Novas canles de participación política- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Os partidos políticos son instrumentos fundamentais para a participación cidadá na política. Mais non son os únicos. A tradición das iniciativas cívicas ven de lonxe no noso país, Galicia. Velaí as Irmandades da Fala (1916), que nunca se constituiu específicamente en partido ou o movemento agrario dirixido por Antón Alonso Ríos, nos últimos anos ben próximo ao Partido Galeguista, mais nunca confundido con él. A primeiros deste século Nunca Maís, dende unha iniciativa cidadá fondamente política, mais apartidista, supuxo un antes e un despois para a conciencia política da miña xeración.

Noutros países, esta caste de movementos políticos cidadáns acadou grande suceso na Chequia que se liberou da ditadura soviética ou coa plataforma Yes Scotland, que fixo chegar entre 2012 e 2014 a mensaxe soberanista escocesa moito máis aló dos marcos nacionalistas. Tamén coa Asamblea Nacionalista de Catalunya, iniciativa cidadá na que partillan afiliados de varios partidos e independentes e que lle marca a axenda política a Convèrgencia e a ERC.

Velaí que non sexa acaído considerar  Sómos Nós como un instrumento para a unificación das diversas ponlas do galeguismo nin como outra opción partidaria. O sentido desta iniciativa cívica non pode ser o de substituir o que xa está, senón fornecer á sociedade galega dun espazo plural e transversal que constrúa novas ferramentas de análise e acción atendendo substancialmente aos intereses de Galicia como suxeito político. Uns intereses sistemáticamente esquecidos no esquema político actual por mór de representarmos só un 5% do PIB e un 6% da poboación e depender en grande medida duns alicerces económicos que non son os que definen a economía do Estado español. Ferramentas para afondar nunha visión do mundo dende Galicia, como clave parta afondarmos no autogoberno e xerarmos benestar para a cidadanía.

Logo no galeguismo hai sitio para partidos, para axentes sociais e para este movemento cívico, como existe este espazo tamén en Catalunya ou en Escocia, países cos que partillamos sentimento de identidade e europeidade, malia distinguírmonos  nun bó feixe de características e circunstancias.

O importante, en último de contas, non é o instrumento, senón o obxectivo. O importante é que o gato sexa quen a cazar ratos.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.