O afogo do Audiovisual Galego (II)- Xoán Antón Pérez Lema

 

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Outravolta a entrega dos premios “Mestre Mateo” do sector audiovisual galego pon baixo o foco a deconstrución inmisericorde nun sector que achegaba (canda o resto das industrias culturais) antes da Gran Depresión máis do 3% do PIB galego (6% na Europa).

Hai agora 25 anos das primeiras tres longametraxes galegas (Sempre Xonxa, Urxa  e máis Continental) e 15 da Lei galega do Audiovisual do 1999 que o Parlamento galego aprobara por unanimidade e definira un marco, hoxe semella que acaído, para o desenvolvemento dun sector que xerou moitísimos retornos. Pensemos que o 80% dos gastos dunha longametraxe invístense en pagar soldos aos traballadores (de 400 a máis de 1.000).

Mais o Goberno de Feijóo decidiu que o audiovisual non é un sector estratéxico. E o Goberno do Estado, ao sobir o IVE do 8% ao 21%, decidiu que a creación cultural constituía un luxo asiático, mentres que a merca de obras de arte, actividade estratéxica para as elites, recebía de contado o agasallo da rebaixa do IVE ao tipo xeral do 10%. A mensaxe era nidia: o sector non lle era grato aos gobernantes. Nas prudentes verbas dun voceiro do sector no 2012 “ de hoxe en diante convèn  confiar nos Poderes Públicos”.

E, maila o 60% de taxa de desemprego sectorial e os máis de dous mil  empregos perdidos desque principiou a crise, a creación audiovisual galega segue viva, amosando a altísima capacidade técnica e profesional do sector. Mais ocorre que as canles de distribución, polo menos na Galicia e no Estado, non son quen de pagar dignamente uns produtos de grande calidade. Por mor da roñería dos Gobernos actuais, ben é certo, mais tamén por erros na planificación do desenvolvemento dun sector que debeu pensar na súa internacionalización.

Mais, no que atinxe ao mercado interno, sucede que os galegos gostan dos seus produtos audiovisuais. Pero  é dez veces máis doado que un produto de serie D de Hollywood chegue aos nosos mozos ca un produto sobranceiro do noso audiovisual. E iso ten solución. Custa cartos, autoaprezo e  imaxinaciòn. Mais achegarà un lote de retornos económicos e sociais.

Un Paìs que non è quen de vender as sùas historias será,sempre, un Paìs irrelevante. Se non contamos as nosas historias, outros contaràn as sùas. E teremos que lles pagar royalties.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.