Cristinita…guarda el coño…- Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayCristinita…guarda el coño… 

En lecho de muerte prematura, abatido por la tisis labrada a pulso por una libido compulsiva, noches  movidas y una endeble constitución, Alfonso XII en víspera de enviudar a su paciente consorte la aconsejaba entre ataques de tos, ”Cristinita,…guarda el  coño,  y ya sabes, de Cánovas a Sagasta y de Sagasta a Cánovas”..

Sabio consejo que la futura regente, Doña  María Cristina de Habsburgo siguió al pié de letra…Era una mujer práctica y de sólidos principios morales. Estos últimos le hicieron fácil atender las indicaciones del difunto esposo en orden a las partes pudendas…El sentido práctico la llevo a ser escrupulosa con la Constitución del momento del brazo de sus alternantes primeros ministros. Sobre su espalda y la del Sr. Sagasta cayó la losa de la pérdida de las últimas colonias americanas y Filipinas, aunque esto viniera sentenciado hacía tiempo. La Generación del 98 puso letra y pensamiento a la crisis que golpeo a España moral, política, social y económicamente. Aunque Baroja y Maeztu en algún momento llegaron a negar  la existencia de tal generación, Pedro Salinas en 1935 desde la Revista de Occidente la reivindicó con energía.

Consejo similar debió dar el decrepito Caudillo poco antes de su óbito a su sucesor “a título de rey”…Cabe colegir que obviaría la referencia vulvar…. Y si no se lo dio, la perspicacia del heredero haría poner en valor la recomendación de su bisabuelo. Funciono casi cuarenta años con otros protagonistas y similar esquema alineando en lugar del Partido Liberal a la socialdemocracia y en el de los  conservadores,  a los conservadores, estos si tan rancios como los del malagueño D. Antonio. No parece gratuito deducir que el heredero del dictador lo trasladara a su hijo,  al ceder un tanto a regañadientes la corona. Seguir leyendo

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Comentarios desactivados en Cristinita…guarda el coño…- Antonio Campos Romay

As cartas Caledonias (III)- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaAS CARTAS CALEDONIAS (III)

ESCOCIA VOTOU CONTINUIDADE E, TAMÉN, CAMBIO

Ás 8 am hora galega, cando escrebo esta carta, aínda non son definitivos os resultados do distrito das Highlands, mais si nos outros 31 distritos do País. A opción pola continuidade no Reino Unido gañou con claridade cunha diferenza superior aos dez puntos (máis do 55% fronte a menos do 45% da opción independentista). A alta participación (84,5%) determinou este resultado, na liña do 54-46% avanzado nas sondaxes feitas na xornada. Onde a participación foi máis baixa gañou o YES (53,5% fronte ao 46,5% en Glasgow, primeira cidade do país e de maioría traballadora, onde votou un 75% dos rexistrados ou 57,5% fronte ao 42,5% en Dundee, cun 79% de participación).Noutros distritos, como Edinburgh, a capital, a diferenza foi duns 23 pontos a prol do NO(61,5% fronte ao 38,5%). Salientábel é a relativa derrota do first minister nacionalista Salmond no seu condado de Aberdeenshire, onde o YES non chegou ao 40% dos votos.

O NO gañou nas zonas rurais, entre a xente de máis idade, nos lugares onde existen porcentaxes superiores de residentes nados en Inglaterra (12% do censo naceu neste país) e nas contornas máis encadrábeis nas clases medias e superiores. O YES mellora os seus resultados nas contornas urbanas e traballadoras e semella ter sido maioritario entre residentes nados fóra do Reino Unido e votantes de menos de 35 anos, o que determina unha tendencia cara unha meirande nivelación de resultados no futuro.

Canto á alta participación (84,5% dun censo onde é esixíbel o rexistro previo, que asinou o 97% dos potenciais electores)xogou a prol do voto negativo, malia que explica tamén os máis de 1.650.000 votos positivos emitidos, faltando as Highlands por contar. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en As cartas Caledonias (III)- Xoán Antón Pérez-Lema

As cartas Caledonias (II)- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaAS CARTAS CALEDONIAS (II)

SCOTLAND THE BRAVE

Case 4,3 millóns de escoceses (moitos deles por primeira vez  e 100.000 entre 16 e 18 anos) votarán hoxe a súa independencia. O dereito a voto exténdese a todos os británicos ou cidadáns dun Estado da Unión Europea ou da Commonwealth con máis de tres anos de residencia, entre eles centos de galegos, 16.000 galeses ou máis de 400.000 ingleses. De feito, malia que catorce das últimas dezaseis enquisas danlle avantaxe ao NO (onte catro coincidiron en reflectir unha avantaxe de catro pontos porcentuais e unha quinta de só dous pontos) a falla de precedentes, o elevado rexistro electoral e o número de novos electores (moitos deles mozos ou residentes nados fóra do País) danlle aos resultados un elevado grao de incerteza.

A campaña do YES SCOTLAND, que promove o voto a prol da independencia,  gañou indubidábelmente na rúa. Onte nos Meadows, a carón da Universidade de Edinburgh, xuntaron varios milleiros en poucas horas de xeito espontáneo, a medio das redes sociais. Desta volta quixeron amosar o apoio doutros países á decisión escocesa e falaron representantes de Galicia, Euskadi, Catalunya, Gales, Bretaña, Quebec, Nova Guiné-Papúa, Francia, Polonia, Alemania e Cachemira. Partillou xente de toda caste, con elevada participación de mozos, mulleres e residentes de orixe non escocesa. A festa espontánea rematou en Holyrood, diante do Parlamento escocés, coa rúa principal da cidade vella (a Royal Mile) totalmente ateigada de xente e grande ambiente de festa. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en As cartas Caledonias (II)- Xoán Antón Pérez-Lema

As cartas Caledonias- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaAS CARTAS CALEDONIAS.

O VOTO DO MEDO

A suba do YES nas sondaxes de primeiros deste mes espertou unha campaña unionista que adurmiñaba. O tripartito a prol do non (conservadores,liberal-demócratas e laboristas) botou mán de toda a súa axenda. Primeiro foi o gobernador do Banco de Inglaterra quen dixo que de gañar o si os escoceses non poderán partillar a libra esterlina. Despois, o Royal Bank of Scotland e o Bank of Scotland ameazaron con deixar cadansúas sedes escocesa e transladalas a Londres no caso dunha maioría de votos afirmativos. Logo foi un voceiro da aseguradora Aviva quen dixo que un SI poría en risco infraestruturas chave. A propria raíña Elizabeth, nun aceno no que non poucos escoceses teñen visto unha substancial creba da súa neutralidade, pediulle á cidadanía caledonía que votase con xeito (carefully, foi a verba usada pola Xefa do Estado). Teñamos en conta que unha parte substancial da campaña do YES SCOTLAND baséase na continuidade relativa que representaría seguer a partillar a libra cos demáis británicos e que a raíña continuase a ser a Xefa do Estado escocés, como é do Canadá, Nova Celandia ou Australia.

Están  por ver as resultas desta campaña do medo. Mais a propria opinión publicada londinense é escéptica a respecto destas pauliñas. Velaí o xornalista económico Nick Goodway (London Evening Standard) que escrebe : “non se pode desbotar  certa volatilidade a curto prazo, mais a medio prazo Escocia non preocupa aos investidores do Reino Unido. Sexa cal fór o resultado do referéndum non vai pasar nada”. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en As cartas Caledonias- Xoán Antón Pérez-Lema

Guisante, no achicharrado- José María Barja Pérez

491c7-josc3a9mc2aabarjaGuisante, no achicharrado

Las omnipresentes noticias futbolísticas han aportado últimamente un nuevo término cuya pronunciación desconcierta a los comentaristas madrileños. El último fichaje del Real Madrid es apodado chicharito, lo que en los medios acaba siendo pronunciado chicharrito. Consultando el DRAE se comprueba que son distintos ambos lemas, chícharo y chicharro; incluso el primero rompe la “norma” de la doble erre entre vocales, pues procede del latino cicero. Y además la homofonía conduce a extrañas explicaciones semánticas, llegando a sugerir incluso chicharra o achicharrado.

Una vez más dentro de un mismo idioma aparecen variantes, que algunos elevan a distinciones, que empiezan incluso por la forma de nombrar a los vehículos. Si los contactos entre hablas diferentes han enriquecido siempre a los idiomas, en un mundo hipercomunicado esto se acelera. No extraña así que software, hardware, escáner, web, hipertexto o bit sean ya lemas en la 23ª edición del diccionario de la RAE. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Comentarios desactivados en Guisante, no achicharrado- José María Barja Pérez

Os ingleses diante do referendum escocés- Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A prensa londinense deste domingo recolle a dramática apelación do prime minister Cameron a encher os exteriores das vivendas dos ingleses, galeses e norirlandeses de bandeiras escocesas para “salvarmos a Unión”. Os tres partidos principais (conservadores, laboristas e liberal-demócratas) canda cadanseus líderes (David Cameron, Ed Miliband e máis Nick Clegg) tentan seducir aos indecisos escoceses para votar negativamente á independencia. En troques, prometen unha substancial ampliación do autogoberno escocés no eido fiscal e financeiro.

En novembro 2012 , cando o first minister escocés pactou data e pregunta con Cameron, éste rexeitou toda posibilidade de “terceira vía” cara unha opción intermedia que garantise a continuidade don Reino Unido incrementando substancialmente os poderes fiscais do Parlamento escocés de Holyrood, opción que enchía os degoiros a medio prazo dos nacionalistas escoceses do SNP. Compre salientar que o nível autonómico dos caledonios elles ben máis amplo ca o galego e moi semellante ao catalán (policía de seguranza, réxime local), agás en cuestións fiscais onde calquera autonomìa española ten máis competencias.

Mais semella que moitos ingleses ollan ao problema escocés con certa distancia. Polo que puiden percebir nesta estadía, é maioritaria a opinión de que os escoceses non han dispor de máis financiamento por habitante ca Inglaterra. Por outra banda, o 48% dos ingleses están por activar controis fronteirizos  con Escocia no caso que gañe o  yes e o Goberno escocés asuma o espazo Schengen de liberdade de tránsito, segundo unha enquisa que este domingo publica o xornal The Mail. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Os ingleses diante do referendum escocés- Xoán Antón Pérez-Lema