A filla casada do rei- Xoán Antón Pérez Lema

 

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A declaración dun cidadán a xeito de imputado perante un Xulgado constitúe un acto garantista, onde somos informados dos feitos polos que se nos anda a investigar e se nos pregunta sobre eles. Por outra banda, fronte á obriga das testemuñas de dicir a verdade, os imputados teñen dereito a non declarar en absoluto, a non se declarar culpábeis e a non respostar algunha, varias ou moitas das preguntas que se lles prantexen.

Xa que logo, a Infanta só usou do seu dereito cando rexeitaba respostar ás preguntas das acusacións populares, teimaba nos “non sei”, “non lembro” ou “non teño a constancia” e vencellaba moito do ocorrido á plena confianza que acreditaba na súa parella. Pero é tarde de máis para que ésta actitude tan dubidante e pouco elocuente evite as sombras a respecto da conduta da Infanta e, sobre todo, evite o imparábel proceso de degradación da imaxe do Xefe do Estado e da Institución monárquica non só entre a cidadanía do Estado senón na opinión internacional que, con màis ou menos acerto, relaciona directamente esta crise coa “spanish corruption” e co esfarelamento da chamada “Marca España”.

Para máis, a Casa Real xestionou de xeito moi desafortunado este proceso. Primeiro teimando durante meses para que a Infanta non declarase, despois tentando que o fixese con privilexios (chegar en coche e non a pé, non pasar polo control de seguranza…) e logo enviando sinais de comprensión e apoio: a filla casada do Rei volvería a casa dos seus pais para descansar. Feito absolutamente normal nunha familia normal, mais non tan lóxico nunha familia especial que encarna unha Institución só xustificábel por razón de exemplaridade e utilidade.

Na España do 2014 a Institución monárquica non é percebida como exemplar pola cidadanía do Estado. E perdeu tamén aquela comprensión e apoio internacional que lle achegaban doses de utilidade. Se exemplar non é nin útil tampouco, só fica que a cidadanía decida democraticamente, cando e onde cumpra, sobre o sentido da Institución no futuro.

 

A arrincadeira: Albert Rivera e Paco Vazquez.

Albert Rivera presentou na Galicia o seu Movemento Cidadàn (MC) da màn do ex alcalde coruñés Francisco Vàzquez. Semella un chisco chocante querer vender rexeneracionismo e transparencia da màn desta caste de compañas.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.