Nas vindeiras semanas, Alberto Núñez Feijóo terá que adoptar dúas decisións que poden provocar impactos relevantes na conxuntura política galega. A primeira atinxe á propia presentación da súa candidatura aos comicios á Cámara lexislativa do Hórreo. A segunda fai referencia á fixación da data na que se celebrará semellante cita electoral.
Aínda que oficialmente non se efectuou a proclamación, dáse por feito que o actual presidente da Xunta recuncará como candidato polo PPdG. Certamente, tal previsión ten elevadas probabilidades de ocorrencia. Porén, a demora na formalización da súa futura presenza nas urnas suscita algunhas dúbidas por canto non semella verosímil que a causa explicativa desta xestión dos tempos preelectorais radique na suposta obtención dos máximos rendementos publicitarios asociados a esa práctica. A estas alturas, a capacidade de sorpresa que pode suscitar Feijóo entre os seus adversarios políticos ou sobre a propia opinión pública resulta insignificante. Seguir leyendo



