¿Como votar ó Senado? – Iñaki Martínez

senado¿Como votar ó Senado?

Xa temos enriba as próximas eleccións xerais nas que eliximos deputados e tamén senadores. A elección entre as diferentes candidaturas ó Senado a adoitamos facer co mesmo criterio que a de deputados, a pesar do moi diferente carácter da cámara e da votación. Case o mesmo facemos cando votamos ó Parlamento Europeo, sendo un órgano de control e un contrapeso do poder da Comisión, adoitamos elixir os eurodiputados como se fosen deputados do Congreso Español e fosen a determinar o goberno da Unión Europea.

O Senado é unha cámara conservadora cuia función é dar unha segunda opinión na tramitación das leis. Conservadora porque nela están sobre-representadas as provincias máis agrícolas, con maior poboación e máis envellecidas. O sistema de voto ó Senado é de tipo maioritario, polo que tende a favorecer o bipartidismo, é difícil que saian elixidos senadores que non pertenzan as dúas principais listas de cada circunscrición. Porén, as candidaturas ó senado son listas abertas que nos permiten combinar candidatos de diferentes listas, a pesar de que a grande maioría dos votantes non fan uso de esta opción e votan a un só partido. O Senado non elixe ó presidente do Goberno español e tampouco é quen de evitar a aprobación dunha lei, polo que igual que ten pouco poder tampouco é doado que cause grandes problemas.

Así que pode ter bastante sentido votar para ó Senado algo distinto que o que votamos para o Congreso, dado que os senadores non van a elixir ó Goberno e van a facer un control (non vinculante) da actividade do Congreso. Ademais se pode dicir que o que elixamos para o Senado vai ter menos consecuencias polo que, a pesar de que é difícil que saian senadores de opcións non maioritarias, podemos votar máis ó que nos pete sen ter tan en conta a cuestión do “voto útil” pois, aínda que saia maioría absoluta no Senado do partido que peor nos cae ou fose controlado por algunha forza de comportamento pouco previsible (o partido animalista, por poñer un exemplo hipotético), os efectos prácticos desta composición do Senado serían moi escasos.

En resumo, que podemos votar ó Senado de maneira distinta ó Congreso para aproveitar mellor as características específicas desta cámara. Algún exemplo:

  • Rigoberto Pereira adoitaba ser votante do PSOE máis quedóu decepcionado por como o último Goberno socialista enfrontou a crise e como a oposición socialista se posicionou ante a crise grega, polo que agora pensa votar a En Marea. Máis para facer algo máis doce a perda de votos ó PSOE lles votará para o Senado.
  • Curruquita García-Bracamonte é unha señora de lei e orde e votará como sempre ó PP. Pero lle amolou a retirada da reforma da regulación do aborto que tiña preparado Gallardón, polo que para o Senado, non presentándose VOX, votará á opción máis antiabortista, o SAIn, aínda que noutras cousas sexan un pouco esquerdistas.
  • Xosé Pingalla cree que Ciudadanos é a opción que apoia mellor ós pequenos industriais coma el, encántalle a posibilidade de pagar aínda menos ós seus dous empregados, así que elixirá a Ciudadanos para o Congreso. Pero non quere castigar demasiado ó PP, que entende que é unha garantía de seriedade, polo que lle dará dous votos para o Senado mentres que o terceiro llo dará a Terra Galega, formación á que pertence un cuñado seu.
  • Evaristo Fendetestas pensa que o Senado é unha cámara supérflua que debería ser eliminada, así que, con intención de sabotear o Senado, votará as candidaturas que pensa que poden distorsionar máis o seu funcionamento, repartindo os seus votos entre Comunistas da Galiza, o SAIn e o Partido Animalista.
  • Cándido Pardiñeiro en tempos votaba ó PSOE pero nas últimas votóu a UPyD porque lle semellaba un partido máis moderno e porque pensa que esas cousas das ideoloxías xa están superadas, aínda que nunca votaría á dereita. Como semella que estas eleccións UPyD xa non está moito na onda, votará a Ciudadanos, que o malpocado cree que tampouco é nin de dereitas nin de esquerdas. Pero os de UPyD lle seguen a resultar simpáticos así que daralles algún voto para o Senado.
  • Ernestina Ventureira vai votar a En Marea para o Congreso, pero pensa que o BNG levou demasiada malleira nas últimas eleccións e quere animalos un pouco. Ademais pensa que non viría mal unha voz nacionalista galega no Senado porque ¿non se supoñía que ía ser unha cámara de representación federal? Así que para o Senado votará a Nos-Candidatura Galega.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Iñaki Martínez. Guarda el enlace permanente.