O pais das Is – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Alguén definía este país como o das Is. Da Indignación explosiva da mocidade que inunda as rúas e campa nas prazas. Da indignación dos mais mesurados co cabreo contido de moitas loitas sobre o lombo que semellan perdidas. Dos que reflexionan en códigos éticos coa integridade moral dun Sampedro ou dun  Hessel.  Da Impotencia dos que vense faltos de mecanismos para corrixir a deriva vergoñenta er eaccionaria que invade a sociedade coa coartada dunha crise a que son alleos. Impotencia por ver siglas que reclamándose de esquerda mesmo diputan o centro dereita aos nativos de tal espazo. De ollar uns sindicatos que se atopan na encrucillada cunha maquinaria que ameaza quedarse obsoleta. Impotencia ao ver coma se dilapidan as esperanzas dun futuro razoable trituradas por unha maquinaria infernal etod opoderosa.  Indiferenza, que casaría con Impunidade. A Indiferenza fatalista de quen escolle ignorar os cantos ladroeiros dos que róubanlle as ilusións primeiro e os cartos despois agochándose na Impunidade. A Indiferenza diante das ofertas de moitos dos políticos ao uso que como os presuntos agasallos dos bancos rematan en ser un caramelo envelenado. Indiferenza diante dunha clase política que convirte o epidérmico en pelexa de galos e o hipodérmico na heráldica Fernando-Isabelina, tanto monta, monta tanto. Indiferenza nada da impotencia para actuar pechados por unha coiraza legal que avala unha xustiza “igual para todos” en parámetros borbónicos, que permite que todo tipo de desvergoñados campen libremente ríndose da miseria dos mais, incluso permitíndose  campanudos discursos. Inanidade, dun goberno que fai todo o contrario do que comprométese a facer. Que tendo un importante respaldo cidadán é absolutamente minguante nas súas actuacións facendo deixacion dos máis elementais compromisos cos intereses nacionais ante as súas divisións internas á hora de  afrontar solucións en momentos dramáticos. Son fútiles, triviais e insignificantes no plano internacional, antepoñendo a ideoloxía en cada un dos seus actos.

Indignación, impotencia, indiferenza, impunidade, inanidade e o que sofre unha cidadanía sometida ao permanente bombardeo de cifras e datos para asoballala e amedrentala. Unha sociedade que ten que asimilar unha serie de termos que lle eran alleos. “Prima de risco”, debida soberana, FROB, flutuación do IBEX, eurobonos, interese diferencial, rescate da banca, e unha interminable ringleira mais a que hai que engadir nomes propios. Na transición os nomes a lembrar teimosamente eran os dos mandos do exercito. Hoxe eses nomes corresponden a especuladores, ladróns de luvas brancas, falsos profetas do becerro de ouro, e alquimistas inversos convertedores dos cartos produto do traballo en bonos lixo. Falase de miles de millóns de euros coa estúpida frivolidade de quen mais que apelidarse De Guindos semella querer facernos caer “do guindo” cada vez que fala. Mentres, o cidadán que contaba por euros  agora faino por céntimos, tal como debera ser si o tal Rato que roeu Bankia houbera feito a pedagoxia correcta. Como ministro con moreas de louvanzas que parece difícil decatarse a que correspóndense, meteunos de xeito insensato e absoluta indefensión dos consumidores nesa moeda que escaldou décadas os noso petos cunha brutal inflación tácita que inda hoxe non superamos.

O tal Rato e o seu xefe Aznar,  deixaron unha herdanza non das boaventuras que predican os seus seareiros. Nunha contorna económica mundial propicia, a burbulla inmobiliaria de Rato-Aznar foi un sinistro espellismo que tradúcese en construír moito mais do que era posible absorver pagando o dobre polo que apenas valía a metade. A herdanza son millóns de parados que o único que fixeron na súa vida é poñer ladrillos, millóns de pisos que non se venderán, e insondables buratos do sector financeiro que contribuíu a desfeita. No resto do mundo soñábase con emular a Bill Gates, pero Rato vendíalle aos españois o sono dourado de ser “poceiros”…Aznar que agora defende a Rato co todo ou seu aparello de poder, pois poñendo en solfa a Rato ponse en corentena o seu “milagre” económico, a diferenza  do resto dos presidentes da democracia saíu do poder sen elegancia e rematou sendo ou faime-rir da a prensa nacional e internacional acumulando dislates e deixando un herdeiro, que nin está ni se lle espera.

Escoitase falar de miles de millóns con total impudencia mentres a maioría das xentes  con escasos mil euros teñen que rematar o mes. Iso os privilexiados. Por primeira vez  desde a guerra civil xurde esa figura xurídica recollida en moitos códigos penais como “roubo famélico”. Algo que ten a súa orixe na desigualdade da sociedade e no inxusto reparto da riqueza e que constitúe en moitos países unha excluínte de responsabilidade penal entendendo que non hai que ver unicamente un comportamento delituoso nunha actuación cuxa causa é a deriva cara a un inhumano sistema social, que comporta marxinación social, económica, cultural e política.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Indicios de reincidencia especulativa – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Xa estamos máis ou menos resignados a que a saída da crise, polo menos a que se está intentando na Unión Europea, consiste en volver á mesma situación que a provocou, sen máis retoques que diminuír o máximo o gasto público e os salarios dos traballadores, o que supón unha dura travesía do deserto que ninguén sabe cándo vai rematar. Estamos resignados, claro, porque, se vote a quen se vote (e os gregos terán ocasión de comprobalo despois da próxima repetición dos seus comicios), parece que non vai haber maneira de facer saltar a táctica defensiva do equipo gobernante alemán (que, seguindo co símil futbolístico, debe de pensar que, despois de todo, na última Champions League se impuxo o xogo destrutivo do Chelsea fronte ao xogo creativo do Bayern, e despois de eliminar previamente ao máis creativo de todos, o Barcelona). 

En España, onde a crise xeral destapou unha crise particular que trataban de disimular os banqueiros e os gobernantes, parece que tamén imos ter que resignarnos a tropezar na mesma pedra, ou, para ser máis exacto, no mesmo ladrillo. Xa empezara o ministro de Agricultura e Medio Ambiente, anunciando, na súa primeira comparecencia parlamentaria para expoñer as liñas principais da súa xestión, unha reforma da lei de costas nun sentido máis permisivo. Continúa agora o Ministerio de Fomento co estudio dunha amnistía urbanística coa que se legalizaría a situación de decenas de miles de vivendas ilegais (en xaneiro pasado, o goberno autonómico andaluz creou a figura do “recoñecemento xurídico” para dar un certo estatus legal a unhas trescentas mil vivendas en situación irregular, ou sexa, que non é unha tentación exclusiva da dereita).


Paralelamente, empezan a rexurdir proxectos urbanísticos na costa, como o aprobado a finais de maio polo concello gaditano de Tarifa (cos votos favorábeis do PP gobernante e do PSOE opositor) para construír 350 vivendas e 1.423 prazas hoteleiras no entorno da praia de Valdevaqueros, unha praia practicamente salvaxe no parque natural do Estreito, ocupada case exclusivamente polos practicantes de windsurf. Fracasado hai tres anos un proxecto similar, noutra praia do mesmo concello, pola creba da promotora, volve insistirse no modelo para saír da mesma crise que fixo abortar o anterior intento.


E non é que o sector da construción teña que desaparecer despois do estoupido da burbulla inmobiliaria, pero parecería lóxica unha reorientación dos seus obxectivos. Volver ao modelo de ocupación urbanística dun litoral xa máis que saturado parece unha aposta temeraria pola repetición da especulación e da burbulla. Como resulta un sarcasmo contra a xente que cumpre coa lei a posibilidade de que se decreten amnistías (fiscais ou urbanísticas) para bendicir irregularidades e fraudes, mentres se executan máis de cen desafiuzamentos ao día a persoas castigadas polos despedimentos. Un sarcasmo, sobre todo, porque a decisión partiría de políticos aos que se lles enche a boca falando de seguridade xurídica (cando afecta aos seus intereses, claro).


Con estes indicios de reincidencia especulativa, non resulta estraño que os bancos se resistan a contabilizar como perdas as vivendas e os solos que teñen acumulados nos seus “activos tóxicos” (como trata de facer Rodrigo Rato para defender a súa xestión en Bankia), ou que non lle busquen saída con baixadas radicais dos prezos (como en Estados Unidos e en Irlanda, onde baixaron sobre un cincuenta por cento, desde o 2007, mentres en España non se pasou do 25 por cento nese mesmo período, e cun millón de vivendas baldeiras), á espera de que volvan subir.


Xa sabemos que a tensión entre oferta e demanda, que está na base do único sistema económico existente, é un mecanismo perfectamente manipulábel polos que dominan determinados resortes do poder financeiro.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

A confianza perdida – Xesús Veiga

Xesús Veiga

Nos primeiros meses do ano 2009, Miguel Angel Fernández Ordóñez recoñecía que a confianza era o ben mais escaso dos mercados financeiros. Se o gobernador do Banco de España admitía –xa daquela- semellante involución na clásica xerarquía dos valores que conforman as regras non escritas do capitalismo realmente existente, deberiamos preguntarnos se estamos ante os primeiros síntomas dun colapso simétrico ao que coñecimos no outono de 1989, co derrube físico e simbólico do muro de Berlín, ou só imos vivir a penúltima demostración da grande capacidade de adaptación do sistema que Karl Marx analizou lúcidamente no século XIX e os seus seguidores non foron quen de superalo no século XXI.
É certo que nos países do “socialismo real” os fracasos e a corrupción das elites dirixentes foi acompañada dunha perda de confianza tan invisíbel como profunda no seo das sociedades daqueles Estados do leste de Europa.Poren, na crise actual do capitalismo semella existir –polo momento- mais desconfianza no interior do “establhisment” dominante que nas maiorías sociais que habitan nos territorios do Primeiro Mundo. É unha evidencia que a “contabilidade creativa” anulou unha boa parte da transparencia empresarial e que as axencias avaliadoras perderon practicamente a súa credibilidade a partir do estoupido das “hipotecas lixo”. Pero falta saber cal é o tempo de maduración da desconfianza social e a dimensión do seu eventual impacto na esfera política.

Os dirixentes gobernamentais aceitaron ser mais espectadores que actores no gran casino económico das últimas décadas.Algúns nin sequera tiveron complexos para asumir o papel de dar tabaco aos que protagonizaban as apostas principais. Mentres as cifras macroeconómicas do PIB, das taxas de desemprego, dos tipos de xuro ou da inflación non ameazaban as expectativas da contabilidade electoral, non existían razóns para pensar nun eventual cambio de función na mesa do xogo. Agora, metidos no pozo dunha crise non prevista e de saída incerta, aparece a temida conclusión:dado que os banqueiros e demais familia financeira non se presentan ás convocatorias electorais, son os dirixentes políticos os que sofren a lóxica indignación dos sectores sociais que están padecendo os impactos da desfeita económica.

Por se non era suficiente, a desconfianza instalada na cidadanía recibiu un alimento inesperado co escandaloso episodio das singulares viaxes de Carlos Dívar. Que o propio presidente do Tribunal Supremo non sexa quen de asumir as consecuencias dun comportamento incompatíbel coa ética que debe presidir o labor dos cargos institucionais, revela o preocupante deterioro no que se atopa hoxe o sistema democrático español. O poder xudicial debería proporcionar un clima de confianza que neutralizase a desafección que se rexistra en amplos sectores sociais ante os efectos demoledores da crise económica. O caso Dívar representa unha grave ruptura nesa lóxica e require, xa que logo, unha inmediata dimisión que permita recuperar unha mínima esperanza na rexeneración democrática.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

El jubilado de oro José Luis Méndez – Javier González Méndez

José Luis Méndez, el gran califa financiero del norte que vivió, durante décadas, convencido de que Caixa Galicia era suya, ya no puede ni pasearse por La Coruña como Perico por su casa.

El héroe se ha convertido en villano. El mecenas de La Voz de Galicia ya no tiene quien le escriba en ese periódico. Contribuyó a sanear las arcas de distintos y distantes partidos políticos gallegos, con cuyos líderes diseñaba estrategias en su despacho privado de la institución financiera, pero en todas las siglas que pasaron por caja y quedaron eternamente agradecidas, miran ya hacia otro lado en cuanto alguien pronuncia su nombre.

Fue poderoso y rico. Ahora sólo es rico, aunque los últimos 16´5 millones de euros que recopiló a última hora, en obsceno concepto de jubilación, penden de un hilo del que ha empezado a tirar la Fiscalía Anticorrupción.

Mientras su Depor alcanzaba la gloria de subir a primera, el intocable, el prepotente, el estirado «trabajador por cuenta ajena» que se creyó y le dejaron creerse amo y señor de la Caixa, ha ido descendido a los infiernos y empieza a entender lo que significa no ser profeta en su tierra.

El primer indico fue hace unos mes, cuando salía de casa cerca de la Plaza de Lugo, y, de repente, le reconocieron algunos «indignados» en plena acampada reivindicativa: «es él, es él», exclamaron a coro, mientras el alto ejecutivo buscaba en sus bolsillos una estilográfica para acceder a firmar autógrafos.

Pero, ¡oh sorpresa! Nada más lejos de la realidad. Empezaron a ponerle a caer de un burro, a abuchearle, a brindarle una pitada más sonada que la de la última final de Copa del Rey, y tuvo que salir por piernas en una escena que podría haber incorporado Woody Allen a su película "Toma el dinero y corre". Fue el primer aviso. Pero callejero, de chavales antisistema, de personas de esas que no se enteran de qué va la cosa.

Unos meses después, el otrora venerable y todo poderoso Méndez Padre, con la tranquilidad de una jubilación que le permitía aspirar a una vejez «relativamente» digna, entraba en uno de los restaurantes «La Penela» y cuentan las crónicas sociales que la pitada monumental se pudo escuchar al otro lado del Atlántico:

«¡Fuera, fuera…! ¡Devuélvenos la pasta!» y demás lindezas que pueda imaginarse el respetable lector.

En eso se ha convertido la vida del hombre que llevaba años mirando por encima del hombro a pobres mortales coruñeses. Todo el día contando el dinero acumulado, pero con la amenaza permanente de soportar una bronca en cuanto pone los pies en la calle.

En el norte justicia urbana; en el sur resignación

Hay que reconocer que los coruñeses han sido pioneros en hacer justicia urbana. En amargarle la existencia a un señor que se lo ha llevado calentito. Porque al Califa del sur, Fernández Gayoso y su Visir José Luis Pego, que han asaltado a mano armada Caixanova, ya no es que les abronquen cuando pasan por las calles, es que hay tipos del sur que incluso les saludan.

Viven tan tranquilos, como amigos y residentes en Canido, lugar de Vigo, saboreando sus respectivos botines de otra caja arruinada: Gayoso 600 mil euros del ala al año y, Pego, 8`5 millones de euros por su brillante colaboración en el hundimiento de la institución financiera.

Los gallegos del sur es que son más comprensivos que los gallegos del norte. Como le decía el otro día un veterano ingeniero herculino a Periodista Digital:

«Si pillo al tal Méndez por la calle le paro y le exijo que me devuelva mi parte correspondiente de lo que nos ha robado a los gallegos»

Pero aseguran que Méndez, a pesar de todo, duerme tranquilo. Ya ha colocado a sus hijos, que habían quedado en el paro tras ser expulsados del paraíso de Novacaixa. José Luis Méndez Pascual, Lis para los amigos, se ha incorporado al banco suizo EFG para trabajar en su filial de A&G Banca Privada.

Y Yago, el hijo menor, se ha incorporado a la empresa Amper, recién adquirida por el polémico empresario valenciano Enrique Bañuelos. No resulta fácil resolver el enigma que plantea esta familia: si los Méndez son muy listos o el resto de los gallegos son muy tontos.

Javier González Méndez es columnista del Diario Digital.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

La revolución ultraliberal y los convenios colectivos – Isidoro Gracia Plaza

Hay noticias de gran importancia que, inexplicablemente, en la prensa española, no resaltan o simplemente no aparecen, siguen algunas producidas en los últimos meses de 2012:

“Los trabajadores del metal en Alemania tendrán un aumento salarial del 4,3 por ciento después de que tanto los sindicatos como la patronal recomendarán asumir para todo el país el acuerdo a que habían llegado las dos partes en el suroeste del país”.


“La compañía alemana de servicio postales, Deutsche Post, va a aumentar, a partir del mes de  abril, un 4 % el salario mensual de 130.000 empleados sujetos al convenio colectivo”.


“El gobierno alemán y los sindicatos lograron un acuerdo para la revisión salarial, que supone una subida del 6 % en la función pública,…, se llevará a cabo en dos tramos,….”


Tampoco se habla de la revolución neoconservadora que asola Europa, que sufrimos especialmente en el sur, y que solo está matizada  y atemperada en su expolio a los trabajadores por la relación de fuerzas existente. Cierto es que los sindicatos alemanes pueden ser los que en Europa tienen posiciones más fuertes, tanto por su afiliación, como por la cobertura legal que lustros de gobiernos socialdemócratas le han dejado, pero no es menos cierto que ese tipo de cesión parece tener mucho más que ver con la proximidad de unas elecciones, que pueden derribar a la mejor aliada de los ultraliberales, por no decir su representante más directa, la Sra. Merkel, por lo que se hacen necesarias algunas concesiones.


Se entienden, desde esa perspectiva, muy bien un par de cosas: esas noticias pueden dar pistas a los sufridos ciudadanos de lo que realmente está sucediendo, y porqué uno de los principales ataques producidos por la Reforma Laboral se dirige contra la negociación colectiva.


Desde la del ciudadano español de a píe lo que se entendería, si se conociesen suficientemente, es que antes de tener los votos la derecha, incluso la alemana, cede u oculta sus intenciones, y que cuando los tiene olvida los intereses de trabajadores y ciudadanos, para servir a los que considera amos del mundo, por no sé muy bien qué derecho natural o divino.


Esperemos que la izquierda europea y española aprenda la lección y actúe en consecuencia, sin estúpidos complejos respecto al ente “mercados”, igual que hace la derecha respecto al conjunto de ciudadanos. También es una buena lección, para todos, saber que en España no existe la prensa  neutral ni libre, salvo para los que tienen suficiente dinero para ser propietarios de medios de comunicación.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario

¿Unha monarquía bananeira? – Antonio Campos Romay

Por república bananeira, de xeito pexorativo é común referirse a un pais onde a inestabilidade e a  corrupción abunda xunto a un escaso respecto á norma e ao dereito.  Países económicamente deprimidos, empobrecidos e con producións dun  escaso valor agregado. Onde a especulación financeira e o suborno son axentes  máis importantes que o pacto social. Onde os corruptos vulneran permanentemente a ficción democrática do país e a súa  presunta independencia. “O Henry”, un dos máis grandes mestres do relato curto, falecido en 1910 de cirroses hepática con apenas  50 anos acuñou o termo nun dos seus relatos. A expresión fixo fortuna e pasou a ser sinónimo dos paraísos dos delincuentes non comúns. “O Henry” cuxo nome real era William Sydney Porter fíxose famoso polo seu admirable tratamento dos finais narrativos insospeitados o que popularizou en lingua inglesa a expresión “un final ao O Henry”.

Os delincuentes non comúns, son os que andan impunes pola rúa pavonándose das súas rapiñas e estafas. Normalmente son ex de case todo e especialistas en apañar o produto do suor alleo sen a menor vergoña. Omnipresentes e omnipotentes. Sen entender de color nin de bandeira. E coma non, penduranlle medallas no peito. Os delincuentes comúns están no cárcere. Por roubar migallas, traficar cuns gramos de coca (os grandes traficantes tamén son delincuentes non comúns), asaltar co mono unha botica, andar exercendo a prostitución mais esgazada nunha beirarrúa, ou caer nunha redada de top-manta.

Delincuentes non comúns abundan a reo nesta monarquía. Velahí a definición de “O Henry”. Segundo dela compre falar dunha monarquía bananeira… O xefe do estado, chamado “O Rei”,  amamantado aos peitos dun ditador, cando o pais esta piques de entrar en quebra vaise de elefantes en noites de viño e rosas ao mais lonxe de Africa afastando a súa real persoa das miserias dun pais que agoniza. O xenro, no tempo que non anda polos xulgados podería encadernar os correos  que remitiulle ao seu ex – socio co gallo de subliñar mais a facíana do seu real sogro como exemplar pai de familia que vela por cada un dous seus intercedendo onde faga falla. Virtuosa familia que fixo do aforro exemplo se damos creto ao listado Forbes que atribúelle unha substanciosa fortuna. De ser  certo non está nada mal tomando conta  como chegou non seu dia de rapaciño ao Pazo do Pardo, non pola senda dos elefantes senón pola fronteira portuguesa.

Quen preside os xuíces, chamado a ser modelo etico de  comportamento, esquece que goza dun salario propio dun sátrapa das mil e unha noites nestes tempos de crise  (e mesmo nos de bonanza), e a única pauta que nos deixa e a súa afección  a Porto Banús e aforrando no persoal, que para iso está xa o publico. Nin dimite nin explica. So tatexa o estribeillo dunha canción lusitana: “Daqui não saio! Daqui ninguém me tira!” Mentres o Tribunal Constitucional, nin esta ni se lle espera…

Banqueiros,  “caixeiros” e “bankistas” fican bailando a ienka un paso adiante outro para atrás pero sempre impunes e cos petos cheos de cartos publicos. A carón deles unha clase política, cómplice por acción ou misión, asubía ollando o ceo. Se acaso rosma pa si mesma…Si home si,  comisión de investigación. Ben, de seguro, pero nin agora nin e hora. Trasparencia, si home…como non…O gobernador do Banco de España vaise sen explicar porque faino. Cego e mudo, tal que estivo moito tempo. Tampouco e cousa de que agora prodúzase o milagre. Nin falará agora e de seguro calarano para sempre. Como os documentos non desclasificables do Ministerio de Defensa.

A clase política ten o prestixio en circunstancias parellas as do Sporting de Xixón. En descenso automático. A diferenza e que os do Sporting son mozos simpáticos que merecen o noso respeto. Os medios de comunicación non afíns a ideoloxía económica imperante faleceron en combate de xeito sistemático e programado.

Dende a xefatura do estado ate o executivo, pasando pola inoperancia do legislativo –masa coral silente-, a xudicatura e moitos recunchos distintos, impera unha vaga de comportamentos que estremecen calqueira sentimento de vigor democrático. As ordes chegan de fora e cada vez mais imperativas e acatanse sumisamente… Intervidos, rescatados, secuestrados? Que mais ten… Xaque logo tal e, e tal parece, todo  invita a entender que poderiamos  segundo as premisas de “O Henry”, ser súbditos dunha  monarquía bananeira.

Publicado en Antonio Campos Romay | Deja un comentario