CADERNOS DA VIAXE
O Dereito e a Política haberían ser útiles aos intereses xerais e boas ferramentas para resolver problemas. Se non os resolven e mesmo se invocan para perpetuar os existentes ou crear outros novos, compre reformalos para súa potencialidade ás demandas sociais.
Analisando a cuestión dende a visión puramente xurídica, o president catalá Artur Mas convocou este día unha consulta non vinculante (non un referéndum, coma o escocés) ao abeiro dunha lei catalá aprobada polo 85% do seu Parlament, no exercicio legal dunha competencia autonómica que o Tribunal Constitucional recoñeceu na súa sentenza do 2010, cando recurtou substancialmente o marco estatutario pactado entre os Parlamentos estatal e catalán contribuíndo moitísimo ao actual sentimento arredista de boa parte da sociedade catalá. Porén, o artigo 161 da Constitución dalle ao Presidente do Goberno do Estado a competencia que lle nega aos Presidentes da Xunta ou da Generalitat: a mera interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei e/ou contra a convocatoria da consulta determinará a suspensión da mesma en Dereito . Seguir leyendo






