De mareas e maiorías sociais- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Xurdiron na Galicia varias iniciativas a prol da formación de candidaturas municipais de base ampla e plural e iniciativa máis cívico-social ca  de coalición interpartidaria. Trátase dun proceso que hai que entender dende a crise das organizacións políticas, o fondo anovamento da axenda política que supuxo o abrollar do 15-M e doutros movementos sociais dende 2010, o suceso electoral de Podemos, a esixencia cidadá de transparencia e participacion e maís a punxente necesidade de pór en primeiro plano da axenda política actuacións sociais e económicas pensadas nos intereses das maiorías sociais. Deste xeito, xurdiron  Marea Atlántica n’A Coruña e Somos Miñor na bisbarra que integra Gondomar, Nigrán e Baiona, mentres que un milleiro asinaban o manifesto “Somos maioría”,  dirixido a toda Galicia.

Estas iniciativas van moito máis aló ca unha coalición multipartita. Hai, si, iniciativa partidaria, mais existe nomeadamente un pulo cidadán, que xurde da base e pretende adoptar as súas decisións e a escolla dos  candidatos a medio de procedementos participativos e democráticos no canto de que estas decisións sexan adoptadas a medio de pactos entre as directivas dos distintos partidos e axentes. O que vai supór, probábelmente, pasarmos dunha cultura política representativa do século XX a unha participativa do século XXI.

O éxito destas propostas dependerá da súa capacidade para combinar esta rexeneración democrática coa eficacia comunicacional e cunha actitude inclusiva, aberta e plural. Dentro destas novas alternativas vai haber moita pluralidade. O que compre é quitar un mínimo común denominador, nomeadamente nos tres eixos que preocupan ás maiorías sociais: promoción do emprego de calidade ( unha economía para as persoas), a blindaxe do Estado do Benestar e a transparencia para arrincar a corrupción e garantir a  boa gobernanza.

Canto ao galeguismo político, haberá afacerse a traballar con independentes e progresistas que partillen dese mínimo común denominador. Malia todo, compre entender estas iniciativas no País que xurden: Galicia. Entendelas dende os parámetros de Madrid, Logroño ou Salamanca seríía un grave erro. O mesmo que non contar cos bós alcaldes e alcaldesas que xa traballan decote a prol da maioría social.

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.