Xesús Veiga
As recentes eleccións ao Parlamento galego e a dimisión de Pedro Sánchez como secretario xeral do PSOE colocan aos medios de comunicación na axenda das inescusábeis reflexións dos sectores mais críticos da opinión pública.
Afirmar que a vitoria nunha confrontación electoral é debida, primordialmente, ao comportamento dos medios é unha simplificación que debe ser abandonada nas análises posteriores ao peche das urnas.Pero descoñecer a importancia dese factor na conformación da opinión do electorado é un despropósito que descualifica a quen o practica.
Matinando sobre o sucedido o pasado 25 de Setembro convén, antes de nada, exercitar a memoria.Nos últimos meses do ano 2008, o bipartito (PSdG-BNG), a pesar de que encaraba o remate da lexislatura exhibindo un balance razoabelmente satisfactorio na evolución dos índices que miden o benestar social dunha comunidade, tivo que aturar unha campaña mediática –promovida, fundamentalmente, polo principal grupo empresarial privado de ámbito galego- que buscaba crear a opinión de que Touriño e Quintana eran uns vividores rodeados de bens de luxo e distantes do sufrimento dos sectores mais desfavorecidos da sociedade.Chegou o día das eleccións e xa sabemos o que pasou:o BNG perdeu un deputado na provincia da Coruña e Feijoo acadou os 38 escanos da maioría absoluta.As razóns dese resultado foron, sen dúbida, variadas pero no catálogo explicativo deben figurar aquelas inesquecíbeis portadas apocalípticas. Seguir leyendo




