Deus non, pero os mercados si – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Con cada folla de calendario que sucedese crávanse con máis forza as gadoupas dos sectores financeiros e especulativos sobre as costas dunha tremelícante e vulnerable Europa. Trala caída tan xaleada e bendicída ditadura do proletariado, enseñórase con plena impunidade da vella e cabalística Europa a ditadura do diñeiro. Poñendo en solfa a democracia. Convertendo a cidadanía en convidado de pedra da súa infame orxía. Caricaturizando aos políticos en comparsas necesarios. De beizos do Sr. Obama ou do presidente Sarkozy, certo que en con voz feble -non fose molestásese alguén-, escoitáronse algúns farfálleos sobre refundar o capitalismo. Wall Street, santo e aceno e berce de asesores  de tan preclaros personaxes emendou con dilixencia a plana.

Pola súa banda a socialdemocracia europea, e como non, a autóctona, actuando como fieis escudeiros dos entramados financeiros, prestaron os seus servizos edulcorando e lexitimando o menos tragable da receitas capitalistas, poñendo en valor as migallas do festín para os mansos xunguidos na noria con ramal de seda, mentres durmíñaban amabelmente distraídos por vías de servizo… Logo amenceron sorprendidos na súa necidade ao verse de xeito inopinado, trala caída do muro, como “valets de chambre” perfectamente prescindibles. Torpes peóns innecesarios ante a renovada voracidade diante dunha nova situación. Os actores principais relegaban na súa arrogancia aos figurantes interpostos que salváronlle a cara.  Dos tancredos máis notorios, a palma quizais habería que concederlla ao británico Blair e a súa terceira vía cara á estupidez… Por estes pagos, fai case un século, un tal Pablo Iglesias, tipógrafo galego afincado en Madrid dicía “Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas, nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito de xustiza que as anima, senón para levalas a todas partes”. Administrando o políticamente correcto, esa sandez acuñada polo acatamento dunha esquerda submisa a unha dereita displicente, mellor quedarse en D. Pablo que invocar a D. Ernesto Guevara, coñecido como Che cando afirmaba con xuvenil rebeldía “soamente caben dúas posicións na historia: ou estase a favor dos monopolios ou  estase en contra dos monopolios”.

As sementeiras de tecnócratas como Goldman Sachs e outras axencias as que non parece esaxerado apuntarlle a parte mais transcendente no caos financeiro de ambos lado do  Atlántico, non só gozan de absoluta impunidade, senón seguen tendo poderosos tentáculos en primarísimos niveis das administracións dos gobernos de Grecia, Portugal, Italia, España etc., manobrando con plenos poderes no canto de estar afrontando as súas responsabilidades. Non pode menos de existir  a sensación de acharnos inmersos nun virtual “golpe de estado” onde o mercado son os tanques e a enxeñería financeira a infantería.  Unha ola inmensa varre cun substancial retroceso a democracia formal. Esa democracia agónica que asiste calada como estes personaxes ocupan os seus postos dando as costas ao voto cidadán con olímpico desprezo dos seus intereses…

Fronte á  afirmación raiana no mito de que viveiros como Goldman Sachs e semellantes son “forxas de atraer e xerar talento” o interrogante que compre formular é porque en tan coidadas factorías sinaladas por múltiples voces como responsables  da autoría do inxente desastre, -máis ben descomunal estafa-, que nos envolve, non se abre unha investigación para aclarar a súa responsabilidade. Como por precaución mínima non descualifícanse a todos aqueles que teñan ou tiveron unha actividade executiva en tales empresas para acceder a tarefas de responsabilidade política en gobernos e institucións de carácter  público ben nacionais ou internacionais. Non só por hixiene política senón por aplicación do sentido común e a decencia.

O máis meritorio das empresas da catadura destas axencias, é traballar eficazmente sen o menor escrúpulo legal ou moral para enriquecer aos seus propietarios e altos executivos. O benestar da cidadanía ou dos países é a menor das súas preocupacións. Máis ben cabe no posible sexa xustamente o acicate do seu negocio, o malestar e a ruína destes. A calamitosa realidade é que as súas actuacións aquí e agora, teñen influencia substantiva no goberno dos países da Unión. E aceptase como natural. Sen que ninguén  suscite unha detida explicación á cidadanía. Salvo que esta non queira decatarse. Nese caso, nesta crise, son tamén culpables polo menos  por omisión, os que ceden a gobernanza dos seus intereses a quen, non saben, non queren, -defenden intereses alleos-, ou son indignos de representarlles. E con iso entregan tamén a súa liberdade e a súa dignidade.

Equivocábase  D. Adolfo Suárez, ese personaxe cada vez máis entrañable da nosa historia recente: “Hai algo que nin sequera Deus puido negar aos homes: a liberdade”  Benquerido presidente,  Deus non, pero os mercados si.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

A patronal tamen quere os cartos dos parados – Enrique Negueruela

O presidente da Comisión de Economía e Política Financiara da CEOE Feito dixo que os parados podan deixar de cobrala prestación por desemprego no momento en que rexeiten a primeira oferta de emprego. Este dirixente da patronal salientou ca estrutura da prestación por desemprego en España é moi «xenerosa», porque o principio se cobra máis e logo vaise cobrando menos, algo que terá que cambiar. Feito debe pensar que nun primeiro tramo, tres meses, debe percibirse soamente o 50%, os seguintes 12 meses o 80%, e, no resto, outra vez o 50%. Este é o xeito de que a contía de desgravación fiscal que figura no novo contrato de emprendedor creado pola reforma sexa meirande. Feito busca os cartos dos parados porque o que di carece de sentido, aínda que seguro que busca como argumentalo.

Se analizamos as ofertas que hai, existe un tipo delas que se presentan para conseguir traballadores fora do marco da legalidade laboral. Un exemplo real: un empresario solicita traballadores nunha oficina de emprego e, como non pode ser doutro xeito, establece unhas condicións acordes co convenio colectivo: cunha xornada a tempo completo a retribución será de 923 euros/mes incluíndo as pagas extras. Se tramita e se comproba que as condicións que lles ofrece ós demandantes non son as que figuran na oferta nin, polo tanto, as do convenio. A xornada é de 8 ás 18’30 horas cunha pausa de media hora, 10 horas efectivas de traballo, cobrará en man e serán 500 euros, aínda que deberá asinar unha nómina pola contía que figura no convenio. Ademais lles di que se cobra prestacións e se nega a traballar nesas condicións, lle dirán a Oficina que non quere traballar para que a sancionen. Coñecida a situación e posta en coñecemento dos superiores, na oficina se recibe a orden de que se continúe coa tramitación e se lle dará coñecemento á Inspección de Traballo.

Se a persoa enviada cobra prestacións deberá empezar a traballar e como o convenio prevé unha xornada flexible, deberá acumular trece semanas con ese horario para poder pedir a súa diminución. No primeiro mes, trinta días despois da súa incorporación, poderá negarse a asinar a súa nómina se non figura nela a contía real que cobra, ou percibe a contía que figura na nómina ou escribe na nómina: recibín 500 euros. Logo decidirá se pon esta situación en coñecemento da Inspección de Traballo (dous ou tres meses de trámite) ou reclama a cantidade no xulgado do social (mais de seis meses). Como ten dous fillos a cargo, percibía unha prestación en contía mínima de 664,74 euros/mes. Deberá continuar traballando dez horas e cobrando 500 euros mentres non se soluciona o tema. Buscará cómo pagar as débedas que ten e seguir vivindo con 164,75 euros menos ademais de pagar á persoa que ó traballaren ela, ten que coidar ó seu pequeno. Unha sentencia poderá desvinculala desa oferta pero pasará mais medio ano para elo. Tamén é posible que o empresario decida darlle un certificado de empresa cunha baixa voluntaria e que reclame despois para reanudar a prestación.

Dende sempre este tipo de empresarios estiveron utilizando ós servizos públicos para conseguir traballadores co chantaxe das prestacións. Agora, coa situación de crise, aínda mais. Levo mais de trinta anos traballando en temas de emprego é sempre me fixen a mesma pregunta: por qué non hai na LISOS (Lei de Infraccións y Sancións da Orde Social) unha figura que sancione ó empresario que faga estas tropelías privándolle da capacidade de contratar traballadores ou, cando menos, que non poda utilizar as ofertas para presionar.

A situación na que se coloca a unha persoa que cobra prestacións nunha oferta deste tipo é de absoluta indefensión. Os traballadores, polo xeral, teñen a mala costume de comer tódolos días, e os seus fillos tamén. Ademais, teñen o vicio de pagar facturas e cretos todos os meses. Colocalos nunha situación de diminución dos seus ingresos mensuais non parece un bo servizo de emprego para eles. Obviamente para este tipo de empresarios, sí.

Reivindicar, como fixo Feito, que se sancione ós parados que non acepten unha oferta de emprego, sexa a que sexa, é darlle mais capacidade de presión ós empresarios e esta reforma xa converteu ós traballadores en servos, non sei que mais capacidades de presión queren.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Políticos na banca – José Luis Gómez

Rodrigo Rato

En España está culminando o proceso político que acabou practicamente coas caixas de aforros, cuxo ocaso ten moito que ver coas súas malas prácticas no sector inmobiliario pero tamén co interese da banca privada por levalas por diante no seu propio beneficio. Desde o Banco de España e outros estamentos de poder de Madrid tamén se fixeron moitos esforzos no mesmo sentido, ás veces co demagóxico pretexto de apartar aos políticos das caixas, coma se todos os políticos electos fosen peores profesionais que uns tecnócratas designados a dedo. Ou coma se todas as caixas estivesen controladas por políticos. Na práctica, tampouco é esa a contradición, xa que avanzado o devandito proceso vemos que en realidade do que se trataba era de apartar a políticos autonómicos e locais, pero non a outros políticos que seguen campando ás súas anchas no sector financeiro. Pode darse o caso de que un ministro do Goberno que cociñou operacións de caixas termine ditando sentenza sobre algunha delas, o cal derivaría seguramente nun gran escándalo. Ao tempo.

Aínda este domingo, o presidente do BBVA, Francisco González, que chegou á banca da man do PP, dicía en ‘El País’: ‘O éxito depende de como acabe a reforma (financeira) e de que non haxa actuacións persoais ou interferencias políticas que a enturben’. Seica o seu nomeamento fai dez anos non foi unha interferencia política do Goberno de Aznar?

Pero hai máis casos. O exvicepresidente Rodrigo Rato, que celebrou en Xénova o triunfo de Rajoy, preside Bankia, entidade na que se diluíron varias caixas de aforros, entre elas Cajamadrid. Ata hai situacións máis chuscas: César González-Bueno, nomeado hai pouco conselleiro-delegado de NovaGalicia Banco, hoxe en día controlado polo Estado, non só é neto dun ministro de Franco, senón un bo coñecedor da contorna da extrema dereita.

En resumidas contas: claro que hai políticos no sector financeiro, público e privado, como sempre houbo. O que hai é cada vez menos políticos autonómicos e locais no sector financeiro, a medida que este se foi concentrando.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

Fabricantes de angustia y malestar sociocultural – Evaristo Díaz Castro

“Podemos adoptar la decisión de utilizar nuestros crecientes conocimientos para esclavizar a las personas en formas no soñadas hasta hoy, para dominarlas por medios elegidos con tanto cuidado que tal vez jamás se den cuenta de la pérdida de su Personalidad.” Estas palabras del psicólogo Carl Rogers, son, a día de hoy, manifiestamente vigentes. En castizo: “De los tontos viven muchos listos”.Y ya que de inteligencia hablamos, a los psicoanalistas nos gusta decir, parafraseando a Freud, “que lo que hay no es lo que aparece”.

Por ejemplo, alguien –¡ Perdón, tengo derecho a preguntar, soy un ciudadano que vota! – … ¿sabría decirme cual es el fondo del Gaias y cuales son los múltiples Gaiases hispanos?  Y con esto de la crisis, ¿por que no se juzga y se les expulsa de la “profesión” a los responsables. ? Y además,  que repongan la legalidad y reparen el daño causado..¡Cobradles a ellos y no a mí! , -decimos todos-. Por eso hay tantas cosas ocultas, como el Gurtel y la Luna de Valencia o los muertos -que vos matáis y/o que gozan de buena salud, -afortunadamente-, casus belli del Juez D. Baltasar Garzón.

Y para postre, ensaimada…realmente sustanciosa. Y nutritiva. Ejemplarmente “no iguales ante la Ley”, según algunas teorías…Esperemos a ver…Ahora entendemos, a la luz del psicoanálisis, este Malestar.

El Test de Rorschach, el de las manchas de tinta,  sitúa muy bien la inteligencia general de un sujeto por su forma de configurar una realidad percibida, pero también nos indica, (shocks, black outs,etc), la dificultad práctica de esa inteligencia -y todos conocemos casos- cuando esa potencia intelectual se ve disminuida o literalmente obnubilada o enajenada cuando son las emociones, disparadas o reprimidas, -como cuando marca tu equipo y cantas gol/o no lo haces, a las cuatro de la mañana, para tu satisfacción -y el insomnio de tu vecino- las que anulan la lógica intelectiva.

Así se da la paradoja de que muchas personas que votaron  a  Gobiernos actuales de la Eurozona, se manifiestan hoy en las calles sin hilar el antes, el durante y el después. ¿O la estadística miente…? No es nuevo, es el Malestar de la Cultura. Y es esa Cultura del Bienestar, hoy gravemente amenazada, al igual que en la Alemania pre-nazi, la que hace escribir a Freud (1927) lo siguiente  en el “Porvenir de una Ilusión”: “cuando una civilización no ha logrado evitar que la satisfacción de un cierto número de sus partícipes tenga como premisa la opresión de otros -de la mayoría, quizá-, y así sucede en todas las civilizaciones actuales es comprensible que los oprimidos desarrollen una intensa hostilidad contra la civilización que ellos mismos sostienen con su trabajo pero de cuyos bienes participan sino muy poco. En este caso no puede esperarse por parte de los oprimidos una asimilación de las prohibiciones culturales, pues, por el contrario se negarán a reconocerlas, tenderán a destruir la civilización misma y, eventualmente, a suprimir sus premisas”.

Millones de personas a lo largo de varios Continentes, están sometidos a un juego de fuerzas e intereses, que día a día, están empeorando su calidad de vida hasta extremos insospechados. El año 2011 ha sido, con veinte guerras en activo, el peor año para el Planeta desde 1945.(2011 : Buena cosecha para las industrias de armamento…(¿Quién dijo crisis?).  Millones de personas están, empujadas en África y Asia, hacia la desolación y la muerte,y millones en Europa, hacia el desempleo, la marginación y la exclusión social. Para empezar. Fuertemente cuestionado el Territorio Euro, se aprovecha el crack bancario, para castigar a la clase trabajadora con el pago de la deuda, -mientras otros hacen caja- y con la precarización de sus empleos y derechos sociales, -más caja-,  (sanidad, educación, vivienda, etc), desde Gobiernos – designados o votados ad-hoc-, en Países como España, Italia, Grecia, Portugal,  que tienen en común un reciente pasado anti-democrático, con transiciones “atadas y bien atadas” a provecho del autor / autores, y ciudadanías poco implicadas y pre-ilustradas que son capaces de entregar sus votos a nuevos Gobiernos -al dictado de las Multinacionales y Grupos de Poder y Control Socio-económicos-, que, previsiblemente, -para algunos-, y desgraciadamente -para todos- están provocando un regresión social y económica a niveles de lo que podemos sin duda calificar como neo-feudalismo a cambio de falsas promesas y necesidad absoluta de seguridad y reducción de angustia -que previamente a gobernar hay que sembrar-..Así, argumentaron: con el paro, la educación de los hijos, la vivienda, la prima de riesgo, la seguridad…etc…

Ya conocíamos los problemas. ¿Qué tipo de soluciones están dando? Convertidos algunos medios de difusión de masas en colaboradores y amplificadores de la angustia cotidiana (sucesos), el individuo pasa de la angustia al miedo y del miedo a la sumisión.  Ello provocará, -de seguir en esta línea y con estos presupuestos-, como ocurrió con el Imperio Romano, la lumpen-proletarización y barbarización del “Espacio Común Europeo” hacia una sociedad neo-feudal, dividida en territorios de interés económico y de corte autoritario. El recorte brutal de derechos y ayudas sociales mas “el salario del miedo”, y el “todo vale contra la clase trabajadora” no tiene otro efecto que la domesticación  primero, y la indefensión y sumisión después. Escenario perfecto para el poder económico y “político” de lobbies multinacionales con ilustres y animosos protagonistas, -por sus hechos los conoceréis-,  al margen de la Soberanía, Justicia, Derecho y Política propios de la ciudadania europea.

Panorama: Multinacionales fuertes y Estados débiles, con Gobiernos cómplices. Los responsables del crack institucional o gobiernan o se jubilan con indemnizaciones millonarias -las leyes anti-robo las hacemos luego…-Y los llamados Estados-Locomotora -con Gobiernos muy perfilados-,  no hacen otra cosa que frenar las legítimas demandas de los trabajadores naturales de sus países con la amenaza de la mano de obra cualificada extranjera, por aquello de abaratar costes…mientras agencias “privadas” de especuladores califican la política pública en “buenos” , “malos” e incluso “ pigs” según sea el interés…pro domo súa, naturalmente… ¿En qué podremos confiar?; ¿A quién vamos a creer?; ¿Hasta dónde vamos a llegar?. El individuo, solo y perdido, confundido, extenuado, pasa de ser un ciudadano a ser un sobreviviente, un sumiso.

La base psicológica del nazismo en Alemania, fue la clase media, la que se sintió amenazada por los vaivenes del capitalismo. Primero fue la angustia. Luego vino el odio. El odio tuvo su origen en la agresión.(Los “delincuentes”, los “vagabundos”, los “lisiados”, los “locos”, los judíos, los aristócratas, los comunistas, los masones, etc..). Como resultado, la sumisión del ciudadano. Hitler y aprovechó el resentimiento del fracaso de las políticas socialistas y comunistas del ciudadano medio  y creó un diseño muy eficiente que aunaba las características del  “pequeño-burgués” lleno de odios y resentimientos con los oportunistas, servidores de los grandes trusts y monopolios (junkers). Este y no otro, fue el verdadero huevo de la serpiente…Conocemos la Historia y el resultado: Guerra. Colapso de la Civilización.

Aunque me repugna, añado una cita de Mein Kampf (Adolf Hitler), caracterizando a “las masas” y el régimen liberal… “Como una mujer que prefiere someterse al hombre fuerte antes que dominar al débil, así las masas aman mas al que manda que al que ruega y, en su fuero íntimo se sienten mucho mas satisfechas por una doctrina que no tolera rivales que por la concepción de la libertad propia del régimen liberal; con frecuencia se sienten perdidas al no saber que hacer con ella y aún se consideran fácilmente abandonadas. Ni llegan a darse cuenta de la imprudencia con la que se las aterroriza espiritualmente ni se percatan de la injuriosa restricción de sus libertades humanas, puesto que de ninguna manera caen en el engaño de esta doctrina”.

Así pues, desengañémonos: ¡Desperta do teu sono, Fogar de Breogán…!

Publicado en AUTORES, Evaristo Díaz Castro | Deja un comentario

A banca e as empresas – José Luís Gómez

José Luís Gómez

España consumiu moito tempo lamentándose da falta de financiamento bancario para as empresas, pero en cambio tardou en adoptar medidas, tanto para sanear o sector financeiro -o ministro Guindos eleva agora a 52.000 millóns o impacto da reforma- como, sobre todo, para innovar e promover alternativas, algunhas delas xa coñecidas no mundo anglosaxón, onde os mercados de capitais están máis diversificados e son máis competitivos. Un exemplo é a falta de empuxe ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB), dedicado a empresas de reducida capitalización. Outro é a precariedade do capital risco ou a falta de suficientes ‘business angels’, é dicir, de persoas cun amplo coñecemento de determinados sectores e con capacidade de investimento, que impulsan o desenvolvemento de proxectos empresariais con alto potencial de crecemento nas súas primeiras etapas de vida, achegando capital e valor engadido á xestión.

A miúdo dá a impresión de que a banca actúa como can do hortelano, que non come nin deixa comer. Nin se abren espazos para recuperar a banca pública, demonizada sen que ninguén explique as razóns, nin se propician alternativas consistentes ao financiamento tradicional, neste momento colapsada e pendente dunha reforma que aínda tardará en dar froitos, por positiva que sexa.

Todo parece indicar que os bancos e caixas, cada vez máis concentradas por certo, van deixar espazo para que emerxan novos axentes financeiros, especializados en financiamento de empresas, pero ese tipo de procesos adoitan requirir estímulos lexislativos e incentivos ás compañías, por exemplo para crear un gran Mercado Alternativo Bolsista, que en España está por vir.

As grandes solucións chegarán desde arriba -léase Unión Europea, Banco Central Europeo e Alemaña-, máxime agora que España é un país tutelado por Berlín e Bruxelas, pero desde abaixo tamén cabe moverse. Como di o economista galego Vicente Martín, para que se reactive a economía ten que haber máis demanda, pero para que as empresas poidan facer cousas -por unha banda investir e polo outro tirar da economía e xerar máis emprego-, é fundamental que haxa financiamento, do tipo que sexa. En definitiva, será unha boa forma de demostrar algo que predicou Guindos ante Ben Bernanke en Wáshington: o fin último da reforma financeira ou a reforma laboral é o de volver ao crecemento económico nos próximos meses.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

Panorama informativo á dereita – Xosé A. Gaciño

Asasinado o xornal Público pola vía aparentemente aséptica das leis do mercado (tanto vendes tanto vales, sobre todo se es de esquerdas, porque aos de dereitas se lles facilitan inversións, créditos e publicidade), limitado e domesticado en certa medida o grupo Prisa (que non quere ser sometido a unha nova persecución como á que lle someteu Aznar, vía Gómez de Liaño), ao PP só lle falta liquidar a independencia de RTVE para dispoñer dun coro mediático case unánime. En Galicia xa se viviu un proceso semellante co peche en cadea de periódicos en galego e progresistas, en papel ou en dixital, nada máis volver a dereita á Xunta.

De momento, e con respecto á RTVE, teñen que probar unha dose moi leve da súa propia medicina, a das dificultades para cubrir vacantes que necesitan consenso parlamentario. Os populares teñen demostrado, ao longo dos dous mandatos de Rodríguez Zapatero, a súa habilidade para bloquear a renovación de cargos que necesitan maiorías cualificadas, se a renovación vai ter como consecuencia que os conservadores queden en minoría, e para presentar recursos oportunos, cos argumentos máis peregrinos (pero eficaces), co fin de fabricar en cada caso a maioría necesaria. Así conseguiron manter o control do Tribunal Constitucional e do Consello Xeral do Poder Xudicial durante os sete anos dos últimos gobernos socialistas, corrixindo na máxima instancia xudicial o que non podían evitar no parlamento.

Agora, mentres non resolvan o nomeamento dun novo presidente da corporación de RTVE, soportan de mala gana a liña informativa independente da radio e televisión pública do Estado, que é, por certo, a de máxima audiencia, un dato que deberían ter en conta estes ultraliberais da oferta e da demanda, pero que, á hora da verdade, como teñen demostrado coa televisión autonómica madrileña, prefiren unha información sectaria, aínda que nin siquera a sigan os seus votantes. Non vai ser moito tempo, de todas maneiras, porque xa o líder socialista aceptou negociar todas as renovacións pendentes antes do verán, e a anunciada liña de oposición construtiva inclúe pagar con sensatez e non vingarse por todo ese pasado irresponsábel da crispación sistemática.

Cando remate de caer a independencia de RTVE, contemplaremos un panorama informativo moi escorado a dereita, desde un moderado partidismo ata a manipulación máis sectaria no profundo da caverna, con illotes de progresismo en pleno naufraxio. A política informativa da esquerda sempre primou os medios públicos e, cando non ten acceso a eles, o tratamento informativo das súas propostas e das súas opinións queda moi desamparado, por moito que, hoxe por hoxe, o xornal e a cadea de radio con maior difusión se movan na órbita progresista. A inmensa maioría do resto dos medios van formar un cerco de descualificacións constantes. Na dereita mediática non abonda o respecto ás ideas alleas.

Na información, como en tantas outras cousas, parece que Rajoy, a pesar da súa apariencia presuntamente moderada, pode chegar máis lonxe na involución que Aznar na súa segunda lexislatura. O castigo da crise, coa inmolación do goberno socialista, sementou a desmoralización nas bases e nas organizacións de esquerda. Montada na onda da catástrofe, a dereita síntese agora máis forte que nunca para meter en cintura o que considera veleidades «progres» que poden significar límites aos índices de lucro privado. Incluída a liberdade de información e de expresión.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario