Cidadanía e nova política – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A resposta austericida que os Gobernos lle deron  á Gran Depresión, xunto coa deterioración política manifestada no divorcio entre amplos sectores sociais e o bipartidismo dinàstico que  monopolizou as Institucións os últimos trinta anos, foron o caldo de cultivo da toma de conciencia cidadá, da repolitización de moita xente. Milleiros se decatan que eles e a súa contorna empobrecéronse, quer ao perderen o traballo ou a  súa pequena empresa, quer o veren reducidos ou precarizados os seus ingresos. E fronte este empobrecemento os Gobernos sanean a banca e recurtan a cobertura do desemprego, a sanidade, a educación e os servizos sociais, agravando substancialmente a mancada situación das clases medias e traballadoras. Mentres, abrollan centos de casos de corrupción que evidencian o afastamento de PP e PSOE a respecto dos problemas da maioría social. PP e PSOE amósanse moito máis pendentes de manter a súa capacidade de empregar aos seus ca de artellar políticas de crecemento que xeren emprego e recadación fiscal. Velaí o suceso da representación simbólica de PODEMOS: eles son a casta e non nos representan.

Na Galicia ocorre todo isto cando formáramos as xeracións máis preparadas da nosa historia. Que ducias de milleiros de persoas novas e amplamente formadas tiveran de emigrar contribuiu rachar o pacto social da transición, por mor da corrupción e desinterese bipartidista.

Considérase, logo,  que non só hai que modificar substancialmente as políticas, senón que a cidadania ten de protagonizalas, que os veciños e veciñas han voltar á praza. Velaí a nova axenda: transparencia, limitación de mandatos, candidaturas brancas, candidaturas abertas. Mais os outros partidos, tradicionais alternativas ao bipartidismo, non foron permeábeis a este novo paradigma. Eis o auxe de Podemos primeiro e das marés, despois.

Cunha cidadanía máis formada e consciente, a política terá-xa as está a ter- estruturas moito máis líquidas. Non son tempos xa de organizacións políticas centralizadas e burocratizadas ou de solucións para o pobo sen contar co pobo. A nova política, que prioriza o protagonismo cidadán, veu para ficar.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.