da moi utópica unión, faise máis  sonoro o seu silencio ante o déficit democrático que asoma descarnado segundo profúndase a crise actual.

Temos un Europarlamento cuxa actividade máis significativa foi votar por unha maioría impúdica de conservadores de dereitas (“populares”) e conservadores de esquerda (“socialdemócratas”) que os seus membros sigan viaxando en clase preferente. Unha Cámara cuxa biografía mostra non só a súa ineptitude para controlar o que  presumese o goberno comunitario, a Comisión Europea, senón que é cómplice da ausencia dunha Europa social capaz de contribuír á supremacía dos cidadáns ou evitar o monopolio do capitalismo especulador e as multinacionais sobre a Unión. As súas euroseñorias, – pouco señorío e moita desvergoña-, son convidados de pedra ante a crise profunda dunha Europa que degrada o acerbo social que imprimiu carácter a súa fundación ante os intereses da Europa dos feirantes.  Nos seus fuciños perpétrase o latrocinio e a depredación de especuladores que cabalgando a lombos dunha  crise xerada por eles mesmos dinamita os alicerces do estado de benestar alegando unha carencia de recursos, que foron devorados pola súa cobiza insaciable…

Hipotecase o futuro. A educación e a cultura. A sanidade. As prestacións sociais.  Dereitos, ilusións e esperanzas sacrifícanse na pira dun capitalismo salvaxe florecido dunha desregulación delictiva e dunha ideoloxía ultraliberal que creba a cohesión social que proporciona  a clase media e o mundo do traballo engulidos por unhas medidas que á vez que calamitosas son insolidarias. É un golpe de estado perfectamente orquestrado, aforrando o mal gusto dos tanques nas rúas, utilizando a economía para impoñer a dictadura ideoloxíca dun modelo de sociedade alleo ás nosas tradicións e conquistas sociais. 

Falecen baixo as súas botas os principios  de Liberdade, Igualdade e Fraternidade, que son columna vertebral da democracia. Que se reflicten no artigo 1º da Declaración Universal dos Dereitos Humanos cando proclama  “Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros”. 

A situación actual suscita unha severa esixencia de rediseñar eticamente o  sistema económico e a democracia común. Urxe recuperar os valores esenciais que lle deron razón ser.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Deterioro da democracia – Xosé A. Gaciño

Xosé António Gaciño

Postos a poñer en cuestión tantas conquistas que se crían consolidadas, e mesmo necesitadas dun maior desenvolvemento, algúns empezan a cuestionar o oficio mesmo de político. De feito, entre os movementos de indignación provocados pola crise (e pola maneira de combatela, sobre todo), os políticos reciben as acusacións máis duras. Como mínimo, son considerados cómplices ou subordinados dos grandes poderes financeiros que orixinaron a crise, por obedecer máis a eses poderes que aos cidadáns que os elixiron. As voltas que están a dar as manipulacións ideolóxicas en torno á saída da crise en Europa están a elaborar a conclusión máxima de que son os propios políticos os causantes da crise, pola súa dilapidación dos fondos públicos, mesturando indiscriminadamente erros de xestión coa corrupción pura e dura.

A esas manipulacións contribúen os mesmos políticos, con toda sorte de condutas irresponsábeis e, algúns, con accións ao bordo da ilegalidade cando non directamente delituosas. Teñen razón cando argumentan que os presuntos delincuentes son unha minoría (os irresponsábeis son tamén minoría, aínda que algo máis numerosa), pero non axudan a visualizalo cando a actitude xeral ante calquera denuncia, con honrosas excepcións, é minimizar as posíbeis irregularidades e botar man da lexítima presunción de inocencia ate o segundo inmediatamente anterior á sentencia condenatoria, se é que antes non se consegue inhabilitar ao xuíz instrutor.

A presente crise, por outra parte, xa provocou en países da Unión Europea a substitución de gobernantes elixidos democraticamente por técnicos aceptados polos parlamentos afectados (Grecia e Italia, en concreto) pero suxeridos pola cúpula das institucións europeas (se é que tal cousa existe, máis alá do goberno alemán e o Banco Central Europeo). E se o maior reparo que se pode facer á deficiente e incompleta estrutura común da UE é a do seu déficit  democrático, cun Parlamento moi limitado nas súas funcións e unha esixencia de unanimidades e votos cualificados que fai moi fácil o bloqueo das decisións, mal asunto é que a tendencia sexa ampliar o déficit democrático en vez de abrir decididamente o camiño a unha democracia federal.

Entre a tentación tecnocrática e a propagación de populismos patrióticos, as consecuencias da crise pode que non sexan exclusivamente económicas e sociais. En realidade, o retroceso en materia de dereitos laborais e asistenciais significa xa un deterioro da democracia. Nas últimas semanas, os gobernantes españois xustifican a súa sucesión de decretos para acelerar os recortes de gasto público como a imposición de criterios superiores que nin eles nin os cidadáns españois están en situación de elixir: toda unha confesión de impotencia e de inutilidade da representación política, coa agravante de que non está nada claro que os criterios impostos pola suposta obxectividade técnica leve á desexada recuperación económica, aínda que sexa a longo prazo. Nin que a posíbel recuperación económica chegue para todos.

Despois de todo, eses criterios que case todos os gobernantes da UE seguen como dogmas de fe son deseñados por tecnócratas que veñen da “escola” de Goldman Sachs e Lehman Brothers, polo que o máis probábel é que a recuperación sexa inversamente proporcional ao grao de sacrificio esixido para conseguila. É dicir, que se recuperen máis e mellor os que nos meteron neste labirinto.

Quizais algún día poida recuperarse o suficiente grao de democracia como para que a cidadanía dispoña da oportunidade de elixir a políticos radicalmente diferentes de estes submisos capataces do poder financeiro.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

A caida dos mitos – Xesús Veiga

Xesús Veiga

Dende hai tempo, a dereita política e mediática ten construído diferentes ideas-forza que veñen actuando como mitos consagrados na opinión publicada e nos argumentarios que se exhiben no debate político.Os poucos meses de goberno Rajoy teñen cuestionado seriamente a credibilidade da maioría desas referencias mitolóxicas.

A primeira premisa dese relato feliz era que o PP estaba mais capacitado para resolver a crise económica que calquera outra forza política.A proba do nove de semellante tese radicaba na xestión do goberno Aznar a partir de 1996.Como sucede moitas veces, a memoria é selectiva:os narradores do éxito na redución do déficit practicada antes da entrada do euro agacharon o papel fundamental desempeñado pola venda do patrimonio empresarial público e ignoraron os cambios normativos que multiplicaron os efectos nocivos da burbulla inmobiliaria. Agora, sen cumprir un ano do seu mandato, Rajoy está superado polos problemas da economía española e vai por detrás dos acontecementos, suplicando que interveña o BCE e alimentando a incertidume sobre a evolución das principais variábeis macroeconómicas.

Vinculada con esa presunta superioridade do PP, existían outros lugares comúns:Rajoy inspiraba a confianza necesaria diante dos mercados e do goberno de Angela Merkel e tiña, ademais, unha equipa gobernamental dotada dunha capacidade contrastada para manexar a nave dos asuntos públicos na treboada que estamos a vivir.Aseguraban que o contraste con Zapatero ía ser radical:seriedade fronte a frivolidade; rigor e planeamento fronte a improvisación.O tempo transcorrido reduciu á mínima expresión semellante axenda argumental. Mariano Rajoy semella carecer de crédito en Berlín e Bruxelas mentres o dúo Montoro-Guindos inspira unha insoportábel sensación de caos.

Outro dos grandes mitos estaba localizado no eido fiscal:o PP era incompatíbel coa suba dos impostos.Semellante dogma durou poucas semanas:primeiro foi o incremento do IRPF e do IBI; despois tamén lle tocou ao IVE a pesar de todas as promesas formuladas en sentido contrario.O simplismo argumental que pretendía identificar toda suba impositiva coa posta en práctica de políticas de esquerda e toda rebaixa fiscal coa lóxica dos partidos conservadores ficou aniquilado por este goberno. A partir de agora, a credibilidade neste terreo haberá que gañala con feitos e non con proclamas electorais.

As pensións, a sanidade, o ensino e a dependencia formaban farte dun catálogo de prestacións presuntamente intocábeis para o novo executivo. Os restos do naufraxio son visíbeis:por primeira vez na historia recente os pensionistas teñen que pagar unha parte dos seus medicamentos, a maioría dos dependentes non poderán ver satisfeitas as súas necesidades e os recursos orzamentarios en materia educativa e sanitaria están instalados nunha perigosa tendencia descendente.

Despois do sucedido no caso Gürtel, o PP colocou nun lugar discreto do seu programa as propostas relativas á rexeneración democrática.Aínda así, o abuso do decreto lei como instrumento normativo e a negativa á constitución dunha comisión de investigación sobre o caso Bankia teñen provocado que a calidade democrática da vida parlamentaria se atope no nivel mais baixo dos últimos anos e que medre de xeito preocupante a desafección de partes importantes da poboación a respeito da elite política.

A masiva participación nas protestas convocadas unitariamente polas organizacións sindicais o 19 de Xullo certifica o notábel illamento social que padece o goberno.Dispón da lexitimidade de orixe derivada da contundente vitoria electoral do pasado 20 de Novembro mais está perdendo aceleradamente a necesaria lexitimidade de exercicio para desenvolver as súas políticas.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

Recortes y descrédito de la Constitución – Francisco J. Bastida

Francisco J. Bastida

Tantos recortes acaban por poner en entredicho el sistema democrático y la propia Constitución. Crece el descrédito de la política, arrodillada a los pies de la economía especulativa, crece el descrédito de la clase política, distanciada de la sociedad y enrocada en sus engaños, corrupciones y privilegios, y crece también el descrédito de la Constitución, el de las instituciones por ella reguladas y el de sus principios rectores de la política social y económica.

Se ha dicho que estamos de facto en un Estado de excepción parlamentario, porque el Gobierno prescinde del Parlamento y gobierna por decreto ley. En realidad, estamos ante algo más grave aún, un cambio de modelo constitucional por la puerta de atrás. Parece que sólo hay un precepto que cumplir, el nuevo Art. 135, introducido con nocturnidad y alevosía por PSOE y PP, que impone la estabilidad presupuestaria y da prioridad absoluta al pago de la deuda pública. El resto de la Constitución se pone a la cola.

Es cierto que la propia Constitución no da un mismo tratamiento a todos los derechos. Los llamados «fundamentales» (derecho a la vida, a la intimidad, a la libertad personal, etcétera) tienen una eficacia directa, mientras los derechos «sociales» (derecho a la protección de la salud, a una vivienda digna, protección de los discapacitados, de los mayores, etcétera) se articulan como meros principios rectores de la política social y económica. Pero los principios no son papel mojado, se enmarcan en el Estado social de derecho y son mandatos que la Constitución impone a los poderes públicos para que los cumplan en la mayor medida posible. Una cosa es el grado de cumplimiento y otra, una política que los margine y desprecie.

La Constitución dispone la preferencia del pago de la deuda pública y la exigencia de un equilibrio presupuestario, pero nada dice sobre cómo hacerlo. Lo que sí establece es cómo no hacerlo y para ello señala unas líneas rojas que no deben rebasar los poderes públicos. Esas líneas están trazadas en aquellos principios rectores de la política social y económica, en los principios que han de informar el sistema tributario y en la obligación general de los poderes públicos de remover los obstáculos para que la igualdad sea real y efectiva (Art. 9.2).

Sin duda, es difícil sentenciar cuándo se pisan tales líneas porque su contenido es gaseoso y, por ello, es problemático que un Tribunal Constitucional decida sancionar como inconstitucionales medidas que afectan a esta nebulosa de principios, pero gaseoso no significa inexistente.

Para obviar esta parte de la Constitución, el Gobierno afirma que sus medidas no son ideológicas y no obedecen a una determinada opción política, que son las necesarias e inevitables en el momento actual. Incluso exhibe Rajoy como prueba que siendo él de derechas ha tenido que nacionalizar un banco. (La verdad es que cada vez es más difícil saber si quien gobierna es Rajoy o Ruiz-Mateos, visto el pago piramidal de los intereses de la deuda con más deuda y la simpleza mental para explicarlo). Sin embargo, son ideológicas: una mezcla de neoliberalismo que abomina de lo público, salvo para sanear lo privado, y de centralismo que intenta con cada decreto ley incapacitar a las comunidades autónomas, imputándoles el origen del déficit. Una manifestación de esa carga ideológica es el efusivo aplauso de los diputados del PP a los recortes del Gobierno en políticas de ayuda a la dependencia o al desempleo. La diputada Fabra llegó a gritar «¡que se jodan!».

Pero además de ideológicas, las medidas pisan esas rayas rojas de la inconstitucionalidad; de manera clara en el terreno competencial de las comunidades autónomas y de manera más difusa, pero perceptible, en el campo de los principios rectores de la política impositiva, social y económica. Hay otras vías para recaudar y hay otras materias donde recortar. El Gobierno transita por una dirección contraria a la establecida en la Constitución cuando, para poder insuflar más dinero a los bancos a través del endeudamiento público, opta de manera sistemática por una fiscalidad que deja a salvo a las grandes fortunas e incluso amnistía a los grandes defraudadores, cuando los recortes pierden todo sentido de equidad y caen del lado de los grupos más vulnerables de la sociedad (parados, personas dependientes, pensionistas, inmigrantes, etcétera) o cuando decide privar de la paga extra a los funcionarios con un claro sentido confiscatorio (lo de diferir su pago a un plan de pensiones suena a supresión de futuras pagas extra, no sólo la de Navidad, para endilgar a los funcionarios una especie de «participaciones preferentes», de ilusorio cobro). Dicho con trazo grueso, el resultado político es un Gobierno que actúa como un Robin Hood en negativo, le mete mano a los pobres y a la clase media en beneficio de los ricos. El resultado jurídico es que los recortes alcanzan también a la Constitución. La pregunta está en cuánto se puede seguir metiendo la tijera al Estado social de derecho sin que el Tribunal Constitucional certifique que se han rebasado las líneas rojas de nuestra norma fundamental.

En todo caso, más allá de disputas jurídicas, los ciudadanos son los que pueden y deben mostrar al Gobierno las líneas rojas de su actuación. Para ello no habrá que esperar a las próximas elecciones, sólo a que explote el cabreo social, aunque al parecer apenas existe, según el nuevo patrón de medida utilizado por Esperanza Aguirre, el estadio Santiago Bernabeu.

Publicado en AUTORES, Francisco Bastida Freijedo | Deja un comentario