A sardiñada comezou onte as nove da noite. Rematou xa moi anoitecido.
Recollemos na casa do Foucellas, un amigo agnóstico declarado en tempo de paz, unha manchea de carozos para as brasas, e, o noso provedor de confianza, Xan do Mariño, facilitounos mais dun cento de sardiñas do xeito, que levaban agardando dúas horas no sal.
Os cachelos cocidos con loureiro e mais unto, fumeaban nunha pota cubertos con un pano amoroso de flores silvestres.
Asounas o propio amigo Xan que ten desde sempre a virtude de por a grella a altura xusta para que o peixe se ase paseniñamente, e tamén porque ten os dedos de amianto, pois nin sufre nin padece ao darlles a volta delicadamente as “pilchardus”, que é coma se chaman cientificamente as sardiñas segundo Marcos o noso biólogo mariño sabio e afeccionado a este peixe. Seguir leyendo




