Decidirmos o futuro constituonal- Xóan Antón Pérez-Lema

48b52-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

As pasadas eleccións europeas, a reivindicación catalá do dereito a decidir (que semella podería continuar Euskadi) e máis a abdicación do Xefe do Estado amosan graves fendas nos tres alicerces do sistema institucional en crise: a Coroa, o bipartidismo dinástico e máis un determinado concepto da unidade de España que non recoñece a súa plurinacionalidade. Se a iso lle engadimos a desafección cidadá xerada pola corrupción enxergaremos a fondísima crise institucional que estamos a vivir.

Neste contexto, semella obrigado un proceso de mutación constitucional ou, polo menos, de fonda reforma da Carta Magna, para sentar os alicerces dunha anovada convivencia política e social. E, para estes efectos, a cuestión non é República española vs Monarquía ou República española vs. República galega, senón o dereito a decidir da cidadanía. Lembremos que só os maiores de 54 anos foron quén a votar unha Constitución na que a Coroa e a indisolúbel unidade da nación española foron o prezo para transacionar o recoñecemento das liberdades, o pluripartidismo e unha limitada descentralización política.

Velaí que a cidadanía teña que decidir non só sobre a cuestión da forma de Estado (monarquía vs república), senón sobre os demáis alicerces desta revisión ou remuda constituínte: a modernización das nosas institucións políticas e administrativas, a blindaxe do Estado do Benestar, a profundización do noso réxime de liberdades e a   autonomía real do Poder Xudicial. E, concretamente, a cidadanía galega haxa decidir tamén sobre a ampliación do  autogoberno, o grao de relación de Galicia co resto das nacións españolas e máis o seu encaixe, federal ou confederal, no Estado, preservando sempre o dereito a decidir da cidadanía galega.

Canto ás solucións xurídicas concretas, certo é que esta reforma constitucional  aprobaríase nun referendo, mais cumpriría artellar outras consultas previas para definir a vontade da cidadanía sobre estas grandes decisións constitucionais. Algunhas serían privativas de cada nacionalidade histórica e outras do conxunto da cidadanía do Estado.

A peor das solucións, de certo, sería teimar no inmobilismo amosado até de agora polo PP e PSOE.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.