ANALFABETOS INFORMÁTICOS.-José María Barja Pérez*

   Una magnífica viñeta de Xaquín Marín resaltaba un problema actual: la ne­cesidad de aprender como podemos comunicarnos, por medios informáticos, con distintas administraciones. No sólo se trata del uso de códigos de identifi­cación alfanuméricos, sino también del uso de protocolos y páginas sólo dis­ponibles en modo informático. Aunque se nos asegura su fácil acceso y su am­plia información explicativa, se trata de lenguajes administrativos sobre dife­rentes plataformas a los que tenemos que acceder sin comunicación hu­mana directa. Y así aparece claramente la necesidad de un aprendizaje del lenguaje y del razonamiento, más amplio que la simple lectura de textos y un manejo numérico elemental. Hay que potenciar el estudio de como se pueden enten­der datos y de su manejo seguro, incluyendo herramientas como todos esos códigos que hoy, no sólo nos identifican, sino que son las llaves de las puertas de las administraciones públicas y privadas.

• Nos hemos acostumbrado a que el número del DNI haya pasado a ser alfanumérico, por esa letra añadida cuya utilidad y modo de obtención pocos conocen (aunque está expuesto en una «página de servicio al ciudadano» del Ministerio del Interior). Pero ese NIF ya es ahora uno de los códigos adheridos a nuestra vida cotidiana.

• Los antiguos veinte números de las cuentas bancarias se han completado hasta conver­tirse en el código IBAN, ES y 22 dígitos (los dos primeros agrupados a las letras y los res­tantes en cinco grupos de cuatro, separados por un espacio). Sólo nos sorprende que tenga longitud diferente en otros paí­ses (en Noruega sólo 15), o que en Portugal sean PT50 y 21 dígitos, mientras en Francia muchos son FR76 y 5 grupos de cuatro dígitos y uno de tres, marcados  por  separación con un espacio. La dificultad de calcular los dígitos de control, el resto de dividir por 97 un número de 26 cifras, se resolvía con reiteradas fórmulas en ho­jas de cálculo. Pero el ciberespacio ya proporciona, mediante una búsqueda elemental en Google, esa operación, usada en varios de los códigos empleados hoy en día.

• La tarjeta sanitaria es uno de esos repositorios con múltiples códigos que incluyen, como antes algunas tarjetas de crédito, datos como la edad del usuario. El CIP, Código de Identi­ficación Personal (que aparece en ambas caras de la tarjeta) esta formado por la fecha de nacimiento en formato yanki (aa/mm/dd), las letras iniciales de ambos apellidos, las se­gundas letras de ellos, un dígito según sexo (1 hombre, 0 mujer) más 3 cifras. Además del NIF, encima del nombre aparecen doce dígitos (los dos primeros, que identifican la provin­cia [15 es Coru­ña] y los dos últimos, el resto de dividir por 97 el número formado por los otros 10,  van separados por una barra/de los ocho básicos) que es el número de la Seguri­dad Social, utiliza­do en todos los trámites laborales: (altas, bajas, variaciones de datos, co­tización…). Mien­tras el código de identificación personal único del SNS (Sistema Nacional de Salud) son 16 carac­teres alfanuméricos, que incluyen, de momento, un gran número de B consecutivas. Inclu­so la tarjeta sanitaria lleva un código de barras EAN-13, con sus 30 barras característi­cas.

• El código de barras fue diseñado para identificar los productos en venta empleando una norma denominada Universal Grocery Products Identification Code (UGPIC), que fue actuali­zada al UPC (Universal Product Code) y al EAN (European Article Number), llegandose  a la unificación de los sistemas de escaneo. Los dos o tres primeros dígitos impresos bajo las barras identifican el país donde se emitió (aunque no sea el que produjo el producto). Ve­mos usualmente el 84, que corresponde a España, pero también el 49 de Japón o los del in­tervalo 400-440 de Alemania (el 690-692 es de China). Las publicaciones llevan el 977 en los periódicos, el 978 en los libros y el 979 para la música.

• Incluso nos encontramos con billetes de euros cuyos códigos empiezan con PB (Países Bajos) o UB (Francia), donde la B sólo indica que se trata de la segunda serie con ese mis­mo nú­mero. No les prestamos mayor atención, ni siquiera nos fijamos que el último dígito NO sea cero. Ese dígito de control, que completa hasta un múltiplo de 9 la suma de ante­riores (reem­plazando las letras A ⟶2, B⟶3,…, U⟶22, V⟶23,… ), debe estar entre 1- 9.

       El 3/junio coincide este año con el día 60 después de Pascua, Corpus Christi, uno de los jueves antes festivos (en Brasil, Croacia y Polonia cierra la Bolsa ese día). El segundo sábado de junio se celebra en Londres, Trooping of the Color, el cumpleaños oficial de la Rei­na que en muchos países de la Commonwealth ya se conmemora el primer sábado o el pri­mer lunes de junio.

*José María Barja Pérez, exrector de la UDC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en ANALFABETOS INFORMÁTICOS.-José María Barja Pérez*

INDULTOS? NON, AMNISTÍA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 Mentres a dereita española, extremista e supremacista, convoca aos seus seareiros á Praza de Colón, canda a bandeira da España única e intolerante, o Goberno do Estado prepara os indultos para os presos políticos. Indultos probábelmente parciais, que lles perdoen os anos de cárcere xustos para que saian axiña do seu inxusto prendemento, malia que seica non resolverá nin a súa inhabilitación para desenvolver cargos e funcións públicas, nin a contía da indemnización de responsabilidade civil polo delicto de malbaratamento dos cartos públicos para o que foron condenados o vicepresidente Junqueras, os conselleiros  Forn, Turull, Rull, Romeva e máis a conselleira Bassa, que resolverá o “Tribunal de Cuentas”.

 Velaí como este indulto non resolve a cuestión. Seica non o resolve nin  para os presos políticos. E malia esta cativeza, que amosa a mínima xenerosidade posíbel para reconstruir un tecido social sán, a dereita extrema e supremacista, canda a vella garda do PSOE (Felipe González, Alfonso Guerra, os presidentes manchego e extremeño, Nicolás Redondo, Joaquín Leguina… ) rexeita os indultos malia apoiar, no seu día, os indultos de golpistas como o xeneral Armada ou de convictos de terrorismo como os antigos membros do Goberno González, José  Barrionuevo e Rafael Vera.

Os  nove indultos  ás persoas presas políticas nin resolven o problema nin o axudan  resolver.

Ademáis do problema xa sinalado (subsistencia quizais de moi onerosas e artificiosas indemnizacións por unha malversación que non existiu e falla de remisión das penas de inhabilitación), os indultos parciais proxectados para as nove persoas presas políticas non resolven o casos das máis de 3.200 persoas investigadas por distintos Tribunais cataláns e estatais (Xulgados de Instrución 1 e 13 de Barcelona, Tribunais varios de Catalunya,  Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, Audiencia Nacional…) por feitos de natureza política e fasquía pacífica posteriores á convocatoria do referéndum do 1-Ou do 2017.  Mais, o que tamén é fulcral, non resolven o problema da acusación e eventual orde de prendemento internacional contra o President Puigdemont, os consellers e conselleras no exilio, a secretaria xeral de ERC, Marta Rovira  e máis a antiga voceira parlamentaria das CUP, Anna Gabriel.  

   O indulto na Constitución do Estado (CE) é  un acto discrecional de Goberno, que só pode beneficiar casos concretos, pois que están prohibidos constitucionalmente os indultos xerais (artigo 62.4 CE). Neste contexto, o indulto ás nove persoas presas políticas remata no seu efecto nelas mesmas. Despois vai continuar a represión xudicial, mentres a dereita acusará ao Goberno do Estado de filoterrorista.

   A amnistía é o acaído e, ademáis é constitucional.

    A única saída que abre a porta á concordia que di querer Sánchez é a  amnistía. Unha amnistía constitucionalmente posíbel, sempre que se aprobe a medio de lei orgánica que precisa da maioría absoluta do Congreso dos Deputados. A maioría da investidura, precisamente. Saber é querer. Querer é poder.

   Os indultos xerais están prohibidos na Constitución, mais non as amnistías, malia que éstas requiran a mesma lei orgánica que regula os dereitos fundamentais e crea, modifica e derroga os tipos delictivos do Código Penal. Unha lei orgánica de amnistía podería extinguir todas as responsabilidades criminais e civís derivadas non só para as persoas condenadas por delictos políticos posteriores á convocatoria do referéndum do 1-Ou de 2017, senón mesmo das persoas investigadas arestora por estes delictos, ao tempo que pecha de vez calquera instrución ou xuizo futuro por estes feitos. É, pois, a solución para restablecer un clima de concordia cara un proceso de negociación bilateral que habería rematar nunha solución plebiscitaria pactada que consulte á cidadanía catalá.

De xeito que a amnistía, en realidade, habería ser un prerequisito, mesmo para o xogo da táboa de negociación Generalitat-Goberno do Estado. Se a esquerda española quere obter o respecto e a confianza negociadora do soberanismo catalán a amnistía é unha condición previa para enfrontar a negociación.

Poderíaseme respostar que parte substancial do Deep State, a dereita española, a caverna dos vellos rockeiros do PSOE e seica o Xefe do Estado rexeitan radicalmente a amnistía. Mais resulta que todas estas forzas e persoas rexeitan con forza e acenos semellantes os propios indultos parciais, que non resolven o problema.

Moi probábelmente sexa  o intre de que os soberanistas vascos, galegos e valencianos e cantas máis voces honestas haxa nos demócratas españois expoñan esta necesidade e pechen as fileiras cara a treboada cando decargue.

 Porque sen dúbida ha descargar, for cos indultos parciais, sexa coa lexítima e constitucional amnistía.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en INDULTOS? NON, AMNISTÍA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

AS PEGADAS DO 15-M.-Xesús Veiga*

Hai agora dez anos, aparecía  o chamado “movemento 15-M”.Cando xurdiron aquelas manifestacións e acampadas protagonizadas por milleiros de persoas –cunha porcentaxe moi maioritaria de mozos e mozas- no mes de Maio de 2011, rexistráronse reaccións diverxentes na opinión pública e na publicada. Houbo, sen dúbida, simpatía expresa ou tácita en moitos sectores sociais que padecían unha dupla frustración: a derivada das penalidades asociadas ao impacto da crise económica nas súas condicións de vida e a que suscitaba o papel dos gobernantes –que, no caso do goberno do Estado, pertencían a un partido político que se autoidentificaba no universo da esquerda- na xestión da desfeita económica. Aínda estaba quente, na memoria colectiva, a espectacular viraxe realizada por Rodríguez Zapatero un ano antes –Maio de 2010-, modificando substancialmente o seu programa electoral para executar as directrices emanadas da “troika”.

O “movemento dos indignados” era –coma noutros casos históricos anteriores: OTAN, Prestige, guerra de Iraq- unha expresión do forte malestar presente nunha parte do corpo social. A orixinalidade do 15-M radicaba, polo menos, en dous vectores novidosos: o cuestionamento do propio sistema de representación política e a utilización de formas inéditas de organización no desenvolvemento das protestas. Nas ocasións precedentes, o que se pedía era o cambio en determinadas políticas (saída dunha alianza militar, nova regulación do transporte marítimo, remate dunha iniciativa bélica) e a dimisión dos cargos gobernamentais responsábeis. Neste caso, o que se colocaba no primeiro plano tiña que ver coa modificación das regras de xogo da democracia vixente. A crítica indiscriminada ás forzas políticas presentes nas institucións (“non nos representan”; “chámanlle democracia e non o é”) ía acompañada de propostas alternativas mais ou menos elaboradas.

O 15-M mereceu, inicialmente, a desconsideración ou a indiferenza da case totalidade das forzas políticas existentes. O PP foi, sen dúbida, o mais belixerante a pesar de que esas mobilizacións masivas aceleraban o desgaste do goberno de Zapatero. O Partido Socialista quixo repetir a táctica do 11 de Marzo de 2004 e tratou de atopar unha  mínima empatía capaz de evitar o desastre electoral que anunciaban os inquéritos. IU, sorprendida pola envergadura do movemento, fixo todo o posíbel para se constituír como referente político-electoral do clima de indignación que mostraban as protestas. A equipa dirixente do BNG non foi capaz de comprender a importancia do que estaba xurdindo nas rúas e mantivo un distanciamento crítico que reforzou a dinámica de perda de apoios sociais que viña padecendo.

A boa imaxe e a simpatía que suscitaron as plataformas vinculadas ao 15-M alimentaron un debate que xa aparecera noutras situacións análogas: o movemento dos “indignados” debería seguir sendo unha expresión, mais ou menos organizada, do descontento fronte ao sistema económico e político ou debería dar os pasos requiridos para comparecer nas citas electorais? A presenza de Podemos como partido político nos comicios ao Parlamento europeo celebrados no ano 2014 clarexou semellante dilema. A partir dese momento, os defensores do bipartidismo tradicional mudaron significativamente a súa posición discursiva: pasaron de esixir aos manifestantes que abandonaran as rúas e participaran na vida política institucional a emitir fortes críticas ás novas formacións que ocupaban escanos nos concellos e parlamentos.

Coa perspectiva que proporciona o tempo transcorrido, pódese afirmar que a pegada do 15-M no sistema político resultou indiscutíbel. A súa existencia alimentou un clima social mais favorábel á realización de cambios relevantes na relación entre os partidos e os seus votantes, no desenvolvemento da propia vida interna das organizacións políticas e no comportamento ético das persoas que forman parte das mesmas. Certamente, as mudanzas non tiveron a fondura que se reclamaba nos manifestos fundacionais debido a que as vellas prácticas seguían estando moi enraizadas nunha parte do sistema político e contaban coa complicidade ou a benevolencia de importantes segmentos sociais. Polo demais, as formacións políticas que beberon nas fontes do 15-M cometeron algúns erros relevantes na xestión das responsabilidades que lle outorgou unha parte do electorado nos distintos comicios celebrados na segunda parte desta década.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en AS PEGADAS DO 15-M.-Xesús Veiga*

EL CHANTAJE COMO NEGOCIO: MARRUECOS.-José Luis Ortiz*

La crisis ya manida y antigua, y que lleva camino a los 50 años como es el problema de Sahara Occidental.

Mohamed VI ha hecho del chantaje un negocio. Uno de los hombres más ricos del mundo en un mundo de pobreza. Se le calcula una fortuna que ronda los 6.000 millones.

La realidad que esconde este conflicto en el que parece que Europa respalda a España con la excepción de Francia pues es uno de los principales inversores en Marrueco.  Ha recibido recientemente cerca de 13.000 millones de la UE ahora espera sacar mayor rentabilidad de los 79.500 millones que tiene destinados para programas vinculados con la zona.

No debemos olvidar que recibe de Europa 52 millones por el tema del caladero del Sahara y que supone un 90 % de la pesca que se recoge de la zona. De esos 52 millones, 12 millones son aportados por armadores españoles.

Además, el Sahara Occidental es rico en acuíferos, fosfatos (tiene el 10 % de todos los fosfatos de la OCP) y otros minerales e Israel ha decidido invertir más de 3.000 millones de dólares con Marruecos para convertirlo en un vergel con sistemas de regadío que aprovechen el máximo el agua.

No dejemos atrás que Mohamed VI es el máximo accionista del Grupo ONA, que entre otros intereses maneja la minería y la agroindustria.

Si bien cuando España en 1975 perdió el control de esa zona fue colonizada por Marruecos y en estos momentos más de la mitad de su población es marroquí frente a una minoría saharaui que sufre la mayor de las injusticias, tanto por parte de Marruecos, la política internacional y el Frente Polisario, y fuente, o excusa del conflicto con España y Marruecos por el tratamiento de su representante en España.

No olvidemos que el Frente Polisario, grupo terrorista, hablemos claro fue armado y potenciado por la URSS y por Argelia.

Un grupo terrorista que ha atentado contra la vida de 286 españoles, que trabajaban en las minas de fosfatos o faenaban honradamente.

Uno de los pocos presidentes españoles que les hizo frente fue Felipe González que, en 1986, ordenó su expulsión fulminante de todas aquellas personas relacionadas con esta organización.

Espero que estas pinceladas aclaren o den luz a un conflicto que dura ya demasiado tiempo y que ha propiciado demasiado dolor.

La realidad que nadie nos explica y como siempre se manipula en detrimento de los sufridos ciudadanos que sufren las injusticias y aquellos otros del resto del mundo al que se le manipula y engaña con esas excusas que esconden una triste realidad.

¿Acaso no es hora que reaccionemos ante tanta injusticia, ante tanta mentira y dolor? ¿Para qué está la sociedad civil más que para instaurar el orden en un mundo de desorden? No olvidemos la Revolución Francesa, la instauración de la democracia en Estados Unidos, la liberalización de la India del colonialismo británico.

¿Acaso no ha llegado el momento que el mundo reaccione y que ponga sus poderes civiles para cambiar una realidad que tristemente nos está matando y nos está hundiendo en la injustica y el dolor ¿Dónde quede la poderosa arma de la desobediencia civil y tantas otras posibilidades para defender la justicia y luchar por un mundo más justo? ¿Dónde está el activismo político real y eficaz que puede cambiar el mundo?

LIBERTAD, IGUALDAD Y FRATERNIDAD un grito que más que nunca está en plena vigencia

Es la hora de hablar desde la honestidad, pensar con sinceridad y actuar con integridad.

*José Luis Ortiz, funcionario.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en EL CHANTAJE COMO NEGOCIO: MARRUECOS.-José Luis Ortiz*

O Govern que elixiu a cidadanía catalá..-Xoan Antón Pérez-Lema*

 O 14-F deste ano a cidadania catalá escolleu 74 deputados indepes (34 ERC, 33 JuntsxCat-Junts- e 7 CUP) aos que lles outorgou o 52% dos votos, por 61 unionistas (os 53 do 155-PP, PSC, Cs e Vox- e máis os 8 comúns, que vetaron ao candidato Pere Aragonés-ERC– canda Illa, Garriga, Carricosa ou Fernández).

     Até este venres 21-M decorreron case cen días sen acordo entre Junts e ERC, malia a claridade do diktat cidadán, que quería un goberno independentista, na práctica ao 50% entre Junts e ERC, pois que os votos emitidos non se poden interpretar doutro xeito.

      Contra o que opinaron a eito os media estatais-madrileños non pairaba só a cuestión do reparto das áreas de goberno, senón a posición relativa do president Puigdemont e do Consell de la República, a estratexia a desenvolver perante os Parlamentos estatal e europeo e máis a opción pola táboa de diálogo proposta pola ERC ou polo confrontamento intelixente proposto por Junts.

  Fumata bianca

       Ningúen poderá negar que os partidos atinxidos negociaron con seriedade, intensidade e dedicación, defendendo cadansúas posicións de parte, mais tentando reconducir cadansúas posicións  ao mandato cidadán que quería Govern independentista en pe de igualdade entre Junts e ERC. Acadado o acordo, porén, semella fume de pallas aquela teoría dalgúns republicanos de que Junts habería dar de balde os seus votos a prol don goberno disque de esquerdas.

       Porque para construir República cómpre contar con toda a cidadanía ou, polo menos, cos máxima xente posíbel. Xa que logo, non se pode construir a República só coa participación das autodenominadas esquerdas, porque a República ha levar a semente dun sistema pluralista  de xogo de gobernos e oposición. Neste senso, Junts ten sacrificado ao longo do seu proceso de creación algunhas das tácticas máis gobernamentais para server de encaixe a sectores da Catalunya transversal históricamente non interpelados de xeito directo por CDC e PdeCAT. Mais este achegamento ao talento do país (que permitiu a incorporación ás súas ringleiras ao senlleiro avogado, antigo cabezaleiro da avogacía barcelonesa e catalá, Jaume Alonso-Cuevillas ou do empresario e recente president da Cambra de Barcelona, Joan Canadell) precedeu á segunda tirada desta fichaxe de talento, integrando no Govern ao novo conseller de Economía, Jaume Giró (director xeral até 2019 da Fundació La Caixa d`Estalvis, socio fundador e de control de Caixabank, cesado por se opór ao traslado da súa sede fóra do Principat), ao epidemiólogo Josep María Argimón ou á nova consellera de Acción Exterior, Victòria Alsina.

  Dixo o preso político Jordi Sánchez, secretario xeral de Junts e máximo responsábel da negociación canda o novo president Pere Aragonès que a fichaxe de Giró situaba aos soberanistas transversais ao epicentro do mundo económico. Á vista dos primeiros dados sobre a composición da súa parte do Govern e do seu Grupo Parlamentario poderían avanzar cara o epicentro de moitos sectores da cidadanía catalá, sempre que medren de xeito equilibrado, xeneroso e intelixente.

 Mentres, ERC acadou unha Presidencia xurídica e políticamente fulcral, malia que sometida ao réxime primus inter pares que a cidadanía catalá escolle dende as eleccións do 21-D de 2017, as que convocou ilegal e ilexítimamente o Goberno do Estado a medio do autogolpe do 155. Sen dúbida Pere Aragonés amosou, malia a súa xuventude, experiencia política e coñecemento das Administracións abondos para coordenar unha andaina de común gobernanza que ten no peche da crise sanitaria, na reconstrución económica e nas crises ecolóxico-enerxética e social os seus principais eixos de gobernanza.

 Cómpre dicir que o xogo caloteiro do Madrid político e xudicial e a arbitraxe caseira do Tribunal Constitucional deixa ao autogoberno catalán ferramentas limitadas para enfrontar estes catro reptos. Mais estas limitacións non poden facer esquecer a importancia dunha boa gobernanza, dunha xestión eficiente e razoábel, primeiro e, de poder ser, transformadora despois. Porque cómpre lembrar que son as pemes e emprendedoras, as clases medias, as persoas traballadoras e  as persoas excluídas  e en risco de exclusón as que primeiro sofren da ineficiencia xestora.

 Que o nou Govern administre e xestione acaídamente é preciso para unha boa gobernanza e para acadaren a República. Mais non é abondo.

O papel do president Puigdemont e do Consell per la República catalana

ERC reivindicou nesta andaina negociadora que o Consell per la República catalana non habería “titorizar”, de xeito ningún, ao Govern e ao seu president. A proposta ten certa forza tautolóxica, malia que-mesmo analisada dende fóra do territorio catalán- non deixe de ser algo equívoca.

 Claro é que a tarefa do día a día na xestión, na gobernanza catalá non pode ser titorizada por ninguén. Mais cómpre lembrar que a lexitimidade institucional e política que conciben as persoas que están pola República baséase no mandato do 1-Ou e na lexitimidade continuada do Govern  e do Parlament ilexítimamente cesados polo 155 o 28-Ou de 2017. Neste senso, as eleccións do 21-D de 2017 elixiron un novo Parlament malia que ningún President convocara lexítimamente estas elección, como as recentes eleccións do 14-F de 2021 non foron convocadas tampouco lexítimamente, pois que foron anticipadas polo cesamento xudicial-tamén ilexítimo- do president Torra.

 Velaí que a lexitimidade do actual Govern e Parlament estea moi vencellada á lexitimidade das Institucións arbitrariamente removidas en outubro de 2017. Lexitimidade encarnada no President Puigdemont e, de primeiras, confiada no Consell sen oposición de ERC nin das CUP.   Mais a cuestión non é só de lexitimidade de orixe, senón de eficacia no exercicio. A República catalá precisa da tarefa que na Europa e no mundo  teñen  desenvolvido e desenvolven o President Puigdemont, os consellers e conselleras no exilio, a representación no Parlamento Europeo e máis o propio Consell per la República.

  A estratexia do exilio e da internacionalización xurídica e política do conflito tense amosado  moi acaída para o mantemento na axenda internacional e europea da cuestión catalá e para identificar as fendas xurídicas e de praxe democrática do Estado español e expoñelas á opinión pública europea e mundial.

   Para Catalunya gañaren a súa República a boa gobernanza da Generalitat é precisa, máis non é abonda. Cómpre a acción exterior, no ámbito simbólico e democrático, do president Puigdemont e dos outros actores depositarios da lexitimidade do 1-Ou.

   Dous anos de cheque en branco en Madrid?

     Outro dos pontos fulcrais do pacto atendía ao priorizamento da táboa negociadora Generalitat-Estadoque propuña ERC vs o confrontamento intelixente que defendía Junts, constituído nun auténtico leitmotiv de campaña pola súa candidata e hoxe presidenta do Parlament, Laura Borrás.

       O acordo outorga un máximo de dous anos para que a política de diálogo dea froito, sempre no horizonte da amnistía e do referéndum pactado. Decorrido este prazo priorizaríase o confrontamento pacífico e intelixente que nos desbotaría as vías unilaterais.

       O pacto acadado quizais era o único pacto posíbel nesta altura, malia que o tempo outorgado (dous anos) semella longo de máis na actual conxuntura do Estado e, nomeadamente, dos partidos que integran o seu Goberno. A resolución da recente crise norteafricana e máis o paralisamento dos indultos aos presos políticos e da rebaixa penolóxica  do deliccto de sedición no Código Penal amosan que o cheque case en branco outorgado estes últimos meses por ERC e máis EH Bildu nin obtén contrapartidas políticas nin mesmo modifica os marcos mentais das esquerdas españolas. O  voto en contra dos comúns á investidura do president Aragonés reflicte a unidade de destino no universal dos unionistas todos.

    Dous anos de negociación baleiras complementadas por un apoio sen contraprestacións ao Goberno do Estado no Congreso semellan moito tempo. Os partidos do Govern, os outros partidos independentistas e as organizacións da sociedade civil haberían cumprir co seu rol fulcral de análise, pulo social, crítica construtiva e mobilización social.

O papel da sociedade civil. 

 Neste senso, ANC e Omnium son fulcrais. O remate da crise sanitaria habería sinalar tamén a época na que o soberanismo catalán volte demostrar a súa pacífica forza e razón na rúa. A sociedade civil haberá seguer a construir país, dende a defensa dos seus intereses sectoriais, mais tamén dende a defensa do conxunto da sociedade catalá.

  Velaí a conquista para a o empresariado pequeno e mediano da Cambra de Barcelona pola candidatura de Joan Canadell ou a desputa  da dirección do Colexio de Avogados de Barcelona  pola candidatura anovadora de Gonçal Oliveros e Anna Boza fronte á candidatura continuista de Maria Eugènia Gay nas vindeiras eleccións da fin de xuño. Como moi ben definiu o ex decano e deputado Jaume Alonso-Cuevillas a renovación é obrigada para que o Colexio barcelonés volte defender os intereses da sociedade, dos pequenos e medianos Despachos xurídicos e da cidadanía, fronte unha Xunta de Goberno actual defensora dos privilexios do Poder.

 Nas últimas horas a involución unionista segue enchoupar as devanditas e outras Institucións da sociedade civil catalá. O xornal La Vanguardia ven de pechar a colaboración nas súas páxinas de Pilar Rahola, presente nelas dende 2007.

 O nou Govern, os partidos soberanistas, a ANC, Omnium e as institucións fulcrais da sociedade civil catalá teñen tarefa abonda por diante. E van precisar a axuda e comprensión das persoas e dos pobos amigos. A suposta equidistancia remata sendo incompatíbel coa ecuanimidade democrática propia do sentidiño.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en O Govern que elixiu a cidadanía catalá..-Xoan Antón Pérez-Lema*

PLAN MARSHALL (II). Antonio Campos Romay*

Tras los esfuerzos desplegados por el Gobierno de España y su Presidente, vamos a participar en lo que podría ser un “Plan Marshall II” concebido para reconstruir la economía europea, paliando el tsunami económico que representó la pandemia. En el primero, finalizada la II Guerra Mundial, se nos dejó fuera con la excusa hipócrita de castigar un régimen criminal y totalitario. Un acto de cinismo, pues mientras el látigo caía sobre la ciudadanía, yanquis y británicos en privado se sentían muy cómodos con un régimen que habían apoyado subrepticiamente  en la guerra civil, usando luego al dictador como su peón.   

Hoy en otras circunstancias, el cuerno de la abundancia es europeo. Dinero del que dispondremos pese al denodado esfuerzo para boicotear su llegada del Sr. Casado, que incapaz de ganar una sola elección, se apropia patético de los resultados obtenidos por la Sra. Ayuso.

Mintió, obstruyó, e impulso campañas difamatorias en los foros europeos contra España, representada por su gobierno legítimo, para que no llegase un euro comunitario a nuestro país. Su obsesión, en la que el interés común carece de importancia, es dinamitar al gobierno por cualquier medio para  llegar a La Moncloa, aun a costa de una mayor agonía del país.

Este caballero habla de un cambio de ciclo. Cabe suponer que no se refiere a la organización  que dirige,  enfangada en su ciclo judicial con pesadas mochilas repletas de fantasmas, por  uso y actuaciones  inicuas de la política.

Clama por un adelanto electoral cuando el sentido de estado aconseja dedicar todos los esfuerzos a enjugar los daños sufridos por la pandemia. Oxigenar las estructuras económicas, impulsar los diversos sectores productivos, profundizar políticas solidarias, o cerrar la brecha social abierta por el  gobierno conservador durante la Gran Estafa. Ignora frívolamente que en este momento crítico, lo que está en juego es salir en condiciones aceptables, o condenados a la indigencia por varias décadas.  

Mientras se disparan las alarmas económicas y sociales toca lidiar con una derecha montaraz subordinada a la extrema derecha. Sin hoja de ruta definida. Con la hipoteca de la política catalana sumida en descarnadas luchas de poder en el campo separatista con abandono de la gestión de la res publica. Aferrados a un discurso cansino en permanente pulso con la convivencia en común. Con una gravísima crisis humanitaria en el Estrecho y la frontera sur de la UE manejada a su antojo por el sátrapa marroquí, en la que nuevamente el Sr. Casado         muestra su textura moral. El relato de desasosiegos se hace largo. Inquieta que ante ellos el líder opositor como única propuesta, se aferre a la más desquiciada. El adelanto electoral.

La mayoría parlamentaria en que se apoya el gobierno de coalición no es la más cómoda, y sin duda no será fácil la andadura hasta el final de la legislatura. No es nada nuevo. Así fue  desde el primer día. Pero deducir de ello la necesidad de un adelanto electoral es de un oportunismo disparatado. Sabiendo que en el mejor de los casos, lo que este ofrecería sería un panorama muy similar al actual. O puestos en lo peor, con la extrema derecha ocupando poltronas en el Consejo de Ministros.

Lo único garantizado seria la parálisis de la acción de gobierno justo cuando ejecutivo, instituciones y agentes sociales debieran aplicar todo su tiempo a rentabilizar los fondos europeos y la oposición, desde un mínimo compromiso con el interés colectivo, colaborando y haciendo aportaciones útiles.

El gobierno coaligado con sus luces y sombras, se agranda como mejor opción posible cuando la alternativa es el tándem, Casado-Abascal con Aznar al fondo, la Conferencia Episcopal en la sombra y lo más rancio de los sectores económicos afilando sus garras. Algo que debe invitar al ejecutivo a  una seria reflexión y a un esfuerzo de cohesión cara a los dos años que restan.

Parece aconsejable abordar una remodelación del Consejo que contemple algún relevo en aras de una mayor eficacia. Y su redimensión, devolviendo a Direcciones Generales y Secretarias de Estado carteras ministeriales que nunca debieron ser tales. Sin menoscabo de los  compromisos del pacto de gobierno. Evitando al tiempo reiterar comportamientos que oscurecen lo que está siendo una gestión eficaz, incluso brillante en algún aspecto.   

Es necesario fortalecer el liderazgo. En línea con la agilidad mostrada por el Presidente con su presencia en Ceuta y Melilla, mostrando compromiso y firmeza en la crisis, enmendando la torpe actuación de la Sra. Ministra de Exteriores. Erradicando ridículos y extemporáneos roces interministeriales. O enquistarse en actitudes incomprensibles para aquellos que respaldan su acción, en tanto esta representa progreso, solidaridad y modernización.

Robustecer una acción de gobierno que salvaguarde los intereses de la ciudadanía del riesgo de que se vean comprometidos por la demología bananera de patriotas de hojalata ávidos de clavar sus garfios en los resortes de poder que les permitan hincar el diente en los fondos por venir, haciendo de la patria negocio y del sufrimiento de la sociedad, lucro.  

*Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en PLAN MARSHALL (II). Antonio Campos Romay*