REVIRAVOLTA EN VARIAS CIDADES GALEGAS.-Xoán Antón Pérez-Lema*

Moito mudou o mapa electoral nas votacións de onte. Comezando pola capital compostelá, onde  o ex alcalde Bugallo asinou un trunfo  en clave persoal, axudado por unha candidatura transversal que sobiu a marca de 4 a 10 concelleiros, mentres Compostela Aberta (CA)  pagaba o custo da división do espazo de cambio e unha manifesta falla de xestión transformadora e perdía a metade-5- dos seus antigos 10 concelleiros, o PP perdía un ( de 10 a 9) e o BNG mantiña os 2 que tiña.

Na Coruña Inés Rey pode ser alcaldesa, con 9 concelleiros , empatando en escanos, pero non en votos, cun PP que perde un, malia reter o posto de forza máis votada.  Substituírá a  Xulio Ferreiro que perdeu o 40% da representación da Marea Atlantica (10 no 2015, agora 6), mentres o BNG dobrou a súa representación, sobindo de 1 a 2. Tanto no suposto de Ferreiro como de Noriega demostrouse  que os votos non teñen dono e que probàbelmente os mesmos sectores electorais que deixaron o PSOE no 2015 voltaron agora. En calquera caso, en ambas as dúas ciudades, o PSOE precisará para a estabilidade de cadanseus gobernos de pactos con  CA e a Marea Atlàntica. Na Coruña unha improbàbel abstención dos de Xulio Ferreiro daríalle a alcaldía a Bea Mato.

En Ferrol Rey (PP) ficou ás portas da maioría absoluta (quitou 12 de 25) diante do fracaso de Ciudadanos, que perdeu a súa representación. Poderá gobernar o PSOE canda Ferrol en Común (que perde a metade dos seus 6 concelleiros) e o BNG que obtén 2, mais aquí son precisos BNG, os comúns e máis o PSOE para construir un máis ca probábel tripartito.

O PP obtivo un bó resultado en Lugo, obtendo 10 concelleiros como candidatura máis votada, mais o BNG sobiu de 2 a 5, na súa mellor progresión na Galicia urbana e poderá cogobernar coa alcaldesa Lara Mèndez. Mentres, en Ourense, o PSOE poderá gobernar como forza máis votada, dende os seus 8 concelleiros, tendo en conta que Democracia Ourensá, con 7 concelleiros, non lle dará apoio ao bloque da dereita (PP +Ciudadanos).

O BNG obtén un grande trunfo en Pontevedra, ás portas do concelleiro nº 12 con case o 40% dos votos. Canda o PSOE é a forza que máis cumpriu os seus obxectivos, voltando aos concellos de Vigo (con 1) e ao de Ourense (con 2) e avanzando substancialmente en Ferrol, Lugo e A Coruña, mentres obtén o primeiro posto en 24 concellos con varias maiorías absolutas importantes.

Perden as distintas Mareas, polo menos nas principais ciudades. Perde Ciudadanos, que amosa a súa irrelevancia no noso País (Vox nin existe) e perde o PP, malia que amose aínda unha grande forza que non lle permitirá, porén, gobernar ningunha das grandes ciudades.

E gaña sobre todo o PSOE. Dende a inédita maioría absoluta de Abel Cabañero (20 sobre 27) e a maioría absoluta de Vilagarcía até as futuras alcaldías de Lugo, Ourense, Ferrol, Compostela e A Coruña.

Agás Vigo e Pontevedra as demáis ciudades galegas deron, na súa fasquía electoral unha grande reviravolta.

*Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.