Recoñecermos o dereito a decidir-Xóan Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lema

CADERNOS DA VIAXE

O  proceso da sociedade civil catalá cara o recoñecemento do seu dereito de decisión, a desafección da maioría vasca  a respecto da súa integración constitucional no Estado e máis a gravísima crise política xerada pola ocupación das institucións polo  bipartidismo dinástico obriga pensar en solucións xurídico-constitucionais que  fagan coexistir o dereito a decidir coa estabilidade dos acordos constitucionais para a convivencia común das distintas nacións no Estado. Non por acaso foi a declaración parcial de inconstitucionalidade do actual Estatuto catalán e o inmobilismo do Goberno do Estado a respecto do cumprimento das súas disposicións financeiras o que moveu aló o actual proceso social a prol da autodeterminación.

Na propia Constitución existen dúas normas, a  Disposición Adicional Primeira e a  Disposición Transitoria Segunda, que permitirían garantir un estatuto especial a Cataluña,. Euskadi-e Navarra- e Galicia (como de feito se tiña decidido no 1978), delimitando  as nacionalidades das rexións que o artigo 2 da Constitución enuncia e non determina. A Disposición Adicional Primeira abeira e respecta os dereitos dos territorios forais e dispón a súa actualización estatutaria. A Disposición Transitoria Segunda  acordaba o inmediato acceso ao máximo grao de autonomía constitucional dos territorios que tiñan plebiscitado durante a II República cadanseu estatuto (as tres nacionalidades).

Trataríase, pois, de refundir dende o concepto de “dereitos históricos” o concepto máis limitado de “foralidade” para abranguer Cataluña, Galicia e quizais Canarias, incorporando á Disposición Adicional Primeira  o seu estatuto xurídico, blindando as súas competencias exclusivas e financiamento automático, recoñecéndolles plenas facultades en lingua, cultura, educación, Dereito Civil e réxime local e  deseñando un réxime federal asimétrico nas outras materias competenciais. A norma abriríase tamén a recoñecer o dereito a decidir, de xeito que estes países puidesen acceder a outros marcos de relación co Estado, a medio de referendums nos que se esixirían concretos requisitos de participación e a súa non repetición nun determinado periodo de tempo, ao xeito da lexislación que rexe no Quebec.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.