Fronte esta pandemia compre colaborar globalmente asumindo as directrices da autoridade científica da Organización Mundial da Saúde (OMS). Precisamos tamén dunha actuación coordinada moi potente dende a Unión Europea e dunha cooperación e coordinación en tempo real en todo o Estado.
Mais coordinación non implica Mando Único. A asunción deste dende o 15-M polo Ministerio de Sanidade (MS) non achegou vantaxes, senón graves pexas. Fracasou a centralización da merca de equipas de protección (EPI), respiradores mecánicos e outro material sanitario. En toda a semana o MS non foi quen de fornecer este material, curtando as vías de subministración antes abertas polas Administracións sanitarias autonómicas. Incautáronse máscaras nas empresas destinadas ás Administracións sanitarias catalá e andaluza, mentres a Xunta denunciaba non ter recebido máis ca 10.000 en nove días. A mediados da semana o MS devolveulle ás Administracións autonómicas a capacidade de mercar este material. Seguir leyendo



