¿Qué podemos aprender del chantaje al gobierno de Syriza? Oskar Lafontaine – Actualidad

oskar¿Qué podemos aprender del chantaje al gobierno de Syriza?  Oskar Lafontaine

Muchas personas en Europa recibieron la elección de Alexis Tsipras como primer ministro de Grecia como una noticia esperanzadora. Cuando el presidente de Syriza, después de semanas de agotadoras negociaciones firmó el dictado de recortes, la decepción fue asimismo muy grande. Sería injusto y arrogante señalar a Alexis Tsipras y a Syriza con el dedo acusador de la moral. Mucho mejor sería reflexionar dentro de la izquierda europea bajo qué condiciones es posible en Europa hoy hacer una política democrática y social, es decir, de izquierdas.

Hemos aprendido una cosa: Mientras el supuestamente independiente y apolítico Banco Central Europeo pueda cerrar el grifo del dinero a un gobierno de izquierdas, una política que se oriente hacia principios democráticos y sociales será imposible. El exbanquero de inversión Mario Draghi no es ni independiente ni apolítico. Él trabajaba para Goldman Sachs, en el momento en que ese banco de Wall Street ayudó a Grecia a falsear los balances de su contabilidad. Así fue como se hizo posible la entrada de Grecia en el euro.

En los meses pasados muchos artículos de opinión se han ocupado de la pregunta de si el dracma debería ser introducido de nuevo. No sirve para nada y es una base errónea reducir el debate a esta pregunta. No solo en Grecia, sino en todo el sur de Europa el paro juvenil es insoportable y cada uno de los países que forman parte de la zona euro están siendo desindustrializados. Una Europa en la que la juventud no tiene futuro está en peligro de descomposición y de convertirse en el botín de fuerzas nacionalistas de extrema derecha renovadas. Seguir leyendo

Publicado en ACTUALIDAD | Comentarios desactivados en ¿Qué podemos aprender del chantaje al gobierno de Syriza? Oskar Lafontaine – Actualidad

Silencios sobre o bipartito – Xesús Veiga

264c2-xesusveigaSILENCIOS  SOBRE  O  BIPARTITO

Hai agora dez anos, comezaba a súa andaina o goberno galego de coalición entre o Partido Socialista e o BNG.A pesar de conmemorar unha cifra cronolóxica redonda, os principais medios de comunicación non están a dedicar espazos para lembrar o cambio provocado pola perda da hexemonía fraguista construída durante a década dos anos 90 do pasado século.O silencio resulta aínda mais sorprendente porque, alén das filias e fobias que profesan os creadores de opinión, o chamado goberno bipartito foi o intento mais serio, rexistrado nos últimos 25 anos da nosa historia, para artellar un proxecto alternativo aos que representaron, dende 1981, as sucesivas administracións autonómicas dirixidas por AP/PP.

Tamén se constata outro silencio moi chamativo entre os protagonistas daquel feito histórico.As únicas declaracións públicas sobre este aniversario procederon de dúas figuras –Pérez Touriño e Anxo Quintana- que levan moito tempo fora da primeira liña das súas respectivas organizacións.Non é doado explicar esta inhibición compartida.Por qué razóns, importantes sectores de ambos grupos políticos evitan reflexionar explicitamente sobre aquela experiencia, coma se fora un episodio pouco merecedor da exteriorización dun sentimento de orgullo e reivindicación permanentes?. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Comentarios desactivados en Silencios sobre o bipartito – Xesús Veiga

Cidadanía e nova política – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A resposta austericida que os Gobernos lle deron  á Gran Depresión, xunto coa deterioración política manifestada no divorcio entre amplos sectores sociais e o bipartidismo dinàstico que  monopolizou as Institucións os últimos trinta anos, foron o caldo de cultivo da toma de conciencia cidadá, da repolitización de moita xente. Milleiros se decatan que eles e a súa contorna empobrecéronse, quer ao perderen o traballo ou a  súa pequena empresa, quer o veren reducidos ou precarizados os seus ingresos. E fronte este empobrecemento os Gobernos sanean a banca e recurtan a cobertura do desemprego, a sanidade, a educación e os servizos sociais, agravando substancialmente a mancada situación das clases medias e traballadoras. Mentres, abrollan centos de casos de corrupción que evidencian o afastamento de PP e PSOE a respecto dos problemas da maioría social. PP e PSOE amósanse moito máis pendentes de manter a súa capacidade de empregar aos seus ca de artellar políticas de crecemento que xeren emprego e recadación fiscal. Velaí o suceso da representación simbólica de PODEMOS: eles son a casta e non nos representan.

Na Galicia ocorre todo isto cando formáramos as xeracións máis preparadas da nosa historia. Que ducias de milleiros de persoas novas e amplamente formadas tiveran de emigrar contribuiu rachar o pacto social da transición, por mor da corrupción e desinterese bipartidista. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Cidadanía e nova política – Xoán Antón Pérez-Lema

Calendarios gemelos – José María Barja Pérez

491c7-josc3a9mc2aabarjaCalendarios gemelos

Cuando surgen noticias sobre los coptos, y también sobre la iglesia de Etiopía, no suele mencionarse que ambas comunidades utilizan un mismo modelo de calendario surgido del egipcio tolemaico. Y menos aún, que el intento de un nuevo calendario en Europa, con los poéticos nombres de los meses inventados por Fabre d’Eglantine, era exactamente de ese tipo. Que todos los meses tuviesen igual duración, aunque haya que añadir 5 o 6 días adicionales para completar los 365 o 366 días, produce un esquema fácil de adoptar.

copto-etíope revolucionario

Pero, aunque no totalmente gemelos, están en vigor tres calendarios del siglo XX en países asiáticos, incluso de amplia mayoría musulmana. Pues frente al calendario islámico, no coordinado con las estaciones, esos modelos permiten fijar las obligaciones fiscales tras las cosechas. Mantienen incluso la coordinación con el llamado “calendario común”, el gregoriano.

Persa, Civil Indio, Bangla Shon

Pero la semana, sin duda el concepto sobre organización del tiempo más compartido por la humanidad y una de las razones de la no continuidad del innovador calendario revolucionario, sigue marcando la actualidad. Y ha tenido que recordar el Tribunal Supremo el derecho de los miembros de algunas religiones de no celebrar una oposición un sábado.
Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Comentarios desactivados en Calendarios gemelos – José María Barja Pérez

As vellas practicas continuan – Xesús Vega

264c2-xesusveigaAS  VELLAS  PRACTICAS  CONTINUAN

Dende que o malestar de amplos sectores sociais exhibiu a súa intensidade nas prazas e rúas a partir do 15-M de 2011, a case totalidade dos analistas e dos estudos demoscópicos veñen afirmando a consolidación dunha fenda entre o corpo electoral e a meirande parte dos representantes institucionais.O éxito de Podemos nas eleccións europeas de 2014 e os bos resultados obtidos por diversas plataformas unitarias na cita do pasado 24 de Maio certificaron a envergadura da desconfianza que está afectando ao desenvolvemento da vida política.

Neste período de referencia, os dirixentes dos partidos hexemónicos admitiron, con demoras e ambigüidades, que estaban advertidos polos votantes.A pesar dese recoñecemento retórico, o tempo pasa e seguen rexistrándose comportamentos que non se compadecen coa teórica asunción das mensaxes emitidas dende a cidadanía.Os últimos exemplos desa teimuda actitude conservadora están á luz pública:a decisión de aprobar os orzamentos xerais do Estado de 2016 antes da convocatoria electoral e o pacto PPdG-PSdG para votar no Parlamento galego a renovación do Valedor do Pobo, do Consello de Contas e do Consello de Administración da CRTVG. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Comentarios desactivados en As vellas practicas continuan – Xesús Vega

Feijoo e os lumes- Xoán Antón Pérez-Lema

9d645-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaFEIJOO E OS LUMES

Falando dos lumes forestais un xa non sabe se os responsàbeis políticos da Xunta non se enteran ou insultan  á nosa intelixencia.

Hai días, boa parte do noso País sofría os tres trintas: temperaturas de máis de 30 graos, ventos de máis de 30 km/h e unha humidade relativa inferior ao 30%. Producíronse, pois, un alto número de incendios que queimaron milleiros de hectáreas. E como reaccionaron os  nosos gobernantes? O Presidente Feijóo laiándose da benignidade das normas penais cos delincuentes incendiarios. E Tomás Fernández Couto, que leva dirixindo a Administración forestal de Galicia vinte anos (quitando de setembro 2005 a abruil do 2009) botándolle ás culpas aos concellos e aos cidadáns que non limpan as súas fincas.

O abandono de grandes áreas do medio rural e, xa que logo, o dominio do mato e máis a despoboación do noso campo fornecen do combustíbel preciso ao labor dos incendiarios. Cunha tal cantidade de mato e coas condicións ambientais chamadas dos tres trintas os lumes son seguros e tamèn é moi probábel a súa capacidade de facer dano. Por outra banda, sabemos dende hai  anos, polo macroestudo coordinado polo anterior Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, que máis do 90% dos lumes na Galicia son intencionados, malia que non existan tramas criminais no monte galego e si unha chea de pequenos individuais  que percuran coas súas accións cativas avantaxes persoais ou que actúan polo seu illamento social (moitos son persoas pouco relacionadas coa contorna e de moi baixo nível cultural e intelectual.

Sabe ben a Xunta de Galicia que o problema dos lumes non se mellora co Código Penal, senón con prevención, independentemente de que haxa que manter un sistema acaído de extinción. Pero resulta que os instrumentos de prevención despregados polo conselleiro nacionalista Suárez Canal despois da vaga do 2006 (Unidades de Xestión Forestal, empresa pública SEAGA) foron suprimidos e os servizos de extinción  recurtados e parcialmente privatizados.

Despois da inacción destes seis anos de Goberno Feijóo está a pasar o lóxico.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Feijoo e os lumes- Xoán Antón Pérez-Lema