A renda básica de integración – Xoán Antón Pérez-Lema

 

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

O goberno local d’A Coruña presentará este mes no Pleno unha Ordenanza para regular a percepción dunha Renda Básica de Integración (RBI) por parte dos residentes que cumpran uns determinados requisitos. A medida constitúe un dos pontos fulcrais do programa electoral  que o alcalde Xulio Ferreiro e a Marea Atlántica presentaron ás últimas locais de maio do 2015.

Esta caste de prestacións son esenciais nunha época de crecente exclusión social, coma nesta que vivimos. Na nosa Galicia, a porcentaxe de poboación en risco de exclusión medrou do 16 ao 20%, mentres que tres millóns de cidadáns españois ficaron fóra da da clase media dende que comezou a Grande Depresión. Estas Rendas garanten unha existencia  digna, concibida como dereito da persoa e resolven, dende logo, moitas cuestións que ameazan a inclusión social. Dende a pobreza enerxética, até a presión de determinados empregadores que poden usar a actual falla de cobertura social como medio coercitivo para obter traballadores que perceben o salario mínimo por dez ou once horas de traballo.

Adoita obxectarse a esta caste de prestacións un suposto efecto desincentivador sobre a busca de emprego, É dicir, habería supostamente persoas que eludirían traballar para cobrar, no seu canto, esta caste de prestacións. Cómpre desbotar este argumento de patacón. Ninguén con sentido común deixa de traballar para cobrar unha paga de pouco máis de 500 €. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en A renda básica de integración – Xoán Antón Pérez-Lema

O 15-M – Xesús Veiga

1f31c-xesusveigaO  15-M

Xesús Veiga

Cúmprense, agora, cinco anos do nacemento do chamado “movemento 15-M”.Cando apareceron aquelas manifestacións e acampadas protagonizadas por milleiros de persoas –cunha porcentaxe moi maioritaria de mozos e mozas- no mes de Maio de 2011, houbo reaccións diverxentes na opinión pública e na publicada.Houbo, sen dúbida, simpatía expresa ou tácita en moitos sectores sociais que padecían unha dupla frustración: a derivada das penalidades asociadas ao impacto da crise económica nas súas condicións de vida e a que suscitaba o papel dos gobernantes –daquela, para mais inri, pertencentes a un partido político que se autoidentificaba no universo da esquerda- na xestión da desfeita económica.Aínda estaba quente, na memoria colectiva, a espectacular viraxe realizada por Rodríguez Zapatero un ano antes –Maio de 2010-, modificando substancialmente o seu programa electoral para executar as directrices emanadas da “troika”.

O “movemento dos indignados” era –coma noutros casos históricos anteriores:OTAN, Prestige, guerra de Irak- unha expresión do forte malestar presente nunha parte do corpo social.A orixinalidade do 15-M radicaba, polo menos, en dous vectores novidosos:o cuestionamento do propio sistema de representación política e a utilización de formas inéditas de organización no desenvolvemento das protestas.Nas ocasións precedentes, o que se pedía era o cambio en determinadas políticas (saída dunha alianza militar, nova regulación do transporte marítimo, remate dunha iniciativa bélica) e a dimisión dos cargos gobernamentais responsábeis.Neste caso, o que se colocaba no primeiro plano tiña que ver coa modificación das regras de xogo da democracia vixente.A crítica indiscriminada ás forzas políticas presentes nas institucións (“non nos representan”; “chámanlle democracia e non o é”) ía acompañada de propostas alternativas mais ou menos elaboradas. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Comentarios desactivados en O 15-M – Xesús Veiga

Gaña Leiceaga, perde Feijóo – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

As primarias para elixir candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta remataron cunha relativa sorpresa, pois que Xaquín F. Leiceaga impúxose a Méndez Romeu (55,67% vs. 44,33%). A participación, arredor dun 65%, foi moi alta, en comparanza coas obtidas en procesos de primarias ou congresuais de Podemos, Anova ou o BNG. Quizais sería porque os dous proxectos eran nidios e definidos. E ía haber, de certo, gañadores e perdedores.

O exconselleiro Méndez Romeu achegaba boa capacidade política e relacional, indubidábel intelixencia e ampla experiencia. Achegaba tamén o apoio do superalcalde Caballero (en Vigo  Romeu arrasou cun 77% de votos), da presidenta da Deputación pontevedresa Carmela Silva, dos exministros Caamaño e Blanco, do exalcalde lugués Orozco, do ex secretario xeral Pachi Vázquez e dos restos do vazquizmo coruñés. Achegaba o proxecto de hexemonía socialista propio da época do felipismo e do guerrismo, que no 2016 é tan irreal que constitúe pouco máis ca unha desculpa para non artellar a alternativa plural que lle dea o relevo democrático a Feijóo.

Fronte esta potente alianza, Leiceaga achegou o sentido común da afiliación de base (que ten claro que o adversario é o PP e non acredita noutras andrómenas) e un proxecto de País que sempre lle acompañou e que lle vai permitir participar con forza nunha coalición galeguista e progresista de goberno, no caso moi probábel que PP e C´s non acaden no vindeiro outubro a maioría absoluta. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Gaña Leiceaga, perde Feijóo – Xoán Antón Pérez-Lema

Lección de teología de la liberación – Juan JoséTamayo

DSC_0014LECCIÓN DE TEOLOGÍA DE LA LIBERACIÓN

Juan José Tamayo (Teólogo)

He podido seguir de cerca la visita del papa Francisco a México, ya que ha coincidido con mi participación en el Encuentro Latinoamericano con representantes de Organizaciones Indígenas y Campesinas de América Latina en torno a la defensa de sus derechos a la Tierra, el Territorio y los Bosques, celebrado los días 13 y 14 de febrero en San Cristóbal de las Casas, Chiapas, el Estado mexicano más pobre, donde fue obispo Bartolomé de Las Casas, defensor de las comunidades indígenas.

La visita de Francisco no ha sido un viaje turístico al uso, ni un encuentro meramente protocolario de un dignatario eclesiástico con sus fieles seguidores, sino un recorrido por el México profundo, los lugares más lóbregos y las realidades más dramáticas que los turistas no suelen visitar. Ha tenido una fuerte carga política, social y religiosa crítica. En el encuentro con los políticos y los eclesiásticos ha roto todos los protocolos y no ha hecho concesión alguna al lenguaje diplomático.

A los políticos les ha dicho en su cara que “cada vez que buscamos el camino del privilegio o beneficio de unos pocos en detrimento del bien de todos, tarde o temprano, la vida en sociedad se vuelve un terreno fértil para la corrupción, el narcotráfico, la exclusión de culturas diferentes, la violencia, e incluso el tráfico de personas, el secuestro, la muerte, causando sufrimiento y frenando su desarrollo”. Excelente resumen de los más graves problemas que vive México y de los que responsabilizó a los dirigentes políticos, quienes no parece se dieran por enterados.

A los jerarcas católicos les ha exigido que “no pongan su confianza en los ‘carros y caballos’ de los faraones actuales”; ni vivan como príncipes, ni “pierdan tiempo y energía en las cosas secundarias, habladurías e intrigas, vanos proyectos de carrera, vacuos planes de hegemonía, infecundos clubs de intereses o de consorterías”; que se acerquen a la periferia existencial y humana de los territorios desolados; que superen las tentaciones “del clericalismo y de la distancia, del triunfalismo y de la autor-referencia, de la frialdad y la indiferencia”; que tenga coraje profético para condenar el narcotráfico. El propio papa ha predicado con el ejemplo los seis días de su visita por tierras mexicanas, dando una lección práctica de teología de la liberación. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Juan José Tamayo | Comentarios desactivados en Lección de teología de la liberación – Juan JoséTamayo

As contas do centralismo – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Sempre que o Goberno central quitou a súa información sobre as chamadas balanzas fiscais (2008 e 2012), Galicia resultou suposta beneficiaria da solidariedade do Estado, avaliándose até en 3500 M€ a diferenza ao noso favor entre o supostamente recadado e o recibido.

Claro é que as contas do centralismo son parte dos moitos contos ou ladaíñas que retransmiten os voceiros-oficiais e oficiosos-do centralismo. E levan trampa. En primeiro lugar, contabilizan a Seguridade social contributiva, que non é cuestión de territorios, senón de persoas cotizantes. Eu gaño o meu dereito á pensión contributiva e á contía da mesma independentemente de onde cotizase. Tamén está a trampa do método de contabilización chamado carga/beneficio, que contabiliza como gastados e/ou investidos en Galicia o 5,4% dos orzamentos de Defensa, RTVE Casa Real, Ministerios, cando a inmensa maioría destes gastos. Ou nos atribúe o 7% da débeda pública estatal, cando só somos o 5,4% da súa poboación. A quen beneficia o gasto burocrático na súa inmensa maioría? Acertaron, á área de Madrid, que é onde se cobran os soldos e se fai o gasto.

Se empregamos a metodoloxía que os economistas máis neutrais xulgan de aplicación,, resulta que no 2015 o Estado recadará uns 12.400 a 12.500 M€ na Galicia dos que a Xunta empregará uns 9000 M€ nos seus orzamentos. Algúen pensa que os servizos que presta o  Estado na Galicia acaden o valor de 3.400 M €/ano?. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en As contas do centralismo – Xoán Antón Pérez-Lema

Esperando a Godot – Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayESPERANDO A GODOT…. 

La catadura moral de una sociedad que permanece indiferente ante una madre que deja atada una hija de pocos meses a una piedra, porque no tiene a quien dejarla y está de sol a sol, cavando zanjas por tres dólares al día con su esposo, solo convoca al horror…Y esto pasa en una potencia nuclear, la India. Algo común en diversos grados en muchos otros países, asiáticos, africanos o americanos…Forbes dedicará lo mejor de su papel couche a ensalzar las grandes fortunas amasadas con la sangre, el sudor y la miseria  de esas gentes, que  mueren cada día un poco más, sin que nadie derrame una lagrima por ellas.

Jean Paul Sartre en “La náusea” nos habla de repugnancia, nausea, obscenidad…También de la brutalidad de la existencia, de buenos burgueses que adrede ignoran la realidad cotidiana y la relegan dando espaldas al progreso y al futuro …Sin saberlo con casi ochenta años de anticipación no sitúa ante la sensación de asco y nausea que produce una Europa desteñida de su moral, de su ética, que olvida su nobleza de dama republicana, imagen de valores y derechos, y se muestra como vieja prostituta encanallada, en cuyo rostro se dibujan la insolidaridad, la codicia y el miedo, mientras da la espalda o ignora, a los que huyen del horror y la muerte.

Es difícil no montar en cólera ante un gobierno que regatea a la justicia los medios  para procesar delincuentes de cuello blanco y alma negra, gurtelianos y demás especies de sabandijas del dinero del común, y  torticeramente acorta los plazos procedimentales, haciendo que la impunidad  quede más al alcance del criminal encorbatado. Y es mayor la repulsa si cabe, cuando en estos días una inmensa mayoría de ciudadanas y ciudadanos honrados, sujetos de una nómina, acosados y vigilados al milímetro por una incorruptible Agencia Tributaria, que jamás admitiría, -como es bien sabido-, facturas falsas para salvar de un delito a ninguna dama en apuros, (aunque menstrúe sangre azul) cumplen sus obligaciones con el fisco. Ciudadanía honesta bajo sospecha, tratada como delincuentes potenciales, mientras los ladrones, comisionistas (incluidos los que operan en el Golfo Pérsico con aristocrática desenvoltura), extorsionistas, evasores, corruptos de mil pelajes, pululan felices entre amnistías fiscales y prescripciones administrativas carcajeándose de  “la plebe”… Seguir leyendo

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Comentarios desactivados en Esperando a Godot – Antonio Campos Romay