Cada certo tempo resucita e ocupa un lugar destacado na axenda mediática.O último episodio foi a constitución do padroado da nova Fundación vinculada á entidade bancaria que emerxeu sobre as cinzas das vellas Caixas de Aforro galegas.A controversia de maior impacto foi, mais unha vez, a delimitación da sede dos órganos executivos da institución.Abel Caballero apareceu inmediatamente no escenario para realizar a enésima demostración de vitimismo vigués fronte ás “forzas norteñas do mal” que encabeza Feijoo.
Estamos ante unha das asignaturas pendentes que acompañan a traxectoria dos mais de trinta anos de existencia das institucións políticas galegas.O localismo constitúe un dos virus mais letais para a viabilidade de todos os proxectos relevantes que se podan acometer nos vindeiros anos e obriga a establecer diagnósticos compartidos sobre as orixes e os factores causantes desa grave epidemia.E o reto é moito maior para os dirixentes dun partido político –o PP- que recibiu, habitualmente, o apoio de mais do 40% dos votantes.Neste caso, ademais de asumir unha grande cota de responsabilidade na existencia de tal fenómeno social, deberían formular propostas solventes que permitan emprender unha dinámica críbel de rectificación. Seguir leyendo




