Otra vez a vueltas con las encuestas, o algo parecido
Sitios de interés
-
Categorías
septiembre 2026 L M X J V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Estadísticas del blog
- 193.174 hits
Otra vez a vueltas con las encuestas, o algo parecido
A Academia Galega do Audiovisual entregou n´A Coruña os Premios Mestre Mateo. Unha gala marcada polo absoluto dominio d’“O descoñecido”(12 agasallos de 16 dominacións). Tamén pola axeitada visibilización dos técnicos que fan posíbel os nosos produtos audivisuais (rexedores, eletricistas, carpinteiros de rodaxe), que por primeira vez entregaron parte dos agasallos. E pola preocupación por acadar meirandes cotas de igualdade de xénero. Nin unha soa directora entre os catro nominados. Como para pensar e actuar.
Salientábel foi a ausencia do Goberno de Galicia e do partido que o mantén. Nin o Presidente, nin o Vicepresidente non un só Conselleiro. Tampouco foi o voceiro parlamentario do PP. Contrastaba esta ausencia coa presenza de todos os demáis partidos, nomeadamente dos da nova política. Se o PP quería amosar en público a súa despreocupación e desafección a respecto do futuro dun sector da importancia económica e cultural do audiovisual galego conseguiuno. Mensaxe recebida, Monte Pío. Seguir leyendo
Revelásenos agora que o goberno ZP-PSOE do 2011 quitou Panamá da listaxe de paradisos fiscais por mór de lle garantir ás construtoras do IBEX 35 a adxudicación das obras da Canle de Panamá. Calquera xerente ou directivo dunha mediana empresa galega contaralles o absoluto desleixo co que miran os servizos diplomático e consular españois os seus esforzos de internacionalización. En Madrid os nosos adoitan ser os do palco do Bernabeu. Non por acaso algúns condenaron Anxo Quintana aos leóns por tentar que a enerxía galega aproveitase á cidadanía e aos emprendedores deste País no canto de favoreceren ao capitalismo de amiguetes do IBEX 35 (agás algunha excepción e, moi nomeadamente, Inditex).
Visto o que vimos, miñas donas e meus señores, compre matinar un chisco sobre se a axenda social a executar, as medidas cidadás a desenvolver poden ser enxergadas dende un Centro, Madrid, pexado cos vicios dun inxusto, ineficiente e atrasado sistema de apropiación, contrario ás máis elementais regras da libre concorrencia ou dependerán, máis ben, dun proxecto nacional, semellante ao vasco, escocés ou islandés (con cadanseus 2,1 M, 5,1M e 0,4 M de habitantes). Nós temos 2,7M. Seguir leyendo
QUIEN OLVIDA LA HISTORIA ESTA CONDENADO A REPETIRLA
Durante os últimos meses, Alberto Núñez Feijoo semellaba ser o protagonista dun filme de suspense a respecto da súa decisión final sobre unha nova candidatura á presidencia da Xunta.Hai quen pensa que todo foi unha premeditada campaña publicitaria para vender con mais rendibilidade unha opción xa tomada dende o principio.Non acredito nesta visión tan benevolente co suposto maquiavelismo do presidente do PPdG.Estamos sen dúbida ante un dirixente político moi ambicioso, extraordinariamente alérxico a calquera estratexia que non asegure, cunha grande probabilidade, a súa vitoria persoal e afeccionado ás sobreactuacións mediáticas.Sendo todo iso certo, tamén é verdade que, nesta ocasión, Feijoo non tiña como alternativa prioritaria recuncar como candidato a presidir o goberno galego.Pola combinación de dúas razóns:as poucas garantías para repetir os resultados acadados nos comicios de 2009 e de 2012 e o irresistíbel desexo de culminar a súa carreira como figura emerxente do PP estatal.O inmobilismo patolóxico de Rajoy –ademais das fotos con Marcial Dorado- atrancaron, polo momento, a ruta cara á rúa Génova e, no seu caso, á Moncloa.Constatada esa imposibilidade, podía buscar unha saída na empresa privada apelando á promesa de non sobordar os dous mandatos presidenciais ou aceitar as abondosas peticións dos cadros do seu partido para tratar de frear a erosión electoral certificada nas últimas municipais. Seguir leyendo