Aínda co patriarca da tribo borbónica afincada de xeito teimudo nestes vales afirmase enchendo peito, que os españois somos ¿todos? iguais diante da lei, nunha das súas homilías de nadal, o certo e verdade e que nin somos nin pinta que vaiamos selo a curto prazo iguais diante da femia dos ollos vendados a carón dunha balanza.
Magoa. Pois a afirmación prometía. Mais a crúa realidade e que non somos iguais, nin diante da xustiza, nin da facenda, nin da saúde, nin do ensino. Mesmo cada dia, ou mais ben, cada Consello de Ministros que pasa somos mais desiguais, e dende logo co discorrir do tempo, gárdanse menos as formas para disimulalo
Non hai parangón que homes ou mulleres a quen as circunstancias da a súa vida poida levalos a atoparse diante dun xuíz, que conten coa afervoada loita dun fiscal a prol de desimputalos dos seus problemas. Ou cun avogado do estado, que a tempo completo, poña todos os seus saberes e coñeceres ao seu servizo; ou que tratándose dun tema económico unha Axencia Tributaria mostre unha comprensión e afabilidade que mesmo fai saltar as bagoas cal si tratásese dun pasaxe dos Contos de Nadal con Dickens poñendo sordina. Seguir leyendo




