OUTONO ELECTORAL NO SUR DE EUROPA
O día 20 en Grecia. O 27 en Catalunya.E o 4 de Outubro en Portugal.Nas vindeiras tres semanas van ter lugar citas electorais moi relevantes no sur de Europa.
Os tres países teñen tradicións, estruturas e dinámicas políticas suficientemente diferenciadas como para pretender unha análise lineal e indiscriminada dos factores que van condicionar os resultados das urnas.Poren, cabe identificar un elemento común presente nas tres consultas:a incertidume sobre o peso que terá a posición das elites dominantes da UE no comportamento final dos tres electorados.En Grecia e Portugal, as decisións da “troika” teñen sido determinantes na evolución económica e social dos últimos anos e alteraron os vectores habituais nos que se desenvolvía a confrontación entre as distintas forzas políticas.No caso de Catalunya, a singularidade destas eleccións ao Parlament (coñecer o volume de persoas favorábeis e contrarias a unha futura independencia) revaloriza notabelmente a incidencia que poda ter nos votantes do 27-S a posición que manteñen as institucións da UE e o propio goberno alemán.
De xeito mais tácito que expreso, a presión sobre os corpos electorais xa está formulada:vostedes poden votar o que queiran pero se desexan seguir no club selecto residenciado en Bruxelas non deberán apoiar aquelas opcións que non gozan da total aquiescencia dos poderes fácticos comunitarios.Esta foi a lóxica que se aplicou en Grecia a partir do triunfo de Syriza no pasado xaneiro e, agora, é a que pendura sobre o desenlace da consulta catalana.As previsións demoscópicas que se manexan no veciño Portugal non deberían suscitar preocupación nos despachos da UE:mantense a hexemonía dos partidos tradicionais e só cabe pensar no relevo da dereita gobernante por un PS que aceitou os duros programas de intervención deseñados polo FMI,BCE e Comisión Europea.Curiosa asimetría a que se rexistra neste outono electoral entre a beira atlántica e a mediterránea. Seguir leyendo



