A creba do Estado de Dereito – Xoán Antón Pérez-Lema L

46bc3-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A intromisión do Goberno do Estado na administración xudicial está a pór en risco a meirande parte dos controis que nos recoñecen como un Estado democrático de dereito. Intromisión que ten a súa orixe no outorgamento cidadá (novembro 2011) dunha maioría absoluta nas dúas Cámaras estatais, que lle dan ao PP o control dos Poderes lexislativo e executivo estatais. E nos graves defectos da regulación xerada polo PSOE e PP no tempo desque aprobaron a Constitución.

Este control determina que a maioría que apoia ao Goberno do Estado elixa indirectamente unha maioría absoluta do Tribunal Constitucional (TC). Isto quere dicir que as leis aprobadas pola maioría absoluta do Parlamento estatal van ser controladas canto á súa constitucionalidade por ese TC indirectamente nomeado por Rajoy e que fixa unilateralmente a súa axenda. Adiantando as cuestións que interesan (Catalunya, por exemplo) e adiando as que non conveñen (lei de taxas). Polo mesmo, os recursos de inconstitucionalidade contra leis autonómicas van ser decidido por un árbitro caseiro, case sempre favorábel aos intereses centralistas, pois que o Executivo estatal nomea indirectamente ao TC.

Mais este control falla tamén no que atinxe ao control da normativa regulamentaria e da actividade administrativa. As taxas limitan substancialmente o acceso á xustiza e, xa que logo, o control da legalidade da actividade administrativa. E o Goberno do Estado nomea indirectamente unha maioría absoluta do Consello do Poder Xudicial (CXPX), órgano de goberno dos xuices que determinan os maxistrados que chegan ao Tribunal Supremo (TS) e á Audiencia Nacional (AN), que son os que levan a meirande parte do control real da actuación regulamentaria e político-administrativa do Goberno do Estado. Si, acertaron vostedes. Controlan indirectamente aos que lles controlan.

Velaí que sexa urxente unha fonda reforma, quizais constitucional, que garanta a independencia da xustiza, hoxe reducida aos níveis de Xulgados, Audiencias e, parcialmente, Tribunais Superiores. No caso da Galicia cumpriría,ademáis, vincular a xustiza ao noso sistema de autogoberno e facela rematar a todos os efectos no TSXG.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.