Menos deputados, menos democracia?

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

O PP ven de promover a redución dos deputados do Parlamento de Galicia dos 75 actuais a 61. O certo è que nas democracias occidentais téndese a que o Dereito electoral sexa materia consensuada e, de feito, moitos Estatutos autonómicos esixen maiorías de dous terzos para reformar as regras do xogo electoral, mais non é o caso de Galicia onde xa o Presidente Fraga limitara a proporcionalidade democrática ao esixir o limiar do 5% de votos para acceder ao Parlamento, no canto do 3% que existía antes do 1993.

O “leit motiv” da reforma disque é o aforro. 14 deputados menos poden ser, canto máis, 3M€ de aforro/ano, moi inferior ao que se acadaría de rebaixar a retribución dos 75 deputados a 3000 €/ano, como propuxeron os galeguistas de CXG en xuño deste ano. E, dende logo, de se tratar de eliminar duplicidades e afinar as nosas Institucións nada semellante ao aforro que acadaríamos de suprimirmos as Deputacións (30 M€/ano só en cargos representativos-108 deputados e 4 Presidentes- e asesores), os Subdelegados e Delegado do Goberno ou os totalmente prescindìbeis-no sùa función actual- senadores.
Ninguèn pode dubidar da legalidade estatutaria da reforma, da sùa presenza no programa electoral popular nin da sua conexión cidadà co falso “mantra” da austeridade. O que esixìa outra axilidade política às tres forzas da oposición parlamentar (PSdeG, BNG e AGE), quer pactando contraprestaciòns, como a rebaixa do limiar de acceso ao Parlamento ao 3 por cento ou unha mellora da proporcionalidade territorial, quer asumindo unha posición unitaria en contra da reforma que fixera ouvir que o seu obxectivo era degradar a representatividade electoral. Velaì como a oposición parlamentar amosou outravolta a sùa incapacidade para xerar un relato alternativo, deixando a iniciativa no centro do campo ao PP de Feijoo.

As regras do xogo electoral serán, pois, menos xustas despois da Semana Santa. E o Dereito electoral galego agardarà pola reforma que lle dea meirande proporcionalidade e representatividade, suprimindo eses inxustos limiares do 5 por cento e garantindo normas democráticas esenciais como as candidaturas abertas, a posibilidade de revogacion a metade dos mandatos ou mesmo a circunscriciòn electoral ùnica.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.