O sector lácteo á intemperie – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Algúns xa dixemos que o acordo lácteo asinado en setembro en Madrid non era quén de amañar  a desfeita no sector lácteo galego. Case tres meses despois segue a existir unha diferenza media de até 10 cts/litro entre o leite vendido en Galicia (26-28 cts/litro)  e o prezo de venda medio no Estado. Calcúlase en 32-34 cts/litro o prezo mínimo para cobrir gastos.

Velaí, pois, como moitos dos axentes sociais do sector veñen de reproducir as súas mobilizacións, con algunha excepción que preferiu non secundalas, como a Organización de Produtores do Leite, que sobranceou nas mobilizacións de agosto e setembro. Porén, o seu coordinador estatal, Ano Escariz, afirma sen dúbidas que “Éste é un problema de país, tendo en conta a importancia social, económica e ambiental deste sector, que vertebra grande parte do noso medio rural. Deixar fundir o sector lácteo galego tería non só un grande impacto económico e social, senón tamén ambiental e demográfico, desertizando de vez amplas comarcas de Galicia.”

Nesta nova xeira, nas superficies comerciais, aproveitando a grande simpatía que  as consumidoras galegas amosaron a repecto das reivindicacións do sector, o prezo de venda ao público medrou até 4 cts./litro, mais só en beneficio da industria láctea e do propio distribuidor. O produtor, causante teórico dunha suba aceptada polo consumidor responsábel, fica en último de contas á marxe dos seus gaños.

No ámbito da Administración galega, compre denunciar a absoluta tolerancia na actuación de primeiros compradores sen estrutura empresarial e produtiva, que se limitan a especular co leite en prexuizo do prezo recebido polo gandeiro (que ás veces baixa até 18 cts./litro). Esta actuación é claramente disturbatoria da libre concorrencia e como tal hab´ñia ser reprimida. Mais aínda non lle escoitamos ren nin á Conselleira nin ao Presidente Feijóo a respecto desta cuestión.

Galicia é o único país entre os dez primeiros territorios lácteos da Europa que nos últimos cinco anos non coñeceu ningún proxecto investidor superior aos 20 M€,  como nos deu a coñecer recentemente o profesor da USC Edelmiro López Iglesias. Expertos, produtores, cooperativas e axentes empresariais sinalan unáimemente ao desleixo da Xunta como principal responsábel.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.