Xesús Veiga
Como é sabido, dende as primeiras eleccións ao Parlamento galego, celebradas no remate do ano 1981, só houbo dous gobernos non conformados polo PP (ou polo seu precedente AP):o chamado tripartito (PSdG, CG, PNG) entre 1987 e 1989 e o integrado polo Partido Socialista e o BNG dende 2005 ao 2009.A efectos de calquera comparanza coa situación que podemos vivir a partir do vindeiro día 25, só ten sentido mirar para o sucedido hai 11 anos porque a experiencia gobernamental dos anos oitenta foi derivada dunha moción de censura e non dos resultados dunha convocatoria electoral específica.
Hai, obviamente, semellanzas e diferenzas entre aquelas semanas previas á cita de xuño do 2005 e o que está a suceder neste momento.Nun caso, o desgaste do PP, que formaba parte indiscutíbel da paisaxe política, tiña dúas explicacións básicas:os comportamentos rexistrados no desastre do Prestige e na intervención no Irak, e o afán desmedido de Fraga por seguir encabezando persoalmente a maioría absoluta que xa duraba 16 anos.Agora, o deterioro deste partido presenta algúns matices singulares:o custe pola aplicación de fortes restricións nos servizos públicos de benestar e pola frecuencia dos casos de corrupción semellan afectar mais á propia marca e ao seu líder estatal –Mariano Rajoy- que ao propio presidente da Xunta.Estamos ante as consecuencias dunha espectacular cerimonia de persuasión colectiva:aínda que as estatísticas non o demostren, hai un amplo estado de opinión que salvagarda a reputación política de Feijoo, asumindo como propio o mito de bo xestor criado nos laboratorios de agitprop dependentes de Montepío. Seguir leyendo


