A necesidade polìtica da confluencia- Xoàn Antón Pérez-Lema

46bc3-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Tres novas enquisas publicadas nos últimos días pola Sexta, ABC e La Razón prognostican que o PP e máis C´s  quitarían maioría absoluta. Á vista destes catro anos e das propostas dos de Albert Rivera semella que enfrontaríamos novos tempos de sofrimento para os servizos públicos e os intereses das maiorías sociais, en xeral, mais tamén para o autogoberno e, con él, para as posibilidades de reactivación económica de Galicia.

Velaí que sexa precisa esa ampla converxencia do galeguismo e do progresismo para enfrontar as dúas claves da vindeira lexislatura estatal: a territorial e a das persoas. Tendo en conta que as reformas institucionais que posibiliten a blindaxe e substancial incremento do autogoberno son clave para os intereses da nosa xente. Galicia non ten peso poboacional nin económico no Estado e as bases da súa economía non son importantes para ningún partido estatal. Precisamos, máis ca ninguén, un autogoberno eficiente e ben financiado para garantir o benestar da nosa poboación.

Esta chamada á unidade foi quén a ilusionar milleiros e demostrou que as eivas para a unidade non están na cidadanía do común, senón nas cúpulas políticas. E aí non fica ninguén exento de culpa. Porque se o preacordo de Podemos, Anova e EU supuxo unha emenda á totalidade a un proceso aberto e baseado no protagonismo cidadán, a ausencia do BNG á xuntanza de partidos e organizacións do 2 de outubro tampouco contribuiu ao progreso deste proceso de converxencia.

Remata o tempo. Dez candidaturas municipais de unidade veciñal, Compromiso por Galicia e ducias dos nosos máis senlleiros intelectuais e pensadores veñen de facer as derradeiras chamadas á unidade. Todos sabemos que o acordo é posíbel dende a intelixencia e a xenerosidade. Impedilo será un grave erro histórico e contribuirá directamente ao noso empobrecemento e á nosa irrelevancia .

Pola contra, facer posíbel esta confluencia e abrir canles para a participación cidadá na súa xestión e gobernanza dotaría a Galicia dun instrumento potente para a súa afirmación e defensa do seu autgoberno e dos seus intereses económicos e sociais, mais tamén para animar e estruturar a profundizaciòn da democracia e o progreso da economía, garantíndolle á nosa xente o benestar ao que ten dereito.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.