Ven de presentar Albert Rivera as súas propostas de reforma constitucional : supresión do Senado e asignación das súas competencias a unha Conferencia de Presidentes Autonómicos que terían voto ponderado dacordo con cadansúa poboación e con competencias no financiamento autonómico, supresión do Consello Xeral do Poder Xudicial e asignación das súas competencias ao Presidente do Tribunal Supremo, reforma electoral, redución das competencias autonòmicas e derrogación da cláusula que permite transferirlle ás autonomías competencias exclusivas do Estado, supresión das Deputacións e redución á coarta parte dos concello.
As propostas do Rivera son claramente agresivas para Galicia. Na Conferencia de Presidentes Galicia só tería o 6% dos votos. Serían, pois, andaluces, madrileños e, quizais, cataláns os que resolverían as cuestiòns territoriais dacordo cos seus intereses. Galicia non tería posibilidades de acadar un sistema de financiamento xusto e automático que pondere con xustiza o avellentamento e espallamento da nosa poboación.
A supresión do 75% dos concellos é unha medida desenfocada. O que precisa o mapa local galego é consorciar os servizos locais, para poder prestalos a xeito. Os concellos e os concelleiros cumpren unha función de aproximación das Administracións locais ao territorio que na Galicia, coa metade dos núcleos de poboación do Estado, resulta imprescindíbel. En realidade, o erro de Albert Rivera é querer resolver o mapa local dende o Estado no canto de internalizar o réxime local a prol das autonomías, para que cada unha defina o que lle compre a cada un. Seguir leyendo





