A VIDA DEMOCRÁTICA DOS PARTIDOS
Nos últimos días tivo lugar, no seo do partido Podemos, a elección das persoas que van ocupar responsabilidades dirixentes en diversos concellos do estado. Resultou chamativo constatar que o nivel de participación das persoas inscritas ficou nidiamente por debaixo do 50%.A sorpresa foi, con todo, relativa:nos procesos electivos realizados hai poucas semanas na mesma formación acordado para ar os principios -éticos e políticos-, o modelo organizativo e a designación da equipa dirixente, a porcentaxe de votantes tampouco superou a metade do censo total existente.Estamos, pois, ante unha realidade contraditoria:a posta en funcionamento dun mecanismo participativo para tomar decisións no seo desta nova forza política non se ve correspondida cunha implicación práctica da grande maioría das persoas que, voluntariamente, se tiñan apuntado para poder estar presentes no procedemento establecido.
Este fenómeno acontecido agora en Podemos tamén se comprobou anteriormente nos procesos rexistrados en Anova e Cerna.E ocorreu algo semellante na tantas veces citada Asemblea do BNG celebrada en Amio nos primeiros días de 2012: o volume de participantes nas relevantes decisións tomadas naquel encontro non foi mais alá da metade da afiliación existente na organización nacionalista.En todos estes casos, había dúas circunstancias coincidentes:a explícita invocación da importancia dos temas que se sometían ao veredicto das persoas integradas nos respectivos grupos e a reiterada petición da máxima participación por parte de todos os sectores concernidos nos debates abertos. Seguir leyendo




