VELLOS E NOVOS RETOS PARA O BNG.-Xesús Veiga*

Nun breve espazo de tempo, coincidiron dúas citas internas moi relevantes para as forzas que conforman a oposición no Parlamento galego: a realización das eleccións primarias para elixir o segredario xeral do PSdG e a celebración da Asemblea Nacional do BNG.

Ambos eventos estiveron moi condicionados polos resultados rexistrados nas eleccións galegas de xullo de 2020. O mantemento da maioría absoluta do PP de Feijóo e o grande éxito do BNG -superando amplamente os escanos acadados polas candidaturas que encabezaba Gonzalo Caballero- reavivaron vellas dúbidas e suscitaron novos retos para PSdG e BNG. No primeiro caso, reapareceron as pantasmas de case sempre: carencia dun proxecto político suficientemente autónomo a respecto das liñas elaboradas na rúa Ferraz, incapacidade para establecer os debates internos en base a propostas programáticas coherentes e tendencias auto destrutivas no propio funcionamento da organización.

O BNG chegaba a esta XVII Asemblea cunhas xustificadas doses de satisfacción e optimismo despois de atravesar, no transcurso da última década, situacións electorais moi adversas e frustrantes (7 escanos no 2012 fronte aos 9 obtidos por AGE e 6 no 2016 mentres En Marea acadaba a condición de segunda forza con 14 actas). O mapa electoral debuxado no verán de 2020 representou o regreso do que xa se coñecera entre 1990 e 2012: tres forzas no Parlamento do Hórreo e “sorpasso” da organización nacionalista ao PSdG en dúas ocasións (1997 e 2001). Precisamente, se facemos unha comparativa coa situación vivida naquel período histórico podemos constatar algunhas semellanzas (un liderado consolidado no seo da organización nacionalista e unha fortaleza parlamentar superior á dos socialistas) e tamén certas diferenzas (menor pluralismo interno e presenza inferior nos gobernos das sete cidades aínda que tal circunstancia fica compensada coas vicepresidencias existentes en tres Deputacións).

Antes e agora, o BNG enfronta o reto de ser quen de reducir o apoio que ven disfrutando dende hai tempo o PP, conseguindo conectar cunha parte dos actuais votantes de Feijóo ou ben favorecendo o medre dun distanciamento nese potente universo electoral -a través da abstención- que posibilite un cambio na maioría parlamentaria no pazo do Hórreo. Nese contexto, entendese a contundencia verbal de Ana Pontón a respecto da existencia ou non dun horizonte programático independentista na organización que actualmente encabeza. Dende o seu nacemento -en 1982- e ate a Asemblea de Amio de 2012 o BNG non se definiu como unha forza independentista por mais que puidera haber, no seu interior, algunhas persoas que se identificaran explicitamente con tal obxectivo. O campo no que se moveu estivo delimitado por un conxunto de reivindicacións -soberanía nacional, dereito de autodeterminación, maiores niveis de autogoberno…- que podían ter encaixe nunha hipotética estrutura federal ou confederal do Estado español mais que non remitían a un proxecto explícito equivalente ao que hoxe postulan, en Cataluña, forzas como ERC, JxC e as CUP.

A partir de 2012, comezaron a tomar corpo, progresivamente, formulacións que reclamaban unha “República da Galiza” como “Estado galego soberano”. Este achegamento á linguaxe independentista (aínda que non figurase directamente ese termo) constituíu unha novidade na tradición do Bloque, tal vez explicábel en base a dúas circunstancias até entón inéditas na súa contorna política. Por unha banda a necesidade de verbalizar unha maior diferenciación con forzas emerxentes no territorio galego (AGE e En Marea) que tamén reivindicaban o dereito de autodeterminación e a soberanía. Por outra banda, o medre espectacular do independentismo catalán -acadando sucesivas maiorías no Parlament- constituía un forte incentivo para tratar de imitar semellante dinámica. No momento actual, ambas realidades teñen mudado significativamente: En Marea practicamente desapareceu da vida política galega e o “procés” catalán, a pesar da súa notábel forza electoral, padece un estancamento indiscutíbel e unhas expectativas incertas.

No 2022, o BNG cumprirá 40 anos de vida. Un período suficientemente amplo para ter un coñecemento preciso das potencialidades e das feblezas da organización mais representativa do nacionalismo galego moderno. Se Ana Pontón desexa acadar a presidencia da Xunta, dispón dun material moi valioso na experiencia histórica das últimas décadas para aprender dos acertos e dos erros das equipas dirixentes que, no pasado, tamén quixeron acadar esa meta tan importante.

* Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en VELLOS E NOVOS RETOS PARA O BNG.-Xesús Veiga*

ALCOA: NIN SABEN NIN QUEREN.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 Resultou ben rechamante  a participación na demostración cidadá d’As Mariñas do sx “in pectore” do PSdeG, Valentín G. Formoso e maís do sx do PPdeG, Miguel Tellado,  que son problema e non solución. Ano e medio de inacción, idas e voltas da ministra española e do vicepresidente galego evitando as solucións que ofreceron na primavera de 2020: a merca a baixo prxo ou expropiación  por parte do grupo industrial público estatal, a SEPI (coa participación que cumprise do Goberno galego) da factoría de aluminio de ALCOA en San Cibrán, factoría estratéxica ao 100%, pois que precisamos producir aluminio primario na Galicia e mesmo na Europa, para fornecer as necesidades da nosa construción, automoción, produción de teléfonos móbiles e computadoras de mán,  industria farmacéutica, cervexeira e alimentaria. O prezo do aluminio primario medrou desque comezou a pandemia un 54%. Alguén pode negar esta industria como estratéxica?

   Se é estratéxica esta industria, a Xunta e o Goberno do Estado poderán intervir a factoria exercendo cadansúas competencias, consonte co Dereito europeo e mesmo podería funcionar ben de anos unha empresa pública, quer estatal, quer galega, quer mixta, que desenvolvera esta actividade empresarial estratéxica. O Estatuto de Galicia, a Constitución e o Dereito Europeo regulan esta opción como posíbel, como ben estudou e desenvolveu o profesor de Dereito Administrativo da UDC, Carlos Aymerich, na primavera de 2020. Mesmo abondaría cun Decreto-Lei estatal expropiatorio, tendo en conta a urxencia da mesma. O xusto prezo sería moi baixo, de certo, ben lles consta aos xefes de ALCOA.

  Mais ALCOA é evidente que non quere vender, porque non quere competencia nun mercado internacional que quere aínda máis restrinxido. E está a se aproveitar da falla de ideas e capacidades negociadoras destes dous Gobernos, español e galego, que amosan non ser quen a desenvolver, non xa políticas industriais, senón mesmo accións illadas en defensa dun campión empresarial.

 Cómpre, porén, lembrar o que hai 16-17 meses lembraba o xornalista galego José Luis Gómez: i) ALCOA adebeda máis de 40M€ polo incumprimento das subvencións recibidas, moito máis evidente logo de que foi defintiva a sentenza do TSXG que acordou a nulidade do ERE laboral de 2020, ii) xestiona en exclusiva un porto e unha estrada que serven á súa moi rendíbel e estratéxica produción de alúmina e iii) ten unha moi grande responsabilidade na balsa de refugallos ambientais de máis de 87 ha. xerada pola súa actuación industrial.

 Xa que logo,  ferramentas para negociarmos con ALCOA abondan . Mais a Xunta e o Goberno do Estado nin saben, nin valen, nin queren.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en ALCOA: NIN SABEN NIN QUEREN.-Xoan Antón Pérez-Lema*

   O SOBERANISMO GALEGO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 Os conceptos son equívocos. Mesmo ás veces só poden facer dano, como cantou Depeche Mode (Enjoy the silence, 1990). Dende o  ámbito do galeguismo político, ao longo dos seus 170 anos de percorrido, formuláronse propostas autonomistas, federalistas, confederalistas ou indepe-arredistas. Mais sempre dende a consideración do  dereito de Galicia a decidirmos o noso  futuro.

     Cómpre distinguirmots entre a orixe e o destino. A orixe é, para os que cren que Galicia é unha parte de España sen dereito ningún adicional,  a soberanía única que este día defenderon no Parlamento de Galicia o PSdeG de Gonzalo Caballero e o PPdeG de Núñez Feijóo, de xeito que unha reforma do marco xurídico-político podería suprimir o limitado autogoberno galego e restaurar o centralismo no que acreditan as forzas políticas españolas.

    Mais a orixe, para os soberanistas, é o recoñecemento de Galicia como nación, como suxeito xurídico-político coa plena  capacidade de decidir o seu futuro. E aquí é onde se entende o debate congresual do BNG de hai poucos días. No debate sobre o destino da capacidade de orixe, do dereito a decidir, que sempre defendeu o BNG (e o PG da República e transición, o PNG-PG, UG ou o PSG-EG ) a respecto das fórmulas concretas do exercicio dese dereito, que abanearon entre o federalismo asimétrico en 1931 e a autonomía estatutaria de 1936 até as Bases Constitucionais de 1977-1978 e o autononisno doutros de 1980-1981.

   Se recoñecemos o dereito a decidir de Galicia non temos por que escoller á forza  unha independencia que neste momento histórico non sería entendida pola maioría cidadá. Porque o soberanismo, o dereito a  decidir, constitúe  a orixe: somos unha Nación e temos dereito a decidirmos o noso futuro. E o destino é a fórmula concreta desa nosa decisión: federalismo, autonomía, cosoberanía plurinacional ou independencia.

O soberanismo xoga nunha liga distinta ao autonomismo, federalismo ou independentismo., porque representa á orixe e a permanencia, non a continxencia e a estratexia. Logo xoga baixo outras regras.

 Velaí porque o BNG resolveu ben o seu debate, na liña da maioria social. Malia que paire aínda a nula sensibilidade española para ofrecermos un status diferente no seu contexto plurinacional. Un status diferente que merecemos como titulares do noso dereito a decidir e precisamos para garantir o noso benestar social e económico, imposíbel dende alicerces dun Estado español para o que as bases produtivas galegas non son importantes e mesmos son prescindíbeis.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en    O SOBERANISMO GALEGO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

¡MALDITAS FRONTERAS!.-Jesús Penedo Pallas*

“Las fronteras son cicatrices que la historia ha dejado sobre la piel de la tierra, grabadas a sangre y fuego. No levantemos más”. Josep Borrell Fontelles el 8 de octubre de 2017.

Como si aquella frase resultase premonitoria, Don Josep Borrell, sirvió como ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación del Gobierno de España entre junio de 2018 y noviembre de 2019. Desde el 1 de diciembre de 2019 ocupa el cargo de alto representante de la Unión para Asuntos Exteriores y Política de Seguridad y vicepresidente de la Comisión Europea, en el ejecutivo comunitario de Ursula von der Leyen.

Y tarea no le falta al hombre. Las relaciones internacionales, atraviesan una etapa de complejidad creciente, fruto del debilitamiento del multilateralismo por un lado y de los cambios de dimensión de las potencias dominantes por otro. Todo ello, lleva a una disfunción de los instrumentos multilaterales, que requeriría una revisión seria, pero esa es otra cuestión.

Las fronteras de Europa, son fuente de tensión permanente, por mas que el foco de las noticias, se mueva con relativa facilidad de unos lugares a otros. Y la intensidad de esos focos, a menudo guarda relación con los intereses internos de los países protagonistas. La frontera greco-turca, la de Italia con el norte de Africa y sobre todo con Libia, la de España con Marruecos, la Rusia con Ucrania y en este momento, la de Bielorrusia con Polonia; son ejemplos de focos de conflicto, donde las personas desplazadas son trágicamente reducidas a la condición de mercancías con las que se trafica de modo inmisericorde, se les rechaza de modo inhumano y en no pocas ocasiones se les condena a la desesperación o a la muerte.

Para mayor escarnio, los británicos que otrora fueron integrantes de la UE, decidieron poner frontera por medio y los problemas no tardaron en asomar. La frontera norirlandesa o las llamadas islas del canal, son puntos calientes.

Transcurrieron sesenta años desde que el Tratado de París de 1951, constituyera la Comunidad Europea del Carbón y del Acero (CECA) primera pieza del actual entramado europeo, que ha ido construyéndose a lo largo de los años, por múltiples tratados, que han dado lugar a un conjunto institucional complejo y burocrático además de sumar a los seis países fundadores, el resto de los veintisiete que actualmente la componen.

Son indudables los avances que tras sesenta años de dificultades, se han ido produciendo paulatinamente. No es solo el mercado común, sinó la desaparición de las fronteras interiores, la moneda única, la cooperación interior, aunque resulte difícil la pugna permanente entre la idea común y los egoísmos y tentaciones nacionalistas.

Sin embargo, si hay algún flanco especialmente débil en la política común, es la política exterior de la Europa de los 27. Eso lo saben muy bien los vecinos incómodos, desde la Rusia de Putin y la Bielorrusia de Lukashenko, a la Turquía de Erdogán, pasando por la monarquía absoluta de Marruecos y concluyendo por el populismo postbrexit del premier Johnson.

Para abundar mas en las desgracias, no faltan socios problemáticos que lejos de ayudar, enredan, digamos sin mas concreción el llamado grupo de Visegrado, cada uno con sus matices.

La Cartera de Asuntos exteriores y política de Seguridad de la Unión Europea, tiene ante si enormes retos, que no pueden esperar.

No es solo la necesidad de garantizar la presencia de la UE en los foros internacionales donde deben asumirse las responsabilidades que corresponden a la condición de potencia económica de la Europa comunitaria, sino también de poder responder a los desafíos que cada vez con mayor intensidad plantean los países fronterizos, utilizando modernos medios de presión internacional, como el manejo delictivo de la inmigración, dese el poder de un Estado soberano. Lukashenko y Mohamed V conocen muy bien de que va.

La propuesta del Sr Borrell de constituir una fuerza militar común de acción rápida, dotada con cinco mil efectivos, se antoja demasiado moderada,  cuando USA plantea dudas sobre el futuro de la OTAN y sobre la necesidad de que mas allá de la colaboración en el seno de la  OTAN, la UE se plantee su propio sistema de defensa.

Trabajar sobre aquellas cicatrices a las que tan lucidamente se refería D. Josep Borrell, creo que es una tarea urgente e importante, que requerirá buenas dosis de humanismo, pero también de pragmatismo para enfrentarse no solo a los intereses encontrados de unos y de otros, sinó a un vecindario impregnado de populismo irresponsable, que no lo va a poner nada fácil y con el que es imprescindible disponer de instrumentos de persuasión razonable, que serán mas efectivos, cuanto mas sólidos y potentes sean los potenciales medios de disuasión.

Ser pacifistas, requiere respetar los principios democráticos y en particular los derechos humanos; pero si además se dispone de un sólido ejército con elevada formación y medios de última generación, al servicio de la Política exterior y de seguridad común; el servicio a la Comunidad internacional, podría ser importantísimo, además de a los intereses comunitarios.

Al menos yo, así lo veo.

*Jesús Penedo Pallas, Ingeniero Industrial, Licenciado en Derecho, Secretario General de la Fundación Adcor y jubilado de la función pública.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en ¡MALDITAS FRONTERAS!.-Jesús Penedo Pallas*

EL MAL MENOR. Antonio Campos Romay*

Tras el vergonzante tratado de Múnich en 1938, sometidas las potencias democráticas, Reino Unido y Francia al chantaje nazi-fascista, Winston Churchill sería muy duro con el  premier británico Chamberlain quien un año después habría de dimitir: «Se le ofreció poder elegir entre la deshonra y la guerra y eligió usted la deshonra, y también tendrá la guerra» Palabras prefecticas que se cumplirían en pocos meses.

Cuando la Sra. Presidenta del Congreso Doña Meritxell Batet, con la augusta solemnidad que le confiere presidir el aula magna de la Soberanía Nacional anuncia “urbi et orbi” la idoneidad de los candidatos sometidos a Comisión para formar parte del Tribunal Constitucional, cabría esperar que sus mejillas se cubriesen de arrebol… Máxime teniendo noticias de cual se las gastan en tan alta instancia que en un pirueta jurídica rocambolesca le arrebató ante su narices un representante de la ciudadanía, miembro del Congreso de los Diputados, sobre el que en oficio de su magistratura tiene la labor de amparo de sus miembros.

El magistrado ese del que usted me habla, al que al parecer conocen como Arnaldo, tiene una biografía tan comprometida según vocean numerosos medios de comunicación de la mayor solvencia, que incluso consiguió opacar por mucho la de su colega en el tándem de la propuesta del PP, “mi querida Concha”…

La derecha extrema tiene secuestrado desde hace más de tres años el mandato constitucional de renovación de órganos constitucionales que son esenciales en la conformación del Estado de Derecho y para el garantismo que debe emanar de los mismos. Lo hace en exclusivo interés partidista, sin que parezca osado considerar como razón capital para ello, su enfangado panorama judicial.

Como obsceno estrambote a su chantaje obstruccionista al Estado, en una muestra suprema de impudicia tras la constante algarabía invocando la despolitización de los altos tribunales, presentan una oferta totalmente indigesta, ajena al respeto que merece tan alta instancia de la arquitectura constitucional. Con perfiles con notorias connotaciones y amistades peligrosas en temas presuntamente nada edificantes..

La derecha extrema subordina la credibilidad de las instituciones a sus intereses espurios y al mezquino afán de doblegar a los que buscaban con afán la normalidad constitucional, indiferentes a la humillación y  desdoro que con ello sufren las instituciones democráticas.     

Quizás el Sr. Bolaños algo bisoño en tales menesteres, se dejó deslumbrar por el Sr. Egea, alias el “Aceituno”, con promesas de abordar con efectos inminentes la renovación del Consejo General del Poder Judicial, que lleva tres años caducado. Algo largamente deseado  por el Ejecutivo de coalición que ante ello no dudo en taparse la nariz para tragarse el descomunal sapo. Largo me lo fiais cabría decir cuando el PP dice que más adelante…

A estas alturas conceder un mínimo rigor a la palabra del señor murciano o  a su jefe de filas en este tema semeja un temerario acto de fe. Es muy arriesgado perder de vista que el núcleo director de la derecha extrema con el Sr. Casado a la cabeza se ha mantenido en una viscosa  sinuosidad en la materia quebrando a su capricho todos los principios de acuerdo.

Se esgrime desde el Ejecutivo de Coalición, que en esto no mostró esas fisuras que tiende a mostrar en otras ocasiones, que es asumir el mal menor para desbloquear algo que resultaba desesperante aceptando la propuesta que el PP formuló. Una imposición de lo menos apropiada, -ni inocente ni gratuita-, que deja un mensaje claro: socavamiento de la credibilidad de las instituciones y evidencia impertinente del triunfo de la cultura de la impunidad.

Un día triste para la democracia. Cuando se apuesta resignadamente por construir sus instituciones con la nariz tapada reconociendo una podredumbre que provoca fetidez. Y se hace afincándose en un futurible mendaz…Podría constatarse con melancolía que eligiendo  la deshonra, se tendrá la continuidad de la guerra judicial…  

 *Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia            

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en EL MAL MENOR. Antonio Campos Romay*

DEZ ANOS SEN ETA.-Xesús Veiga*

A estrea do filme “Maixabel” coincidiu, practicamente, co décimo aniversario do anuncio de ETA da súa renuncia unilateral á continuidade da práctica da violencia. Mais alá das inevitábeis doses de ficción, o que se relata na obra artística de Icíar Bollaín é un conxunto de acontecementos que tiveron lugar nos últimos anos da existencia de ETA. Nomeadamente dous: o atentado contra Juan María Jauregui (membro do Partido Socialista de Euskadi e anteriormente do Partido Comunista e tamén da propia ETA) e as conversas entre Maiaxabel Lasa -viúva de Jauregui- e dous dos participantes directos na acción que rematou coa vida do ex-gobernador civil de Gipuzcoa.

Dez anos sen atentados é un período certamente amplo por mais que fique parcialmente relativizado pola longa duración da presenza de ETA na vida política e social de Euskadi e do Estado español (1959-2011). Hai dúas formas moi diferentes de abordar este asunto: convertelo nun obxecto prioritario da confrontación partidista que procura a obtención dun rendemento electoral inmediato ou realizar unha análise dos distintos factores concorrentes nese transcendente fenómeno histórico. A dereita política e mediática escolleron, dende hai tempo, a primeira opción. Na versión habitual do PP, non se podería aceitar que Bildu exerza a súa función representativa nas institucións nas que está presente. Na variante ofrecida por VOX, a formación abertzale debería estar ilegalizada. Casado, Abascal e as respectivas terminais mediáticas ignoran, deliberadamente, dous aspectos relevantes da historia das últimas décadas. Un: a oferta que se establecía no chamado Pacto de Ajuria Enea -do que formaba parte o PP vasco, con Abascal aínda incluído nese partido- sobre a normalización política da esquerda abertzale se existía un cesamento previo da violencia. Outro: a negociación aberta polo goberno de Aznar no ano 1999 con distintos enviados de ETA, despois da tregua decidida por esta organización e a pesar de que aínda non transcorreran dous anos do secuestro e morte do concelleiro do PP Miguel Angel Blanco.

Con semellantes antecedentes históricos -que tamén abranguerían o traslado de presos que daquela realizou o goberno aznarista e que agora demoniza Casado reiteradamente- o PP debería actuar con prudencia e substituír o curtopracismo por unha mirada longa acorde coa envergadura das tarefas que fican pendentes no seo da sociedade vasca.

Se adoptamos unha óptica analítica de maior perspectiva temporal, conviría ter presente que ETA naceu durante o franquismo e tivo, até a celebración das primeiras eleccións de 1977, unha marxe notábel de lexitimidade social a respecto do uso da violencia. Os diversos problemas asociados a ese tipo de prácticas ficaban agachados ou nun segundo plano ante a persistencia dunha ditadura que afogaba calquera esixencia democrática que se formulaba dende o corpo social. O atentado contra Carrero Blanco exemplificou moi ben a situación daqueles anos: a pesar das discrepancias existentes no seo da oposición antifranquista sobre semellante actuación, predominou o común denominador da satisfacción pola desaparición do hipotético sucesor de Franco.

A pesar da nova situación política creada co nacemento do primeiro Parlamento estatal elixido nas urnas e a posterior aprobación da actual Constitución, o sector maioritario de ETA decidiu continuar coa súa actividade, intensificando o número de atentados -sobre todo na década dos 80- para tratar de forzar unha negociación co Estado que lle permitira obter determinados obxectivos que ficaban fora do ordenamento legal vixente. A continuidade das accións violentas recibiu o apoio ou a comprensión de sectores significativos da sociedade vasca e posibilitou o nacemento e posterior consolidación de Herri Batasuna en diversas institucións representativas. A existencia desa complicidade pivotaba sobre dous consensos básicos presentes nese mundo: a asunción da vella máxima de que o fin xustifica a utilización de calquera medio para conseguilo e o convencemento de que a práctica da violencia resultaba eficaz para acadar o conxunto dos obxectivos políticos reivindicados. O paso do tempo permitiu comprobar as consecuencias reais desas ideas. Por unha banda, a grave patoloxía moral que implicaba aceitar a persistencia dunhas accións que causaban un grande número de vítimas. E, xunto a iso, a constatación de que esa liña de actuación non era quen de viabilizar aquilo que se postulaba como xustificador da súa existencia. Actualmente, a esquerda abertzale posúe un nivel de presenza institucional equivalente ou inferior ao que teñen organizacións políticas que defenden prantexamentos análogos en Galiza e Cataluña sen que, nestes casos, mediara algo semellante ao que significou ETA.

O que se conta en “Maixabel” certifica a vixencia dun paradoxo: sería desexábel un amplo acordo da sociedade vasca a respecto do sucedido dende os anos 50 do pasado século mais non semella posíbel facelo realidade nun prazo curto. Requírese, sen dúbida, mais tempo para levar adiante os imprescindíbeis procesos de reflexión autocrítica no seo da esquerda abertzale e para abandonar a hipócrita actitude da dereita -empeñada, ademais, no surrealista negacionismo da desaparición de ETA- coa procura obscena de réditos electorais en determinados territorios do Estado. En todo caso, este necesario paso do tempo non vai garantir a consecución de tal consenso. Aí está o exemplo da guerra civil para demostrar a dificultade de establecer un relato único sobre o pasado.

* Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DEZ ANOS SEN ETA.-Xesús Veiga*