A aconfesionalidade laica- Xoán Antón Pérez Lema

 

 

 

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

É inimaxinábel unha Galicia sen a Invención apostólica ou o Camiño de Santiago, do mesmo xeito ca Roma sen a Sede de Pedro. Inglaterra e Escocia levan en cadansúas bandeiras as cruces de San Xurxo e Santo André, como nosoutros levamos no noso escudo o Sacramento de Lugo. A cruz define cadansúas bandeiras suiza, norueguesa, sueca ou danesa. Xa que logo, non se pode entender a cultura e a civilización europeas sen o cristianismo que constitúe, asemade, a principal achega aos valores comúns da ética civil europea. Ao tempo, o cristianismo foi quen de enfrontar, hai xa moitas ducias de anos, a separación entre as cuestións políticas e relixiosas, separación que segue pendente noutras relixións monoteístas.

Malia todo isto, na Europa aínda non fomos quen a deixar de lado condutas incompatíbeis coa aconfesionalidade laica recollida nos nosos sistemas constitucionais. Deste xeito, na Galicia e no Estado seguemos a celebrar Funcións do Voto, Ofrendas ao Apóstolo e funerais de Estado que non han ter acollida neste tempo, lugar e réxime político. Por outra banda, Mr Cameron, o premier británico, ven de defender unha volta a uns valores relixiosos que xa non son comúns a unha Britania pluriconfesional. Semella que confundimos a antropoloxía cristiá (que evidentemente informa Europa) con rituais concretos que xa non integran  toda a cidadanía.

Velaí a necesidade de sermos nomeadamente coidadosos en preservar esta aconfesionalidade laica, de xeito que ateos, agnósticos, cristiáns e membros doutras relixións poidan partillar uns valores convivenciais comúns, sen que uns ritos acaden prioridade simbólica sobre os outros. Agora ben, “aconfesionalidade laica” non significa “indiferenza laicista”. `E evidente que o  os diferentes cultos han ser considerados dende unha radical igualdade de trato que, porén, teña tamén en conta  cadansúa implantación e  labor social. Polo que o labor social e a raigame popular das organizacións católicas non poden ser esquecidas.

O que si faría ben a Igrexa Católica sería  esquecer esa mistura visual entre relixión e civilidade que se segue a dar nalgúns actos públicos e que prexudica, máis ca a ningunha outra cousa, á singularidade e autenticidade dos propios valores cristiáns.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.