Xesús Veiga
O pasado 4 de Xaneiro aparecía recollido no xornal “El Pais” que “O Tribunal Constitucional considera que a liberdade de expresión dos militantes dos partidos está limitada pola súa pertenza a unha organización na que participan voluntariamente e á que, polo tanto, deben fidelidade”. Segundo esta información o Tribunal denegou o amparo solicitado pola afiliada socialista asturiana Susana Pérez-Alonso ante a sanción de suspensión de militancia adoptada polo seu partido como resposta á crítica públicada formulada por ela debido á non realización de primarias no concello de Oviedo antes das eleccións municipais de 2007.
O Constitucional vai moi lonxe na súa sentenza: considera que os dereitos, mesmo os fundamentais, están limitados pola pertenza a unha organización e, xa que logo, a liberdade de expresión debe ficar subordinada á lealdade debida ao partido. Ate o momento, os tribunais de xustiza limitabanse a comprobar que existía unha congruencia entre a medida punitiva acordada polos orgaos dirixentes dunha forza política e os procedementos establecidos nas súas normas estatutarias. Nesta ocasión, o máximo interprete da Constitución decidíu reforzar a figura dos partidos como pezas básicas do sistema político vixente: quen desexe discrepar abertamente debe asumir as consecuencias disciplinarias que se podan derivar da publicidade dos seus puntos de vista diverxentes. Seguir leyendo



