O 28 de Xuño de 1936 forma parte dunha das páxinas mais fermosas da historia galega do último século.Poren, a lembranza daquela consulta popular que aprobou un novo sistema de poder político nacional non figura no catálogo das preocupacións fulcrais da meirande parte das forzas políticas que conforman o actual mapa político do País.
Trinta e oito anos é un tempo suficiente para avaliar a calidade dunha obra humana.O percorrido histórico do actual Estatuto de Autonomía ofrece o material necesario para realizar unha análise das luces e das sombras desta norma básica.A partir desa constatación empírica, resultaría verosímil acometer unha reforma significativa do mesmo sempre e cando existira unha vontade política favorábel á mellora da calidade do autogoberno.




