“Veñen degolar os nosos fillos e as nosas mulleres…
Ás armas, cidadáns”(“La Marselleise”).
O hino francés que cantaban os seareiros do Stade de France despois do seu desaloxo na tráxica noite do venres compúxose no 1792, cando o goberno da Convención, ao xeito da crida da vella Generalitat catalá, chamou ás armas á cidadanía fronte á coalición europea que quería repór Louis XVI . O exército popular formado daquela derrotou aos coaligados monárquicos e os seus oficiais foron a base da temíbel Grande Armée napoleónica.
O inimigo de hoxendía non se enfronta nun campo de batalla, senón que actúa entre nós. Todos somos o seu obxectivo e os seus efectivos amosan total desprezo pola vida propia. Mais de ningún xeito esta cadea de mortes do Isis é un feito novidoso nin un salto cualitativo. Esta caste de atentados e agresións principiaron coas torres xemelgas de Manhattan no 2001 e seguiron co atentado dos trens de Atocha no 2004, xunto con accións semellantes por todo o mundo. Hoxe Isis, onte Al Quaida, mudan as estruturas organizativas e remanece a mesma barbarie islamista (que non islámica), o mesmo desprezo pola vida propia e allea e o mesmo financiamento dende determinados poderes económicos e políticos da Arabia Saudita e dos Emiratos. Seguir leyendo




