Hai unha grande coincidencia na consideración de que as eleccións do pasado 20 de Decembro representaron un notábel cambio cualitativo a respecto da lóxica dominante na política estatal.Aínda que non se poda afirmar que os comicios foron a sentenza de morte do bipartidismo, resulta evidente que ficou seriamente debilitado.A principal vía de auga nesa estrutura bipolar rexistrouse, precisamente, no territorio que viña hexemonizando o PSOE.Dúas circunstancias numéricas certifican semellante constatación:o partido dirixido por Pedro Sánchez non foi quen de aproveitar a forte erosión padecida polo PP e –por primeira vez dende 1977- unha alternativa electoral conformada por Podemos e diversas forzas políticas de Catalunya, Galiza e Pais Valenciá colocouse a unha distancia cativa -21 escanos e 300.000 votos- do apoio recibido polo Partido Socialista.
Coñecidas as cifras proporcionadas polas urnas, os dirixentes socialistas tiñan dous camiños diverxentes para conformar un goberno dotado de certa estabilidade:ou acadaban un acordo co PP e Cidadáns (nas dúas variantes hipotéticas:só co primeiro ou mediante un pacto conxunto) ou negociaban con Podemos, En Comú Podem, En Marea, Compromís, IU, PNV, DiLL e ERC a viabilidade dunha fórmula que –a través do voto afirmativo ou coa abstención- permitira a investidura de Sánchez e a posterior gobernanza compartida.O descarte dun entendemento explícito ou tácito co PP –derivado do temor á dinámica de “pasokización” que tal circunstancia podería provocar- reducía seriamente a dimensión cuantitativa de semellante opción (90 escanos socialistas e 40 do partido de Rivera) e reforzaba, teoricamente, a virtualidade da combinación alternativa, con forzas da esquerda e nacionalistas.Poren, a equipa de Sánchez non quere aceitar esa lóxica asociativa e pretende conseguir a cuadratura do círculo:argallar un pacto simultáneo coa esquerda e co partido que, durante a campaña electoral, recibía o expresivo cualificativo de “marca branca” do PP. Seguir leyendo





