A decepción Europea- Xoán Antón Pérez Lema

 

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A fins desta primavera vanse celebrar as eleccións ao Parlamento Europeo, prognosticándose unha moi baixa participación electoral e unha clara orientación do voto cara opcións de extrema dereita e da esquerda  antisistema, manifestando deste xeito o rexeitamento da cidadanía europea á UE e aos seus efectos na vida cotián da cidadania europea. Semella, tamén, que este fenômeno será moito mais nidio nos Estados do sur da Europa.

Os europeistas dos primeiros 50 do século XX apostaban pola construción federal e partillaban do pacto da post-guerra,  construído pólos democristiáns, social-liberais e socialdemocratas arredor do Estado de benestar, a cohesión social e a economia de mercado. Mais axiña a vella CEE xirou cara unha construción econômica limitada de pequenos pasos, o chamado avance funcionalista, que arquivou a idea federalista e a construción política, deseñando unha complexa e pouco democrática urdime institucional que compatibiliza un Parlamento elixido democraticamente, uns ominipresentes Estados que monopolizan as decisións dos Consellos Europeo e de Ministros e un Banco Central Europeo alleo a todo control democrático, ao que se lle veta financiar directamente aos Estados e se lle orienta ao control da inflacción, deixando inermes aos Estados e territórios do Sur da Europa diante da ausência de ferramentas fiscais e orzamentarias por parte da UE. Unha Unión, asemade, que só orzamenta para desenvolver as súas políticas pouco mais do 1% do PIB europeo,fronte ao 6-7% do gasto federal USA.

Porén, para contar a decepción europea de Galicia compre non só falar das graves chatas da construción europea, senón tamén dos prexuizos xerados por unha política española que desarmou a agricultura, pesca e construción naval do noso País e desnaturalizou a política de equilíbrio territorial europea, alicerzada nuns Fondos Estruturais de xestión obxectiva e rexionalizada, para substituíla, en grande parte,por uns Fondos de Cohesión,manexados dende Madrid e investidos nomeadamente en Madrid, Andalucía e o Centro peninsular.

Hai solucións? Habelas hailas,malia que moi complexas. E son mais rendíbeis e practicábeis as transformadoras desta UE ca as que apostan por esfarelar a mesma ou abandonar a súa estrutura.  Habemos ter opción de debullalas nos nosos encontros vindeiros.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.