O anticipamento electoral para o 5-A decidido por Núñez Feijóo sorprendeu sen facer os deberes a todas as forzas políticas-agás en parte ao BNG-. Malia esta avantaxe inicial non foi unha semana positiva para o do PP, disturbado por unha progresiva conciencia cidadá de estar a sofrir unha grave deterioración da sanidade pública (velaí a potente demostración popular do pasado 9-F), as moitas sospeitas que xera a legalmente moi dubidosa fichaxe da ex conselleira Beatriz Mato por Greenalia e máis a incomodidade do prendemento do director de Pemex que asinou a merca do 51% de Barreras pola mediación da Xunta.


