A decision de Feijoo – Xesús Veiga

1f31c-xesusveigaA  DECISION  DE  FEIJOO

Durante os últimos meses, Alberto Núñez Feijoo semellaba ser o protagonista dun filme de suspense a respecto da súa decisión final sobre unha nova candidatura á presidencia da Xunta.Hai quen pensa que todo foi unha premeditada campaña publicitaria para vender con mais rendibilidade unha opción xa tomada dende o principio.Non acredito nesta visión tan benevolente co suposto maquiavelismo do presidente do PPdG.Estamos sen dúbida ante un dirixente político moi ambicioso, extraordinariamente alérxico a calquera estratexia que non asegure, cunha grande probabilidade, a súa vitoria persoal e afeccionado ás sobreactuacións mediáticas.Sendo todo iso certo, tamén é verdade que, nesta ocasión, Feijoo non tiña como alternativa prioritaria recuncar como candidato a presidir o goberno galego.Pola combinación de dúas razóns:as poucas garantías para repetir os resultados acadados nos comicios de 2009 e de 2012 e o irresistíbel desexo de culminar a súa carreira como figura emerxente do PP estatal.O inmobilismo patolóxico de Rajoy –ademais das fotos con Marcial Dorado- atrancaron, polo momento, a ruta cara á rúa Génova e, no seu caso, á Moncloa.Constatada esa imposibilidade, podía buscar unha saída na empresa privada apelando á promesa de non sobordar os dous mandatos presidenciais ou aceitar as abondosas peticións dos cadros do seu partido para tratar de frear a erosión electoral certificada nas últimas municipais.

Aínda que o da porta xiratoria empresarial tivera algo de farol coa intención de presionar ao “marianismo” gobernante, o problema desa fuxida non era cativo:a eventual desfeita electoral do PPdG ficaría, para sempre, no debe do seu currículo e pecharía definitivamente o camiño de volta á política de ámbito estatal.Xa que logo, Feijoo ficou prisioneiro do cesarismo que tanto cultivou na última década.E como dirixe un partido que non acredita na importancia de promover a rexeneración democrática, era imposíbel agardar un comportamento coherente a respecto do compromiso adquirido de non concorrer a un terceiro mandato.O espectáculo ofrecido por dirixentes provinciais e locais do PP foi revelador da febleza asociada á indiscutíbel fortaleza derivada da implantación territorial e sectorial deste partido:todos pediron que Alberto, o Mesías, non os deixara orfos na vindeira cita electoral.A posibilidade dunha derrota excitou as seculares dependencias que caracterizan o adn desta formación política.As cadeiras de San Caetano valen moito mais que cumprir a promesa dos 8 anos.Manter o poder:velaí o obxectivo que mobiliza a todo o aparato “popular”.Sobre todo cando, como agora, hai mais dúbidas que nunca sobre a viabilidade de tal obxectivo.

Na calculadora do inquilino de Montepío, a fixación da data estará condicionada á eventual repetición das elección estatais.A coincidencia, nesta ocasión, non é bo negocio para quen, como Feijoo, ten acumulado un menor desgaste do que posúe Rajoy.A menos que Iñigo Urkullu adiante as eleccións vascas, outono será o previsíbel horizonte dunha consulta que permitirá avaliar a capacidade de atracción dos distintos segmentos (Mareas, PSdG,BNG) que conforman os vimbios dunha potencial alternativa de goberno.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.