Reformarmos a Constitución – Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A Galicia e a España do 1978 non son as mesmas ca as do 2015. A evolución social, tecnolóxica e económica, mais sobre todo a superación das circunstancias da transición (as resistencias dun franquismo sociolóxico que aínda dominaba naquel ano os resortes burocráticos e militares do Estado) xustificarían unha modificación real das regras do xogo, deturpadas hoxendía, tamén,  pola ocupación das estruturas de poder polas elites do bipartisdismo dinástico PP-PSOE.

No nível estatal é urxente a independencia real do Poder Xudicial, anulada pola política de provisión de prazas que rexe na Audiencia Nacional e nos  Tribunais Supremo, de Contas e Constitucional. E pola axenda temporal destes Tribunais. Tamén son urxentes marcos regulatorios que garantan a transparencia e a participación cidadá e a efectividade dos dereitos sociais á saúde, á vivenda e ao ambiente, entre moitos outros que a Constitución vixente enunciou como obxectivos sociais , mais-que nunca garantiu.

Pero, se falamos de Galicia, resulta evidente que o sistema estatutario deseñado no 1978 crebou, á vista do continuo proceso de recentralización que non respectou a distribución do Poder que se deseñou naqueles anos do 1978 ao 1981. Galicia hoxe non pode decidir o seu sistema educativo, o seu financiamento nin as políticas sociais e económicas que poden resolver os seus problemas. O nível real do autogoberno carece da virtualidade precisa para xestionar as nosas infraestruturas viarias, portuarias e  aeroportuarias e tamén para deseñar os instrumentos que muden a nosa demografía, ordenen o noso territorio e administración e lle dean pulo ás nosas empresas.

A Constitución vixente deseña un sistema de reforma agravado que non tería porque ser preciso para a implantación dun Estado verdadeiramente descentralizado. É dicir, un Estado en rede, que recoñeza a plurinacionalidade e o carácter plurilingüístico e pluricultural do que chamamos España. Que substitúa ese cerebro que todo o pensa e todo o entende (sempre vencellado ás elites  beneficiarias do capitalismo castizo do BOE) por unha descentralización real na regulación social,  económica e política.

O avance social e cidadán na España vai vinculado intimamente ao avance do recoñemento xurídico-político da plurinacionalidade. E xa non se pode mirar cara outro lado.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.