Nin os sectores políticos e mediáticos que quixeron neutralizar -mesmo recorrendo á caricatura- a convocatoria do 8-M foron quen de negar o espectacular éxito acadado polas organizacións feministas promotoras da xornada.As manifestacións rexistradas na Galiza tiveron un volume de asistencia que non se coñecía dende os anos 2002 e 2003 (catástrofe do Prestige e guerra de Iraque).Cunha diferenza moi relevante:naqueles episodios mobilizadores existían unhas causas inmediatas e conxunturais que explicaban a masividade das respostas mentres que agora estamos ante un salto cualitativo na traxectoria dun movemento que leva mais de catro décadas organizando iniciativas en defensa dos dereitos das mulleres.
Sitios de interés
-
Categorías
septiembre 2026 L M X J V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Estadísticas del blog
- 193.143 hits




