Europa cumple años. Con poca gloria y mayor pena – Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayEUROPA CUMPLE  AÑOS.  CON POCA GLORIA Y MAYOR PENA

Con bastante pena y poca gloria se celebra el 66 aniversario del acta de nacimiento de lo que sería génesis de la actual UE. Apenas  habían pasado cinco años del final de un guerra brutal, que dejó en la cuneta cerca de 45 millones de víctimas, y asoló por segunda vez el continente europeo en menos de veinte años, cuando se produce el intento de integrar las diversas potencias enfrentadas en un horizonte conciliador. La “Declaración Schumann”. sentó las bases para ello. El proyecto que se inicia, parte de considerar columna vertebral los Derechos Humanos, y abogará a través de los sucesivos tratados que van articulando la UE, en pro de la dignidad de las personas, la libertad, la democracia, la igualdad y el Estado de Derecho.

Robert Schumann, Ministro francés de Exteriores a principios de los años cincuenta, es uno de los padres fundadores de la UE. En cooperación con Jean Monnet, elaboró el  Plan que lleva su nombre, anunciado el 9 de mayo de 1950, fecha que se adopta como día de nacimiento de la Unión. Propuso el control conjunto de las producciones de carbón y acero, entendidas como las materias primas más necesarias de la industria del armamento, para con ello, frenar contextos bélicos. Algo que compartió el Canciller federal alemán Adenauer, y que  obtendría la anuencia de los gobiernos de Italia, Bélgica, Luxemburgo y los Países Bajos. Sintonía en orden a convenir Europa como espacio de paz. Así fraguó en París en abril de 1951 el acuerdo de la Comunidad Europea del Carbón y del Acero, (CECA) y el nacimiento de la  Europa de los seis. Herbet Butterffield, señala refiriéndose a Copérnico y a la tesis heliocéntrica, que marca un antes y un después, “más que abrir época, se ve claramente que está, cerrando una” Algo que podría ser  lo ocupaba en el momento a los padres fundadores, más que toda la proyección de futuro sobrevenida. Seguir leyendo

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Comentarios desactivados en Europa cumple años. Con poca gloria y mayor pena – Antonio Campos Romay

Los pueblos tienen el gobierno que merecen y los españoles nos estamos ganado el próximo a pulso – Isidoro Gracia

57454-isidoroLos pueblos tienen el gobierno que merecen y los españoles nos estamos ganado el próximo a pulso
Discrepo profundamente en dos cuestiones que hoy están asumidas por una mayoría: Que toda la culpa de lo que pasa es de los políticos en general  y que la Democracia española es cara.
Empieza el periodo electoral y medios de comunicación, comentaristas y tertulianos varios, incluso alguna fuerza  política, ocupan la práctica totalidad del tiempo de debate a temas tan  secundarios como la vestimenta o aficiones de los candidatos, olvidando lo básico: cuales son los objetivos del proceso electoral democrático, a saber, valorar los hechos del gobierno saliente y la credibilidad de las ofertas de los que pretenden sustituirle, basándose también en los logros de las fuerzas y partidos que las hacen, entendámonos, no por lo que piden sino por lo que consiguen, allí donde han gobernado o gobiernan..
Creo que es de Vargas Llosa la frase: “Por regla general, los pueblos tienen los gobiernos que merecen tener, aunque luego se arrepientan.»
Así pues si los electores vuelven a dar su confianza a quien ha incumplido las promesas realizadas para acceder al gobierno,  no podrán alegar engaño y responsabilizar a los dirigentes del partido triunfante, si es el mismo,  oportunidad para arrepentirse y actuar en consecuencia se la está dando este proceso electoral.
Un par de ejemplos aclararán las ideas. Si se prometió bajar los impuestos y al final del mandato han subido, en especial los más injustos, y se vuelve a votar porque se vuelve a prometer reducirlos, el ciudadano se hace corresponsable de la política fiscal que se realice en el nuevo mandato. O si se prometió empleo, como herramienta de reparto de la riqueza que el crecimiento obtenido aporta, y en el mandato anterior la masa salarial ha disminuido muy notoriamente, el ciudadano tiene que saber que es él el que autoriza con su voto, o su abstención, a que se continúe esquilmando a las clases medias y bajas a favor de unas minorías muy concretas y que no siempre habitan en España, crecer por crecer significa muy poco si no se añade para qué o para quién.

Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Comentarios desactivados en Los pueblos tienen el gobierno que merecen y los españoles nos estamos ganado el próximo a pulso – Isidoro Gracia

A vitoria do nacionalismo escocés – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Para entendérmonos ben os resultados electorais do pasado xoves na Escocia, compre entender o seu sistema electoral. O Parlamento escocés conta con 129 escanos (“seats”), dos que 73 (“constituency seats”)  elíxense a medio dun sistema maioritario (gaña o escano o que gaña por maioría simple) e 56 elíxense a medio dun sistema proporcional. a razón de 7 por cada unha das 8 rexións electorais nas que se divide o país.

É un sistema pensado para que non haxa maiorías absolutas. E malia isto, no 2011 os nacionalistas do SNP acadaron ésta (69/129 deputados). Agora ficaron dous escanos por baixo dela (63/129), malia que aumentaron os seus votos na elección maioritaria dos 73 distritos uninominais (46,5% agora fronte ao 45,4% no 2011). En calquera caso, os verdes, que tamén votaron a prol da independencia no plebiscito de setembro de 2014, acadaron 6 escanos, con máis do 6% do voto ás listaxes rexionais. Xa que logo, sentarán na sede de Holyrood 69 deputados a prol da independencia fronte aos 60 unionistas. Un grande éxito para a first minister Nicola Stugeon, quen repetirá mandato gobernamental, que será xa o terceiro para o SNP.

No unionismo produciuse unha reasignación de voto a prol dos conservadores de Ruth Davidson, que obtiveron 31 escanos (tiñan 15), fronte á grave derrota laborista (gañan 24, perdendo 13 escanos). Os conservadores gañaron todos os distritos uninominais dos borders lindanets con Inglaterra e o centro de Edinburgh e os laboristas perderon votos fronte aos nacionalistas, os verdes e os propios tories. Pola súa banda, os lib dem mantiveron os seus votos e escanos, malia que perderan a cuarta praza fronte aos verdes. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en A vitoria do nacionalismo escocés – Xoán Antón Pérez-Lema

Se non hai ética non hai periodismo – Purificación Rodríguez Calvo

Purisima«Se non hai ética non hai periodismo»

Purificación Rodríguez Calvo

O pasado día 3 de maio, coincidindo co Día Mundial da Liberdade de Prensa, entregouse ao xornalista Miguel Ángel Aguilar  o XII Premio José Couso. No marco dos actos programados levouse a cabo, como é habitual, a ofrenda floral no monumento «Ás Ceibes» no Cantón de Molins en cuxo transcurso a xornalista ferrolá Purificación Rodríguez Calvo deu lectura a un manifesto que polo seu interés e coa súa autorización reproducimos a continuación.

«En decembro de 1946 as Nacións Unidas declararon a liberdade de prensa como un dereito fundamental. Sesenta anos  despois, reunidos para conmemorala, temos que lamentar que este recoñecemento estea moi lonxe aínda de supór unha garantía no seu exercicio cotián.

Nós, os xornalistas do mundo libre, só  podemos facer o noso traballo en tanto que non amolemos  ao poder. E isto é así porque, aínda que na teoría a liberdade de prensa é consubstancial á democracia, na práctica, o que resulta consubstancial a calquera sistema, incluído o democrático, é defenderse das agresións. E sacar á luz a verdade parece ser unha das peores.

Á vista dos últimos acontecementos, semella que dificilmente se pode tentar sequera contar a verdade cando as propias empresas periodísticas son, en boa parte dos casos, as meirandes valedoras do sistema, e cando os nomes dos seus responsables aparecen mesturados en turbios asuntos.

Que aqueles xornalistas un día respectados polo seu traballo, polo seu compromiso e pola súa traxectoria profesional se vexan salpicados pola lama na que a miúdo chapuzan políticos e outros prebostes da comunidade é terrible. Pero é máis terrible aínda que cando se informa ao respecto reaccionen matando, eles tamén, ao mensaxeiro. Seguir leyendo

Publicado en ACTUALIDAD | Comentarios desactivados en Se non hai ética non hai periodismo – Purificación Rodríguez Calvo

Ocorrencias nada políticas – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Un dos fenómenos políticos máis interesantes dos últimos tempos son as candidaturas de unidade cidadá ou “confluencias”, que integran partidos, axentes sociais e persoas do cómún de moi variada pluralidade. A cidadanía agasalla a unidade, recoñece a superación das diferenzas e aposta forte por esta caste de respostas políticas. Vímolo nas eleccións locais en Madrid e Barcelona e, no noso país, n’A Coruña ou Compostela.

Mais a praxe desta caste de instrumentos políticos habería ter en conta sempre que a cidadanía outorga a súa confianza para unha acción política urxente e de mínimo común denominador. Isto é, para construirmos unha gobernanza transparente e ética, para pormos a economía ao servizo das persoas e para arrincarmos a corrupción, entre outros obxectivos de ampla converxencia.

Xa que logo, estarán de máis ocorrencias como a promoción do veganismo (opción persoal respectábel, pero que non pertence ao ámbito do mandato recebido pola cidadanía), a consideración do aleitamento materno como o único xeito admisíbel  para criarmos nenos ou a imposición da doutrina decrecionista, que non é un elemento teórico de xeral aceptación entre as bases cidadás destes novos instrumentos politicos. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Ocorrencias nada políticas – Xoán Antón Pérez-Lema

¿A qué xoga Abel Caballero? – Xesús Veiga

1f31c-xesusveiga¿A  QUÉ  XOGA  ABEL  CABALLERO?

O PPdG vai chegar ás vindeiras eleccións galegas nunha situación ambivalente:ademais da súa coñecida fortaleza organizativa derivada dunha ampla presenza territorial e social, o partido de Feijoo atura un deterioro significativo da súa credibilidade por mor dos efectos combinados da crise económica e dos variados casos de corrupción.Pódese aceitar que, neste momento, o candidato Feijoo está menos queimado que Rajoy e posúe, ademais,  algunhas vantaxes adicionais.Unha das mais relevantes é a imaxe ofrecida polo PSdG.Ademais da caída de Besteiro e da endémica cantonalización da organización –incentivada pola actual posición hexemónica de Abel Caballero-, o penoso espectáculo deparado polas negativas  de diversos dirixentes a participar na elección do cartel electoral, certifica que non existen expectativas sólidas no propio núcleo encargado de crear un clima de confianza de cara a esa confrontación electoral.

Previsibelmente, o argumentario da campaña do PPdG vai bater nunha das debilidades mais evidentes da oposición.As tres cidades (A Coruña, Santiago, Ferrol) que podían exemplificar as virtualidades dunha futura alternativa gobernamental en San Caetano viven instaladas nunha forte desencontro entre as Mareas e o Partido Socialista.A pedagoxía que se está facendo non favorece a credibilidade necesaria para canalizar o descontento existente polos 8 anos de goberno do actual inquilino de Montepío.Os dirixentes socialistas teñen a responsabilidade principal na xestación e mantemento desta situación.No canto de propiciar e participar en acordos de gobernabilidade,adoptaron unha liña de oposición belixerante que non dubidaron en compartir, nalgunhas ocasións,  cos propios grupos municipais do PP. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Comentarios desactivados en ¿A qué xoga Abel Caballero? – Xesús Veiga