Podemos e o factor nacional (I) – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A Podemos hai que lle recoñecer varios méritos evidentes. Foron os primeiros que souberon ler a xeito as novas prioridades da axenda política que marcaron as mobilizaciòns do 15-M. Souberon repolitizar amplos sectores das capas medias dende a súa pedagoxía a respecto da relación entre corrupción, “casta política”· e gobernanza na crise económica. E recoñecen abertamente que o Estado español é un Estado plurinacional, cuestión certamente inèdita no contexto das distintas forzas de ámbito estatal.

Para mellor administrar o seu suceso nas eleccións europeas do 2014, Podemos decidiu non participar nas pasadas municipais apoiando en Galicia (  non en todos os casos e dende logo con desigual intensidade) a determinadas Mareas ou candidaturas de unidade cidadá. E, ao tempo, deseñou unha estrutura orgánica fortemente centralizada, que garantía todo o poder interno a un grupo pequeno e cohesionado en Madrid arredor de Iglesias, Errejón ou Bescansa, até o extremo de adoptar as  decisións sobre as candidaturas ás xerais nunha votación a nível estatal. Das resultas destas decisións, enfraqueceu substancialmente o debate e a participación nas distintas estruturas internas. Mentres, a atención cidadá centrábase nun modelo de participación democrática moito máis horizontal: o das distintas mareas e candidaturas de unidade cidadá, que fornecían os requirimentos da xente de que non só mudasen as políticas, senón que se contase coa  súa participación activa para esa remuda.

Mais Podemos esqueceu tamén a clave territorial, malia a valiosa proclamación do seu respecto á plurinacionalidade do Estado e, deste xeito, atopouse co rexeitamento do nacionalismo mallorquín de Mes e de dúas das principais forzas coaligadas no Compromís valencíá a partillar candidatura con eles. En Catalunya erraron na lectura da clave electoral, ficando diluídas nunha mensaxe confusa que moitos tentan sumar sen xeito na conta dos votos unionistas.  Barcelona en comú, a candidatura que levou Ada Colau á Alcaldía, abstívose de adherir Podemos no pasado proceso electoral  e agora ofrece unha ampla coalición, mais de soberanía estritamente catalá na que Podemos sexa unha peza importante, pero unha peza máis.

O de Galicia é aínda máis complexo. Seguirémosllo a contar moi axiña.

         

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.