AS CONTRADICIONS DA PRESIDENTA DO PARLAMENTO DE GALIZA
Dona Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento de Galicia, nunha entrevista dunha plana na Voz de Galicia (10/01/2015- pág. 12) exprésase ante Galicia e ante os galegos en idioma castelán. Está no seu dereito. Como cidadán galego, e como ex – deputado do Parlamento de Galicia desexo coa maior cortesía – estando tamén no meu dereito -, pedirlle amablemente que por un mínimo de coherencia e respecto a Galicia, recapacite sobre a conveniencia da súa permanencia como Presidenta da Cámara que representa o noso autogoberno e á cidadanía galega.
A Presidenta da Cámara, representación máxima da voz común dunha nacionalidade historica, (unha rexión mais seguramente nas claves de Dona Pilar), parece incapaz de mostrar un mínimo de sensibilidade ante o alto cargo que lle foi conferido. E desde o cal debe velar polas sinais de identidade do noso pobo. Entre as que o idioma é unha das máis destacadas. Quizais Dona Pilar minimice a súa alta maxistratura presidindo a expresión máxima da vontade do noso país, a ser unha mandada, non pola soberanía galega, senón polo seu compañeiros de grupo de parlamentario e polo seu xefe, o Sr. Feijoo. Seguir leyendo


