Un libro de François Mitterrand aplicable a la España de hoy
Isidoro Gracia
Un libro de François Mitterrand aplicable a la España de hoy
Isidoro Gracia
O CONTO DA UNIDADE DE MERCADO
Xoán Antón Pérez-Lema
De certo que moitas persoas ficarían pampas diante da adxudicación dos postos do polbo de San Froilán de Lugo a un “chiringuito financeiro” madrileño, sen experiencia hostaleira ningunha. Máis graves foron as adxudicacións dos servizos de comedores escolares a empresas andaluzas que non cumprían os mínimos níveis de calidade e fornecían xantares propios do Sur peninsular, desaquelados a respecto dos nosos costumes e necesidades. Por outra banda, son continuas as queixas a respecto da calidade e axeitamento da comida no Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, cando a alimentación dos doentes hospitalarios é parte do propio tratamento médico.
Subxace en todos estes casos a sacralización do único criterio do prezo, que beneficia as ofertas das empresas máis grandes e con mellor financiamento. Grandes empresas estatais ou multinacionais, con importantes vencellos cos operadores políticos, mediáticos e financeiros madrileños, que están a expulsar ou , polo menos, a subordinar ás empresas locais (as nosas, as galegas) que son as que achegan experiencia técnica e coñecemento sectorial.
Baixo o pretexto de garantir a unidade de mercado o PP de Rajoy abusou da súa maioría absoluta para aprobar, na fin do 2013, unha lei “ad hoc” que impide ou dificulta en moi grande medida que a Xunta e os nosos concellos poidan priorizar na contratación administrativa e na regulación da actividade empresarial circunstancias ou requisitos que potencien a contratación de persoal local, que esixan requisitos ambientais ou de calidade propios de Galicia ou que tenten fomentar o tecido empresarial local. Seguir leyendo
Jesús Penedo Pallas
Van ya cinco años de voladuras regulares y en los últimos dos, a la dinamita del ejército regular, se suman irreductibles los de la brigada anticasta que disparan a diestro y siniestro sin contemplaciones, hasta el extremo de sufrir en las propias filas los efectos perversos de tanto explosivo.
Las apariencias son, de que además de no quedar en pié un solo vado que permita la comunicación entre ambas orillas, los escasos que pudieran resultar transitables, están ampliamente minados por las brigadas revolucionarias, de modo que el intento de acercamiento, puede resultar una trampa mortal.
La destrucción es de tal magnitud, que se antoja que todo intento de reconstrucción, estaría condenado al fracaso. Unos lo achacan a la estructura putrefacta, que hace imposible sustentar sobre ella basamento alguno. Otros responsabilizan al peonaje, en claro intento de dejar a la ingeniería al margen de cualquier culpa y todos culpan «al otro», inconscientes de que el futuro solo es posible construirlo en común.
En esta perenne búsqueda de culpables, olvidando que lo urgente es procurar soluciones, asistimos al manido barullo de negarse mutuamente el pan y la sal, para desembocar en un nuevo sainete electoral que nos salve con una soñada mayoría absoluta; unos ansiando el poder absoluto que aquella comporta y otros ignorantes estultos de que en aquel sueño, se acaba la democracia parlamentaria y se muere el mismísimo Montesquieu. Seguir leyendo
CULTURA DE COALICIÓN
Xoán Antón Pérez-Lema
Os sistemas parlamentarios baseados nalgunha caste de proporcionalidade non coñecen as maiorías absolutas. A Europa máis adiantada (Escandinavia, Holanda, Bélxica, Alemaña, Austria) é un bó exemplo disto. Nestes sistemas xurídico-políticos (os máis avanzados e inclusivos) o voto produce unha gobernanza plural, a medio de coalicións poselectorais de goberno. Afastan, deste xeito, o risco dos abusos propios das maiorías absolutas (que tan ben coñecemos na Galicia con Fraga, Feijóo e Paco Vázquez ou no Estado español con Felipe González, Aznar ou Rajoy) e obrigan aos seus axentes políticos a negociar, renunciando e pactando todos, na procura de programas de goberno de ampla base e aceptación cidadá.
O PP (en si mesmo unha coalición de intereses non sempre ben compatíbeis) leva mallando moitos anos nas inconveniencias das coalicións. O PP, que ás veces semella que asumiu só algunhas formas da cultura democrática e non a súa substancia, defende “un só que mande fronte aos bipartitos, tripartitos e cuadripartitos”. Velaí o caso actual do bloqueo institucional que vive o Estado; disque Rajoy quitou sete millóns de votos, mais esquécense que outros catorce millóns votaron outras forzas. Nos sistemas parlamentarios, cando ningúen quita maioría absoluta e a candidatura máis votada non sabe ou non pode pactar, outros constrúen a coalición de goberno, porque por xunto representan máis votos, máis deputados e máis país ca a forza máis votada. Seguir leyendo