MANIPULACIÓN GLOBALIZADA.-José Luis Ortiz*

El mensaje directo y claro que quiero trasladar en este artículo es que no todo lo que sale en la televisión o en los diferentes medios de comunicación tiene que ser necesariamente certero.

Más bien, me atrevo a decir que en esta sociedad globalizada, en la que priman los medios de comunicación, me da la impresión que lo que no sale en ellos no existe.

Es decir, lo que no digan u oculten en la televisión no existe y lo que aparece sí que existe, aunque no sea más que un montaje,

Ejemplos no faltan, de hecho, en España e internacionalmente lo probaron con un resultado de un 100 % de éxito.

El falso documental de Jordi Évole sobre el 23F que se titulaba “Operación Palace” , reconocido por el mismo al final del mismo.

En 1990 , en la caída de los regímenes de Europa del Este con el documental sobre la masacre de Timirsoara consumada por el dictador rumano Nicolae Ceacescu.

Otro caso fue el discurso de las presuntas armas químicas de Sadam Hussein, que incluso el propio Secretario de Estado de EEUU, Colin Powell, admitió que se trataba de una acusación falsa.

De la rectificación nunca se informó o apenas se le dio difusión.

Ahora con la pandemia ¿no es acaso un claro ejemplo de manipulación a escala mundial? ¿No abundan circunstancias opacas y confusas, al menos en las constantes informaciones sobre la pandemia, medidas y evolución de la misma?

Estamos sometidos en muchos aspectos, no sólo en el tema sanitario, a eficaces campañas de desinformación en diferentes vertientes con las que manipulan nuestras creencias.  Lo afirmo con vehemencia si cabe y no a modo de acusación, sino tratando de que, como espectadores, seamos sumamente críticos con respecto a las noticias que nos llegan y que la desconfianza sea una forma de actuar que se base en la coherencia y en la observación.

Si bien la propaganda siempre ha sido parte del discurso político, el vasto y largo alcance de este tipo de campañas suscita una gran preocupación.


Ahora, los  cibergrupos se definen como actores dentro del gobierno o partidos políticos para manipular la opinión pública en el universo digital.

 No hablo de balde pues en 2017 se había constatado que  28 países manipulaban la información y en el año 2019 se había incrementado esa cifra hasta 70 países. Estos datos son ofrecidos, para que no quepa duda, por la Universidad de Oxford, por si alguno comenta algo a ese respecto.

¿No podría afectar esta pseudopandemia tecnológica e informativa a más de 140 países?

No olvidemos que en la actualidad en el mundo sólo existen 194.

Este artículo no busca denunciar, sí plantear serios interrogantes y dudas que son necesarias en este mundo globalizado.

Lo escribo siendo consciente de que perfectamente puede ser sancionado y condenado pero la libertad de expresión no tiene precio y la obligación es plantear al lector una conciencia crítica ante lo que nos acontece en el mundo y si nos engañan que seamos conscientes de ello.

El aceptar ese engaño o no que siempre esté en nuestras manos, valor y coherencia…….

*José Luis Ortiz, funcionario

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en MANIPULACIÓN GLOBALIZADA.-José Luis Ortiz*

O ERRO TELLADO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 O filósofo Ortega y Gasset escrebiu o 15.11.1930 un artigo no xornal madrileño El Sol, no que dixo que o rei Alfonso XIII fixera un erro grandísimo ao lle encargar, en febreiro dese ano, ao xeneral Berenguer voltar ao réxime constitucional monárquico de 1876 de xeito normal, como se os sete anos da brutal ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) puidesen pasar de esguello. Velaí porque o filósofo considerou Berenguer obxecto (non é o erro de Berenguer, mais si o erro Berenguer) e non suxeito, cualidade que lle pertencía ao malfadado rei Alfonso XIII. O artigo contribuiu á caída da Monarquía borbónica en abril de 1931.

         Nesta fin de 2021 Núñez Feijóo está a facer o erro Tellado. O PPdeG, que acadou un 48% de votos en xullo de 2020, percebe dende o remate do verán de 2021 que o BNG segue tan forte como nas eleccións nacionais de 2020. Mesmo máis forte. Por primeira vez o PPdeG albisca a posibilidade real, mesmo a probabilidade, de perder as eleccións nacionais de 2024 fronte unha coalición opositora liderada polo BNG. Quer  dirixa ao PPdeG Núñez Feijóo,quer o dirixa calquera outro.

          Fronte este proceso, Núñez Feijóo anima un discurso Tellado, demonizador do BNG, que vai totalmente á contra do que pensa a xente, ademáis de respostar a esquemas vellos e caducos. Porque o BNG definiu bastante a xeito na súa remuda congresual de novembro a dicotomía entre a ideoloxía de base (son soberanistas e defenden o dereito a decidir de Galicia) e a praxe que propoñen para a Galicia de arestora: un autogoberno blindado, a recadación e xestión de todos os tributos e unha lingua de uso preferente nun Estado transformado como plurinacional e nunha Unión Europea tamén transformada nunha Europa da cidadanía e dos pobos. É dicir, unha cosoberanía galega nun esquema confederal e plurinacional estatal e europeo.

        Emitir mensaxes de medo a respecto do BNG como inimigo da convivencia non pertence a esta época, nin á nosa realidade. E enviar ao segundo Tellado para que os emita amosa que se está a perder o sentido da evolución dos tempos, mesmo que se está a perder o sentidiño. Ese sentidiño que a cidadanía galega esixe, agora e sempre,  dos seus líderes.

       A deputada do BNG Olaia Rodil no Parlamento de Galicia encaixou Tellado moi ben e mais ubicouno onde lle pertence: nos espazos da vella política dependentista que centos de milleiros deste País queren pechar, abrindo os que lles vencellen cos progresos da nova Europa, cos progresos do novo Mundo.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político 

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en O ERRO TELLADO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

UNHA NOVA XEIRA PARA A OPOSICION GALEGA?.-Xesús Veiga*

As eleccións ao Parlamento galego previstas para o ano 2024 pecharán un ciclo que contará con dúas citas anteriores: a celebración dos comicios locais en 2023 e a convocatoria -en data indeterminada- para elixir as Cortes Xerais do Estado.

A pesar da grande distancia temporal que aínda existe para acometer a renovación da Cámara do Hórreo, o PPdG -a través do seu voceiro Tellado- ven de exhibir unha forte belixerancia descualificadora dos máximos dirixentes do BNG e do PSdG. No caso de Ana Pontón, utilizando algunhas formulacións realizadas dende a tribuna do Congreso polo voceiro nacionalista. No de Valentín G. Formoso, establecendo unhas hipotéticas complicidades da nova presidenta socialista, Carmela Silva, cun funcionario do concello vigués condenado nun xuízo por corrupción.

Non se entende esta agresividade verbal -que non semella ser unha arroutada espontánea senón algo deliberadamente calculado- de non mediar unha preocupación de maior fondura de cara ao futuro. Se repasamos o sucedido a partir do momento no que Feijóo se presentou á reelección como presidente da Xunta, comprobaremos que, en todas as ocasións, aconteceu algunha fractura previa no seo das formacións políticas competidoras. No ano 2012, o BNG perdeu a exclusiva da oferta nacionalista -por mor da división rexistrada na Asemblea de Amio- e apareceu AGE obtendo un resultado electoral apreciábel. Na convocatoria de 2016, AGE foi substituída por En Marea e o PSdG padeceu os efectos desmobilizadores dunha imputación xudicial -que o paso do tempo demostrou absolutamente infundada- do seu candidato Gómez Besteiro. Na mais recente cita, en Xullo de 2020, En Marea perdeu toda a fortaleza política adquirida anteriormente despois dun espectacular proceso de autodestrución interna. Por unhas razóns ou por outras, durante a última década, Alberto Núñez beneficiouse dos erros e das feblezas dos seus contrincantes e conseguiu acadar a maximización dos seus rexistros electorais.

No momento actual, despois da Asemblea do BNG e do Congreso do PSdG, cabe pensar na apertura dunha nova dinámica no ámbito da oposición galega, cunha máxima redución dos riscos  de división interna e, xa que logo, cunha maior expectativa de conseguir resultados mais favorábeis na disputa da hexemonía política que posúe o PP nas institucións de autogoberno. Certamente, a organización socialista é a que ofrece mais dúbidas sobre o seu comportamento futuro: ademais dos precedentes cainitas dos últimos anos, deberá xestionar a complicación derivada da non presenza do seu futuro candidato á presidencia da Xunta nos escanos parlamentarios. Aínda que existe algún precedente histórico que convida a relativizar a transcendencia da condición de voceiro no pazo do Hórreo de cara á consecución dun apoio electoral notábel, resulta indiscutíbel a vantaxe que tal situación lle reporta a Feijóo.

En todo caso, e supoñendo que se manteña esa mellora no estado das forzas da oposición que agora se apunta, un dos factores que condicionará moito a evolución dos vindeiros anos estará na capacidade do PPdG para superar a inevitábel “fatiga de materiais” que provoca unha longa estancia no poder. Ademais do contexto pouco favorábel que lle reporta o enfrontamento entre Casado e Ayuso e a preocupación que padecen nos despachos de Génova pola non contención ou redución dos votos de Abascal. Hai pouco tempo, a política española era unha preferencia innegábel para Núñez Feijóo. Hoxe é, mais ben, un motivo para o desacougo. E para buscar refuxio na utopía dun “Partido Galego” feito á imaxe e semellanza da súa figura.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UNHA NOVA XEIRA PARA A OPOSICION GALEGA?.-Xesús Veiga*

O DEREITO DE VIVIRMOS EN GALEGO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 A lóxica do Estado español é beneficiar ao castelán e limitar o galego e, tamén, ao euskera e ao catalán, malia que nestes dous casos cadanseu Poder autonómico compensa, nunha pequena parte, a abafante omnipresenza do castelán na Administración de Xustiza, no mundo empresarial, na publicidade e na comunicación e fición audiovisuais. Unha desaquelada desproporcionalidade, tendo en conta que somos un País no que sabemos falar galego o 89%, mentres un 53,3% aínda fala só ou nomeadamente galego e só o 24% fala sempre castelán.

        O problema de base xurídica é que a Constitución só recoñece o deber xeral de coñecer o castelán. Mesmo o Tribunal Constitucional declarou inconstitucional no 1986 a obriga de coñecer o galego, euskera e catalán recoñecida en cadansúas leis de normalización lingüística. O mesmo Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo foron minorizando estas linguas cooficiais, impedindo que fosen de uso preferente e esixindo na práctica un uso subordinado e minorizado ao do castelán. Xuices e fiscais  poden exercer na Galicia sen coñecer o galego (velaí porque nun país con eses níveis de uso da nosa lingua só o 6-7% das sentenzas redáctanse en galego), mentres algúns médicos apelan a un suposto dereito á ignorancia que prexudica gravemente a relación coa persoa doente.

            Son lexislacións, xuriprudencias e políticas baseadas na idea dunha España monolingüe na que as outras linguas constitúen unha incomodidade.  Mesmo hai xente no centro peninsular que pensa que falamos galego (ou catalán) por amolar. E esta idea proxéctase nas persoas que veñen traballar a Galicia dende Hispanoamérica ou territorios monolingües do Estado. Hai poucos días, o porteiro de orixe mesetaria dun local de lecer nocturno dunha cidade galega espetáballe a dous meus amigos que presentaban o pasaporte Covid “estamos en España y en España sólo se habla español”. Tamén hai poucos días unha mandadeira de orixe hispanoamericana, con varios anos de exercicio laboral na capital de Galicia, espetáballe a unha clienta logo de lle entregar o pedido  “no me hables gallego que no te entiendo…”. Unha vez máis os preconceitos xerados en Madrid que se proxectan nas mentes de milleiros.

             Para que se respecte o noso dereito de vivirmos en galego todas as persoas que aquí residen e traballan, cando menos, haberían amosar unha comprensión pasiva da nosa lingua. Mudar de código lingüístico é razoábel cos turistas e transeúntes, mais non se xustifica coas persoas residentes.

             As persoas intelixentes ollan sempre para a lúa e non para o dedo que a sinala. No Estado español a lingua A, a privilexiada, é o castelán. Que o balbordo non nos confunda.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en O DEREITO DE VIVIRMOS EN GALEGO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

DEFICITARIOS EN DEREITOS HUMANOS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 Celebramos este venres 10-D o Día Internacional dos Dereitos Humanos nun intre no que os tres anos e medio de Goberno Sánchez non achegou avance ningún na normativa do Estado ao respecto.

 Ollemos primeiro cara ao Código Penal (CP) español. Existen nel, arestora, delictos que xa non existen nos CP da Europa democrática, do que Rajoy chamaba países serios, mais non copiaba deles. A sedición que fixo primeiro vulnerar os dereitos fundamentais dos presos políticos cataláns e despois botalos ao cárcere é un delicto contra a orde pública que non conta con correspondencia ningunha na Europa democrática. Canto ás inxurias á Coroa permiten prender persoas que só desenvolven unha crítica política, contra  da doutrina do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) que é a nosa máxima autoridade xudicial neste eido.

 En setembro, nestas mesmas páxinas, denunciamos a inactividade do PSOE e da UP para derrogar a “lei mordaza” e darlle á vixente Lei de Seguridade Cidadá (LSC) unha organicidade democrática. Agora presentaron unha iniciativa que nos fará voltar á lexislación 2015 só nalgunhas das cuestións obxecto de debate, sen lle dar ese enfoque orgámico e global aos problemas da LSC.

 Unha democracia avanzada ten de defender os dereitos das persoas, mesmo a expresión dunha opinión colectiva de discrepancia radical, proa a quen lle proa, sempre que se desenvolva por medios pacíficos. Nesas cicunstancias a policia non pode reaccionar senón hai danos ou  riscos graves para as persoas, os servizos públicos ou o patrimonio público e privado e, mesmo nesas circunstancias, medíndose moito dentro dos criterios da proporcionalidade.

 Quen, logo dunha reforma desta caste, agreda fisicamente ás forzas policiais habería pagar polos seus actos, mesmo cunha penalidade agravada, mais non tan gravosa como as dos vixentes e desproporcionados (en termos europeos) delictos de atentado, resistencia ou desobediencia do CP vixente.

 Por outra banda, cando as ordes xurisdicional penal ou  contencioso-administrativa  xulguen procesos no eido da seguranza cidadá os relatorios dos policías e outras Autoridades ou axentes da Autoridade haberían ser avaliados de xeito conxunto co resto das probas, sen lles dar ningunha caste de presunción, senón considerándoas manifestacións de funcionarios neutrais e especializados que, porén, haberán de enfrontar as regras xerais de análise da proba, mais que non poderán prexulgar de xeito ningún o resultado do proceso.

 Esta  reforma  parcial da CP e da LSC só precisa dunha lei orgánica que as modifique, para o que abonda coa maioría da investidura de 2019. Se non o fan o PSOE e a UP é que non queren ou non son quen a facelo.  

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DEFICITARIOS EN DEREITOS HUMANOS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

APRENDIENDO EN MEDIO DE LA PANDEMIA.-José María Barja Pérez*

Las noticias diarias en este tiempo de pandemia también logran aportar conocimientos que permanecían en un segundo plano. Los nombres de las le­tras del alfabeto griego, apenas conocidos por su uso en fórmulas matemáti­cas, son ahora los de las variantes del virus pandémico. Con las limitaciones de viajes introducidas, nos surgen dudas de si, aparte de Sudáfrica, conoce­mos algún otro país del sur del continente africano. Y ya no digamos las capi­tales de los 55 países que hoy en día se distribuyen en el 3º mayor conti­nente del mundo. Incluso los datos numéricos y las ratios de la pandemia nos per­miten ob­servaciones sobre actitudes políticas, incluidas las ocultacio­nes, en la informa­ción circulante.

• El pasado 26/noviembre se asignó el nombre ómicron a la variante detectada por Sudá­frica, saltando nu, pues su lectura en inglés sugería “nuevo”, y xi, por ser un apellido chino común, incluido el del presidente chino (Jinping es su nombre), como bien explicó Alex Grijelmo (Ahora ómicron y luego pi; pero no xi El País 5/diciembre). Se añadía a las otras 12 variantes detecta­das en otros países, que ya están registradas en páginas web, lle­vando al día a día el anti­guo alfabeto que relacionamos con el origen de la ciencia.

• En el DLE se explica el término ómicron como “o pequeña”, mientras omega es la “O grande” en el alfabeto griego (abecedario se refiere a las letras romanas).

• Al ver un mapa actual de África descubrimos que necesitamos actualizar nuestros cono­cimientos geográficos y políticos del continente vecino. Sólo fijándonos en la distribución de los nombres de las capitales de los países africanos, deducimos dónde está el desierto y empezamos a comprender las dificultades de la costa occidental y el golfo de Guinea.

• Las capitales, casi en línea, en el Sur del continente nos son poco conocidas: Windhoek (capital de Namibia, en cuyas costas hay pesqueros gallegos), Gaborone (de Botsuana, que reconocemos por el accidente del rey emérito), Pretoria (capital administrativa de Sudáfri­ca, junto a la capital legislativa Ciudad del Cabo y la judicial Bloemfontein), Maseru (de Lesoto), Mbabane (de Eswatini, hasta hace poco Suazilandia) y Maputo (de Mozambique, completamente al sur de su país).

• Nos parece más conocida la lista de capitales en la costa occidental de África, por las in­formaciones sobre conflictos pesqueros y sobre migrantes. Empezando por Nuakchot (la de Mauritania), Dakar (la de Senegal, que presta su nombre a carreras automovilísticas en otras partes del mudo), Banjul (de ese país Gambia, totalmente incluido en Senegal), Praia (de las islas de Cabo Verde), Bisau (de Guinea-Bisau), Conakry (de Guinea, al que adjeti­bávamos con el nombre de la capital para distinguirlo de los otros), Freetown (de Sierra Leo­na), Monrovia (de Liberia, por el nombre del 5º presidente nortea­mericano, James Mon­roe), Yamusukro (de Costa de Marfil), Acra (de Ghana), Lomé (de Togo) y sobre todo el nombre que nos parece más cercano, Porto Novo (de Benín).

• Diariamente se hacen públicos los casos de infectados y de fallecidos en los distintos paí­ses del mundo, un torrente de cifras que nos abruman. Pero si consideramos las ratios, las proporciones respecto a la población, tendremos una información más comparable. Ade­más de en las páginas web de la Johns Hopkins University, también se encuentran tablas con la tasa de incidencia de los últimos siete días. Y sorprende la posición en cabeza de un país cercano, Andorra, con una población de 77 mil personas y 18 mil infectados, esto es una ra­tio de 23%. Para emplear más cifras lo suelen expresar en «casos por 100.000» que para ese país sería 23.309,4 y emplean la notación anglosajona: marcar las separaciones de miles con una coma y los preceder los decimales con un punto.

• Pero en los medios no se habla de Andorra, ni tampoco de los escasos datos que China proporciona (dicen tener un ratio de 8 por 100.000), aunque suelen destacar los incremen­tos de incluso 70.000 infectados en un día en Alemania (con ratio 7,6 %). Sorprende que China tenga un porcentaje de fallecidos del 4,34% de los infectados, frente 1,6% de Alema­nia o España, aunque Italia alcanza un 2,6% (tal vez por haber minimizado el número de infecciones).

• Cuando se habla del “puente de la Constitución” de este año 2021 apenas se menciona que el próximo año tendremos el puente perfecto, martes y jueves festivos. Si a alguien se le ocurren “soluciones” desde el punto de vista laboral para esa extraña semana, debería recordar que a mediados de noviembre de 1988 (en vísperas del puente perfecto) el minis­tro Chaves Gonzalez tuvo que fir­mar el Real Decreto 1376 anulando lo que había decreta­do en diciembre del año an­terior sobre el calendario laboral.  Su “solución”, hacer no labo­rable el lunes 5 en lugar del miércoles festivo, no era factible por el carácter de “festivo concordatario” del 8/diciem­bre, la Inmaculada Concepción (promulgada por el papa Pío IX en la bula Ineffabilis Deus precisamente el 8/diciembre/1854).

*José María Barja Pérez, exrector de la UDC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en APRENDIENDO EN MEDIO DE LA PANDEMIA.-José María Barja Pérez*