Decidirmos nós – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A aparente converxencia de todos os axentes políticos galeguistas e outros de decisión estatal nunha plataforma galega para as vindeiras eleccións xerais non agacha certas e importantes diferenzas de criterio. Mentres o BNG defende cinguir o acordo ás forzas e sectores cidadáns non integrados noutras estruturas estatais, Podemos ou EU, maila recoñecer a singularidade do espazo políitico galego, semellan querer supeditar a eventual converxencia galega a un lexítimo proxecto que trascendería Galicia.

Velaí porque son precisas, para esta caste de procesos, grandes doses de intelixencia e xenerosidade. E porque é preciso o pulo cidadán, a forza da sociedade non encadrada en partidos políticps. ;Mais, tamén, a adhesión de ducias de alcaldes, receptores do claro plebiscito das urnas. Porque, canda o grande éxito da Marea Atlántica coruñesa, Compostela Aberta ou NósPobra, non podemos esquecer que Pontevedra, Ribadeo, Lalín, Carballo, Teo ou mesmo Narón optaron por decisións en clave de partido moi vencelladas á persoa ou á equipa  gañadoras. Galicia é plural e poliédrica na súa expresión política. Descoñecelo e pormos  o piloto automático é un camiño seguro para o fracaso.

De certo que a converxencia cara ás estatais non pode caer no erro de excluir ás forzas e persoas que non se consideren nacionalistas ou galeguistas. Na Galicia actúan importantes axentes do cambio que arelan unha fonda remuda das estruturas institucionais e políticas estatais.Mais esa pertenza ou referencia non impide a converxencia, porque en moi grande parte son obxectivos partillados cos galeguistas: transparencia, participación cidadá, loita contra a corrupción ou o afortalamento do Estado do Benestar.

Mais o que si constituiría unha liña vermella nesta plataforma de converxencia é o seu centro de decisión na Galicia: decidirmos nós. O que esixe a formación dun grupo parlamentario de noso, independente de calquera outro. Que non quitaría para colaborar con outras forzas estatais, vascas, catalás ou doutros territorios para acadarmos os obxectivos comúns nos eidos da rexeneración democrática, da afirmación dos servizos públicos e da reforma constitucional que amplíe e blinde o noso autogoberno, chave do noso benestar

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.