Remedios para a débeda – José Luís Gómez

José Luís Gómez

España produce agora o mesmo que fai cinco anos pero destruíu uns tres millóns de empregos e ten que soster a dous millóns máis de persoas. A diferenza de España, outros países xa recuperaron o perdido na recesión. Que lle impide a España, de novo abocada a outra caída do PIB, seguir o ritmo de recuperación países como Alemaña ou Estados Unidos? Entre outras cousas, a falta de competitividade e a súa elevada débeda, sobre todo a privada, que se multiplicou por tres na década do 2000. De feito, o problema máis grave en España non é o déficit, nin a débeda pública, o é a débeda privada e xerar menos ingresos que pagos ao exterior, de maneira que o país ten desequilibrio comercial e financeiro, e todo o demais, incluído o paro e o déficit, é unha consecuencia.

Semellante aumento do endebedamento de empresas e familias tivo que ver coa abundancia de liquidez en pleno boom inmobiliario, o descenso dos tipos de interese e a escasa percepción do risco. Volver á normalidade consumirá anos, probablemente uns cinco, polo que ata o 2015 ou 2016 non se alcanzará un nivel normal de débeda, coa repercusión negativa que iso ten en termos de investimento e de crecemento. En resumidas contas, antes de volver investir haberá que pagar o moito que se debe.

A falta de crédito bancario, que non é máis que unha consecuencia de todo o anterior, coloca ás empresas españolas ante a necesidade de atopar financiamento alternativo, a risco de non sobrevivir nuns casos e de non seguir desenvolvéndose noutros. Nese sentido, os mercados de capitais e, en particular, a Bolsa preséntanse como unha saída, e non só para as grandes corporacións, senón tamén para compañías medianas que poden ir saíndo ao Mercado Alternativo Bolsista, o MAB, dedicado a empresas de reducida capitalización que buscan expandirse.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

Romper la baraja: una idea para para la actualización de la autoestima socialdemócrata – Jacinto Parga Fernández

Jacinto Parga Fdez.

Islandia está a las puertas de entrar de nuevo en la senda del crecimiento económico.

Un explícito populismo sintetizaba la receta del éxito: «Después de encarcelar a políticos y banqueros Islandia vuelve a crecer».

Lo cierto es que hoy todavía hay políticos y banqueros en Islandia. Tal vez incluso, algunos de ellos hayan colaborado decisivamente para que mejoren las expectativas económicas de los islandeses. Pero los principales responsables del crack islandés han sido apartados cuando no encarcelados.

El crecimiento económico se alimenta de un intangible que es la confianza.

En España se prevé entrar en recesión en el próximo trimestre.

En España no nos fiamos de nuestros políticos, tampoco de nuestros banqueros. Seguramente porque aquellos que alguna vez, nos han engañado, todavía están hoy en disposición de volver a hacerlo.

Y así lo atestiguan las propuestas económicas y tecnócratas que obligan asumir sacrificios en lugar de exigir responsabilidades.

Para recuperar la confianza, los islandeses primero tuvieron que recurrir a la rebeldía. No contra el sistema, ni siquiera contra el poder establecido, sino contra la desfachatez.

Por ejemplo, es una desfachatez, prestarle 500.000 millones de euros a la banca a un 1% cuando, la deuda de los paises que le prestan el dinero, se ha comprado en el caso de España al 5%, y de Francia al 3%. Negocio redondo para la banca, sacrificio para los ciudadanos.

Rompamos la baraja.

Basta ya de resarcir al infractor o al incompetente y de castigar a los inocentes.

El principio islandés ha sido claro: el que la hace la paga, por muy poderoso que sea. Los que no la “han hecho” no la pagan. Exigencia de responsabilidades, y a partir de ahí, rigor técnico y Política.

Nuestro deber como ciudadanos no es asumir sacrificios, sino exigir responsabilidades.

La mayoría de los ciudadanos de este país, asumen sacrificios cada día. ¿Cómo pedir nuevos sacrificios a quien se tiene que levantar cada día para trabajar y ganarse el sustento? ¿Cómo pedir nuevos sacrificios a quien ni siquiera tiene la oportunidad de trabajar?

Estamos huérfanos de solidaridad en la acción política, y sobrados de desfachatez disfrazada de tecnocracia.

La salida de este laberinto, pasa por librarnos de este juego absurdo que deposita las riendas de la acción política en adinerados financieros y apocados políticos, entre cuyos valores no está el de la solidaridad. Antes de asumir recetas  económicas, analicemos su naturaleza política, y la escala de valores de sus prescriptores, a la luz de su trayectoria y compromisos vitales.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Populismo Xusticeiro – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Tiña razón o ministro de Xustiza cando, na presentación dos seus proxectos lexislativos na comisión correspondente do Congreso, expresaba a súa sorpresa pola sorpresa que mostrara la oposición ante unhas propostas que formaban parte do programa electoral do PP. Efectivamente, modificar a lei do aborto, establecer a cadea perpetua ou endurecer a lei do menor son ideas que os conservadores tiñan anunciado (e que os sectores máis ultradereitistas esixían desde hai tempo). Non deben sorprender, nin siquera porque sexa Alberto Ruiz-Gallardón quen o anuncie. O ex alcalde de Madrid pasa por ser do máis presentábel da dereita española, pero non deixa de ser dereita (ademais, dos discípulos directos de Fraga).

Quizais é que algúns non rematan de enterarse do cambio político que supón o regreso do PP ao Goberno. Obsesionados pola crise e encadeados como estamos á política económica neoliberal imperante na Unión Europea, pode que se pensase que estes viñan só a arranxar as contas para saír máis rápido do estancamento e que, se esas contas hai que facelas en clave ultracapitalista, mellor os convencidos de toda a vida que os conversos vergoñentos. Pode que algúns (ou moitos) votantes se fixesen ese razoamento nas últimas eleccións xerais: que os populares tomarían con máis decisión e convencemento as medidas necesarias para saír da crise, unha vez que as adoptadas polos socialistas (prácticamente no mesmo sentido que o goberno actual) non daban o froito desexado no momento oportuno.

Pero estes non veñen só a resolver o problema económico (que está por ver que o resolvan e con qué consecuencias) e os proxectos de Ruiz-Gallardón serven para recordalo. Na etapa dos gobernos de Aznar non tocaron a lei do aborto, nin siquera cando tiveron maioría absoluta, pero agora o clima é diferente: aínda están moi recentes as protestas contra a reforma da ministra Bibiana Aído (posíbelmente a máis insultada dos últimos gobernos socialistas, só superada polo propio Rodríguez Zapatero), que ten ademais un matiz que molesta especialmente á dereita, o matiz de que, dentro das primeiras catorce semanas do embarazo, é a muller a que decide. En canto ás outras medidas anunciadas, forman parte do que algúns chaman populismo punitivo, que responde ao clima de alarma social xerado por casos excepcionais. 

Da chamada lei do menor, aprobada hai doce anos (baixo goberno do PP, por certo), chamoume sempre a atención de que, ante cada caso polémico, se acumulaban as críticas contra a lei, sen que ninguén saíse na súa defensa, como se fose un texto caído do ceo, que non tivera sido debatido, enmendado e aprobado nas Cortes Xerais. Ao longo deste tempo, ademais, foi reformada varias veces sen que deixase de ser criticada cada vez que había un delito no que estivese involucrado un menor, e co mesmo sorprendente silencio dos autores da correspondente reforma.

Polo que se refire á «cadea permanente revisábel», eufemismo para evitar a denominación máis contundente de cadea perpetua, é outro producto populista, derivado da tan estendida como falaz idea de que en España os delincuentes apenas paran no cárcere (sendo o segundo país con menor delincuencia de Europa, España é o país con maior número proporcional de reclusos e coa media máis alta de estancia na prisión). Alúdese a que outros países europeos contemplan a cadea perpetua tamén revisábel. Esquécese que, neses países, foron pasando da cadea perpetua á revisión periódica desa cadea, nun proceso de flexibilización da condena, mentres o que se pretende aquí é iniciar un proceso de endurecemento, despois de ter elevado de trinta a corenta anos o tempo máximo en prisión.

O peor dese populismo xusticeiro é que está máis arraigado na opinión pública do que se pensa, e non só entre o electorado de dereitas. Consecuencia, entre outras cousas, do déficit de pedagoxía cidadá que pode advertirse na actividade da esquerda, demasiado ocupada nas intrigas inmediatas ata o punto de esquecerse que a racionalidade das posturas progresistas esixen máis explicacións que a demagoxia elemental dos que se limitan a aproveitarse do instinto de resposta máis primitivo.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

Manuel Fraga – Francisco J. Bastida

Manuel Fraga Iribarne

Con el morren tres facianas  distintas e un só Fraga verdadeiro. O Fraga franquista, que nunca renunciou á ditadura nin renegou do seu paso por ela. O Fraga constitucionalista, capaz de encarreirar á dereita máis pertinaz cara á senda democrática e o Fraga populista, defensor da autonomía galega, amasador de maiorías absolutas combinando o barrete coa boina. Todo nel foi un exceso de vehemencia e de ímpeto irresistible, multiplicado pola súa gran capacidade de traballo. Un intelectual que, máis que ler, deglutía libros, ao extremo de que o gran xurista conservador Carl Schmitt dicía del –e perdoen a súa linguaxe– que era como os cabalos, «tal cal o come, tal cal o caga», referíndose a que non dixería nin repousaba as súas lecturas. Esta controvertida personalidade de Fraga inspirou uns coñecidos versos:

Fai un tremendo ruído cando pensa
aínda que pensar, pensar, non pensa nada
e volve en maratón cada xornada
porque a nada sexa máis intensa.

Un político, D. Manuel, que propagou que España era diferente e que as liberdades había que exercelas dentro dunha orde sen liberdade. A ditadura foi tan brutal que unha persoa autoritaria como Fraga parecía ser unha fenda liberal, ao protagonizar unha mínima apertura en información e en turismo. Mentres montaba unha xigantesca campaña enxalzando os XXV anos de paz baixo Franco, é dicir, loa a unha ditadura sen adxetivos, impulsaba unha tímida liberdade de prensa, que, aínda que eliminaba a censura previa, sometía ao férreo control do ministro a información difundida. O seu lema podería ser a coñecida frase de Billy Wilder, «cando queira saber a súa opinión, xa lla darei» e, habería que engadir, «e si non, atéñase ás consecuencias».

Apuntouse ao postfranquismo de Arias Navarro como ministro da Gobernación, ou sexa, de Interior, onde deixou o seu impronta coa famoso expresión, «a rúa é miña», nun frustrado intento represivo de poñerlle portas a un campo que xa deixaba de pertencerlle.

Foi un político contraditorio, como Casimir Périer, que na súa vida, dacabalo entre os século XVIII e XIX, encarnou a resistencia á monarquía burguesa, pero á vez traballou cos doutrinarios. Dicíase del que estaba falto de sutileza e empaquetado, pero que tiña instinto. Segundo o historiador e amigo Guizot, era un burgués «que predicaba con tal violencia a orde que xamais se exhortou á desorde en términos máis vehementes» e que cando afirmaba a paz facíao en ton tan perentorio que «a política guerreira non falase doutra sorte».

Con todo, Fraga soubo adaptarse á democracia e colaborou activamente na transición política cara a unha España constitucional. Mérito seu é o ser pai da Constitución desde un partido cuxos dirixentes máis significativos renegaban da democracia e votaron en contra do texto constitucional. Igualmente a el débese que non haxa en España un partido de extrema dereita, porque os afines a estas ideas conviven no seo do Partido Popular, unha vez disolta a Alianza Popular, de composición netamente franquista. Tivo a grandeza de saber irse da dirección do partido, recoñecéndose un lastre para as expectativas electorais das súas correlixionarios, e refuxiouse na política galega.

Desde a Presidencia da Xunta de Galicia logrou redimirse do seu pasado, colleitando maiorías absolutas nun terreo propicio para o caciquismo, que aproveitou para impulsar entre gaitas, empanada, e pimentos de padrón unha imaxe nova de Galicia, tanto do seu turismo (Xacobeo) como da súa industria (Galicia calidade). Na súa última etapa emocionábase con facilidade; afloraban nel sentimentos que parecían crebarlle un carácter indómito. Cuestión de idade, máis que de ideas.

Morre con el unha parte da historia de España. O enterro non pode significar o seu esquecemento.

Publicado en AUTORES, Francisco Bastida Freijedo | Deja un comentario

La otra crisis, la política – Francisco J. Bastida

La crisis económica y sus consecuencias acaparan toda la atención electoral, lo que ha servido a casi todos los partidos para desentenderse de la crisis política que afecta a nuestra democracia. A la ausencia de crédito económico se une la falta de crédito político de los gobernantes y, en general, de la clase política. Pero, como sucedió al principio de la crisis financiera, no se reconoce la gravedad de la crisis política. A su ocultamiento contribuye el propio sistema democrático, porque, haya mucha o poca abstención, siempre habrá el número de diputados, de senadores y de concejales estipulado por la ley. Los mercados castigan la falta de crédito político con el cierre del crédito económico o con la imposición de un elevado interés. El electorado, en cambio, carece de ese instrumento. El grifo del crédito político siempre está aparentemente abierto, porque la abstención no cuenta y porque el voto se utiliza cada vez más como castigo o rechazo de quien no merece confianza, pero automáticamente eso redunda en beneficio de las demás opciones. El resultado es que siempre hay quien triunfa. Pero ganar elecciones no implica necesariamente ganar crédito político en la misma proporción. La existencia de procesos electorales periódicos garantiza la elección de representantes, pero no comporta que la democracia goce de buena salud. La prueba está en que las encuestas más fiables reiteradamente señalan a los principales actores políticos, los partidos, como una de las instituciones peor valoradas.

Lo grave es que el asunto tiene mal arreglo, porque, como sucede con la crisis económica, los causantes de la crisis política son los que tienen en sus manos ponerle remedio. La cuestión clave es que hemos pasado de una democracia de partidos a un Estado de los partidos. La Constitución considera a los partidos como un instrumento fundamental de participación política y para la formación de la voluntad popular. Sin embargo, a través de sus candidatos electos, las formaciones políticas se han adueñado del poder público, en algunos casos en sentido literal. La corrupción de cargos públicos no es una patología del sistema, sino la consecuencia esperable de un sistema enfermo que la propicia.

La primera deficiencia de nuestra democracia es la desconsideración constitucional hacia la ciudadanía, tratándola en asuntos de participación política como un sujeto vulnerable e inmaduro. El resultado es la desconfianza hacia los instrumentos de democracia directa. La iniciativa legislativa popular reducida a la mínima expresión y los contados supuestos de referéndum sólo excepcionalmente disponen la obligación de su convocatoria o su carácter vinculante. La segunda deficiencia es un sistema electoral que propicia el férreo control de la representación por los partidos, al ser las candidaturas cerradas y bloqueadas, y, además, causante de una representación distorsionada. No sólo beneficia en un alto porcentaje a los dos grandes partidos, sino que permite una proporcionalidad inversa, es decir, que un partido globalmente con más votos puede tener menos escaños que otro que ha recibido muchos menos votos. Año tras año, la tercera fuerza política en número de votos es la quinta o la sexta en número de diputados. Esta perversión democrática no sólo perjudica al partido afectado y a sus electores, también a los pactos de gobernabilidad, que acaban haciéndose con partidos nacionalistas, al preterirse artificialmente a la tercera fuerza política.

En treinta años de democracia los partidos, a través de sus parlamentarios, han tejido una legislación que les ha permitido el control de la representación. Las medidas antitransfuguismo han acabado por ser instrumentos de disciplina de partido. Pero más grave es su poder de ocupación de la Administración, con cada vez más cargos de confianza o de libre designación, y de presencia en empresas y fundaciones públicas de muy variada especie. Las cajas de ahorros son en las circunstancias actuales el mejor ejemplo. Además, han contribuido a crear un entramado empresarial nacional, autonómico y local que no sólo les ha servido para su financiación irregular, sino también como oficina de empleo de los afines al partido. Se ha acabado por establecer una red político-empresarial de socorros mutuos. Esto ha derivado en no pocos casos en empresas fantasmas creadas exclusivamente para el saqueo consentido de las arcas públicas.

La voracidad por controlar el Estado ha llevado a los dos grandes partidos a tergiversar el sentido constitucional de las mayorías cualificadas y a no respetar los presupuestos de independencia del Poder Judicial y del Tribunal Constitucional, repartiéndose los nombramientos directa o indirectamente, de manera que hoy es común hablar de jueces conservadores o jueces progresistas en función de quienes los han propuesto para el cargo.

Como la serpiente que quiere mudar su piel, los partidos mayoritarios, una vez que ocupan las instituciones, sienten su régimen jurídico como incordio. Sintiéndose los depositarios de la soberanía nacional, reniegan de los procedimientos constitucionales que puedan suponer un estorbo en sus decisiones, sobre todo cuando tienen mayoría absoluta o cuando las pactan con otros. La reciente reforma de la Constitución es viva muestra de ello. Una vez concertada entre el presidente del Gobierno y el jefe de la oposición, todo lo demás se presenta como un obstáculo procesal, meros formalismos, para realizarla.

En campaña electoral sólo sale a relucir la baja calidad de la democracia para echarle la culpa al contrario o para ejercer los candidatos de tartufos, con falsos propósitos de enmienda. Escuchamos a Gallardón decir que hay que acabar con las injerencias en el Poder Judicial después de lo que su partido ha hecho con el Tribunal Constitucional es un insulto a los ciudadanos. También lo es escuchar a Rubalcaba decir que hay que cambiar el sistema electoral para hacerlo más proporcional. De la corrupción ya nadie habla, para que el argumento no se vuelva en su contra.

La política ha hincado la rodilla ante el poder económico, y los tecnócratas criados en los bancos se convierten con su acceso al Gobierno en criados políticos de los mercados. Primero Grecia y ahora Italia. Cuando más necesaria es la autoridad moral de la política para poner orden en el desbarajuste económico y poder exigir sacrificios solidarios, los grandes partidos nacionales y autonómicos se han encargado de desarmar la democracia. Mariano Rajoy ha cosechado una mayoría histórica el 20 N, pero eso no hará cambiar las encuestas sobre el crédito que merecen los partidos; sólo el signo de la red clientelar. La democracia ya no es lo que era y cada vez importa menos a quienes tienen el deber de legitimarla.

Publicado en AUTORES, Francisco Bastida Freijedo | Deja un comentario

Equilibrios na rede – Emilio Argiz Vázquez

Cando unha nova realidade agroma, e fai obsoletos modelos antigos, hai sempre un tempo variable no cal se dirime a loita entre a inercia do coñecido, e a adaptación ó novo. Iso pasou coa revolución Gutemberg, e iso está a pasar agora coa revolución dixital. Megaupload, as leis Sinde – SOPA, ou o fenómeno das descargas ilegais e os roubos de direitos, non son máis ca expresión das disfuncións que está a provocar a mutación dunha sociedade analóxica en outra dixital.

A rede trae consigo a ubicuidade, e a inmediatez, no acceso a moita da erudición que ata o de agora acumulou a humanidade, o cal en principio son boas novas. Calquera que no Caurel  conte con unha boa conexión a Internet, ten hoxe acceso a case toda a música ou literatura, na súa casa, dun xeito que ata hai nada era impensable na Coruña ou en Londres.

A rede trae consigo tamén un profundo cambio na loxística, que transforma as cadeas de  distribución, e fai desaparecer intermediarios. Isto é así para calquera produto, pero especialmente para os culturais, facilmente dixitalizables e desmaterializables. De resultas, as nosas cidades quedaron sen tendas de discos, e a industria discográfica está en coma; o mesmo que pode pasar con  librerías e editoriais. Namentres, unha nova metrópole virtual superponse á cidade real, e funciona a base de clics de rato e impulsos. Hoxe é sinxelo ter acceso ás 12 da noite a calquera cantata de Bach, e descargala ó instante, no entanto que a compra física do disco sería un proceso longo, no caso de que fose posible. E quen di Bach, di Miles Davis, ou o último libro de Vargas Llosa.

Os problemas xorden cando esa dixitalización da información, e a ubicuidade da rede, tamén propician o intercambio entre particulares, ou directamente o pirateo e lucro cos dereitos dos autores. Porque un podía deixarlle un libro de papel a un amigo, e nada malo tiña o feito. Pero se ese libro, convertido nun pequeno arquivo de e-book, se colga na rede para compartilo con millóns de “amigos” en barra libre, dinamítase a industria e acábase a un tempo co dereito do autor a vivir do seu esforzo. E iso que pode ser alegal e perigoso para os creadores, directamente é ilegal cando ademais alguén fai cartos co espolio, como parece que pasaba no caso de Megaupload.

Os problemas medran cando o consumidor afaise, nun círculo vicioso que xera o sistema, a telo todo, e telo de inmediato. A sociedade vírase adolescente, coas posibilidades que lle da a rede, e xa non quere límites nin negativas. Se unha película se estrea mañá nos cines, queren vela hoxe na súa casa. E a iso súmaselle un certo Síndrome de Dióxenes dixital, de feito que moitos acumulan nos seus discos duros, con descargas ilegais, e baixo a falsa premisa do “todo de balde”, músicas ou películas que nin en dúas vidas poderían escoitar ou ver.

O paradoxo final ven ser que a ubicuidade e o acceso a toda a erudición ou a toda a música, non necesariamente produce cidadáns máis cultos, se non as máis das veces homes perdidos no barullo e na cacofonía. Igual que a suposta maior facilidade de acceso á información non está a producir cidadáns máis avisados, se non narcotizados pola avalancha, e que non son quen de distinguir feitos ou novas, de barullo e demagoxia. E un ten para si que as disfuncións que está xerando a mutación dixital teñen moito que ver, xa non só cos problemas da rede, se non nunha relación causa – efecto bidireccional, ata coa crise, que máis ben parece unha enorme contradición interna, insalvable para o sistema, cos mercados do capital profundamente alterados pola ubicuidade instantánea da rede, e polas doutrinas ultraliberais.

Así que, en canto á piratería na rede, o que temos finalmente é un preito a dirimir entre uns xeitos de facer que manteñen inercias xa obsoletas, e as novas realidades que trae a revolución dixital. Coma case sempre, a virtude estará no xusto medio, e en atopar un punto de equilibrio razoable. Para elo teriamos que ser quen de producir un modelo novo, no que os libros, a música ou o cine teñan un acceso legal sinxelo na rede, e a prezos razoables que teñan en conta que desapareceron os intermediarios. Modelos xa hai, como Spotify; e un pensa que se non se fai así, estará perdida calquera loita contra as descargas á marxe da legalidade.

Publicado en AUTORES, Emilio Argiz Vázquez | Deja un comentario